ivanpuentes.com

Sayonara, baby!

Como en tantas outras ocasións, Rosa Díez era o veleno que o meu corpo precisaba para retomar a actividade blogueira logo deste parón estival dun par de semanas. Hoxe soubemos que, por fin, decide ser coherente co seu xeito de pensar e, logo de mil afrentas, despropósitos e mesmo aberracións, diría eu, para coas súas siglas e cos seus compañeiros de partido, Díez solicita a baixa no PSOE para fundar, con Sabater e outros afíns, un partido vinculado á plataforma Basta Ya!

Só me queda desexarlle moita sorte na dura loita que terá que librar ata as eleccións xerais co Partido Popular para repartirse entre ambos os contados votos de dereitas "dereitas nacionalistas españois" que hai en Euskadi. Ánimo!

5 comentarios

  1. Canidiano | 30 de Agosto de 2007 - 7:16 am

    Has tenido un lapsus, en las vascongadas hay una gran cantidad de votantes de derechas. Ahí está el PNV, que como mínimo se autodefine democrata cristinano y que su nombre en euskera “Euzko Alderdi Jeltzalea” significa “Partido vasco de partidarios de Dios y los fueros”.

  2. Iván | 30 de Agosto de 2007 - 9:37 am

    Certo, Canidiano! Pensara no que dis, pero eu refírome no comentario ós votos de dereitas nacionalistas españois; se é que aceptamos esta definición. Corríxoo!

  3. Manuel | 30 de Agosto de 2007 - 8:20 pm

    Hay en el PSOE muchos mas antinacionalistas que Rosa Díaz,solo hay que mirar la situación de Navarra

  4. Iván | 30 de Agosto de 2007 - 8:31 pm

    Non só son nacionalistas os que se identifican con movementos deste tipo nas súas comunidades autonómas, os que, dende unha visión centralista, se denominarían nacionalismos periféricos; son tamén nacionalistas os que, fronte a iso, defenden a supremacía da patria española, o centralismo férreo ou os dereitos de España como nación por riba dos dereitos individuais dos seus cidadáns.

    O de Rosa Díez non é un problema de antinacionalismo, porque ela é nacionalista española, é un problema de loita entre nacionalismos enfrontados e entre a súa ideoloxia, cada vez máis próxima á do PP, e a dun partido como o PSOE, que non é nacionalista.

  5. Manuel | 30 de Agosto de 2007 - 9:37 pm

    Bono, Rodriguez Ibarra y Paco Vazquez ¿no son nacionalistas españoles?
    ¿En Navarra el PSOE no vetó el acuerdo del PSN con
    NABAI?
    A día de Hoy ¿el PSOE permitiría a touriño negociar con el BNG la xunta o se la dejaría a Fraga?

Deixa unha resposta