Rajoy anuncia o seu particular golpe de Estado

Leo, teño que confesar que con bastante temor, que Rajoy promete cambiar a Lei Electoral, se gaña as eleccións xerais de 2008, para que goberne sempre a lista máis votada. Unha medida que, sen dúbida, resposta á incapacidade do PP para falar e chegar a acordos de goberno con calquera outra forza política, incapacidade derivada do radicalismo casi fascista no que están ancorados dende hai uns 6 anos os seus dirixentes. Asústanme moito, moito, aqueles políticos que tentan corrixir os seus erros ou vencer as súas incapacidades modificando a lei, elaborando unha lexislación que sirva só ós seus intereses.
Rajoy, que é un dos políticos máis febles, e polo tanto máis perigosos cando do que se trata é de dirxir un tugurio de inconscientes tan superlativos como a actual cúpula do PP, afirmou hoxe en Soutomaior que pactará co PSOE o modelo territorial, a política antiterrorista, o mantemento do estado do benestar… Todo, menos a Lei Electoral, é dicir, o xerme do noso propio sistema democrático. Alterar a esencia da nosa democracia, modificar as regras para facerse co poder que a un non lle dan os cidadáns ten un nome claro, golpe de estado, aínda que desta as pistolas non furen o teito do hemiciclo.
Estou convencido de que Rajoy nunca será Presidente, pero se o fora e fixese a aberración que hoxe se atreveu a dicir en público, os cidadáns só teríamos un recurso, unha resposta efectiva, a nosa voz, o noso berro na rúa para restaurar a democracia. Se non sabe como gobernar ou como gañar unhas eleccións, que marche e deixe no cargo a un dos moitos políticos válidos e capaces que ten o PP, tristemente apartados e silenciados nos últimos tempos, pero que, por favor, non nos toque unilateralmente a democracia, nin un sistema estable que tanta dor, berros silenciosos e séculos nos costou acadar. Botaremos de menos a Fraga?
11 comentarios
Deixa unha resposta


Estou por apostar que esa afirmación a fixo pensando en Pontedeume.
No me parece muy normal la afirmación de Rajoy, de hecho yo creo que habrá sorprendido incluso a compañeros suyos de filas.
De todas formas estoy de acuerdo con Rajoy en el contenido de lo que dice, y es que la Ley electoral en España hay que cambiarla, porque es un desastre, y tiene un déficit democrático considerable.
¿Pois eu que queres que che diga? Escoito moita xente que di que vai gañar debido a que o entrar a esquerda o primeiro que fixeron foi subirse os soldos, parece que dunha maneira “descarada” tamen din o de sempre “sonche todos iguais” en canto chegan o alto xa se non se lembran de onde sairon
Supoño, Un máis, que te estás a referir a cousas que pasan noutros sitios, nin en Fene nin no Goberno de España, porque nestes dous casos a realidade é ben distinta do que contas; uns e outros, nada máis chegar ó goberno, cando por lei estamos obrigados a celebrar os plenos extraordinarios para establecer os salarios e a organización do concello, o que fixemos foi conxelar as retribucións de tódolos políticos e mesmo baixalos nalgúns casos.
Éche máis, en Fene, salvo os Tenentes de Alcalde, aínda ningún concelleiro do Goberno cobrou un só euro máis que a oposición, pese a estar tódolos días traballando no Concello. Así que, un consello, non te fíes tan a cegas do que óes por aí e contrasta algo a información.
¿A ver Ivan? Eu non me fio nin da miña sombra (61 anos).
So falo do que se comenta no meu entorno, e podoche asegurar que e “bastante variado” con respeto as ideoloxias politicas. O que si constato e que o que escoito vai por ese camiño, e non me gustaria nada estar no certo.
P.D.
Cando falo dos salarios estou a falar en xeral, para nada da xente de Fene.
Un saudo
Un máis, pídoche descuplas por se estiven un pouco susceptible na miña resposta anterior, máis se por riba non te estabas a referir a Fene.
É certo que hai ese ruxe ruxe na rúa, pero tamén é certo que non lembro eleccións municipais nas que non o haxa, porque este é un tema que se presta como poucos a unha demagoxia fácil e porque a imaxe dos políticos na sociedade é pésima, polo tanto, cobren o que cobren, o seu salario sempre será criticado e as súas accións sempre serán postas en corentena e vistas con desconfianza.
Supoño que é algo merecido polo comportamento inmoral dalgúns e por moitas labores de oposición irresponsables que só pensan no beneficio electoral a curto prazo.
A solución é moi complicada, porque implica un cambio profundo no xeito de entender a política por parte dos políticos e do resto da sociedade; e sobre todo é sempre unha solución a longo prazo.
Rajoy como líder do PP ten os días contados. Moito fala das liortas internas doutros partidos, cando as que ten no PP xa lle chegan ben.
No es Rajoy el unico que quiere un cambio en la ley electoral Hay voces en el PSOE que tambien quieren un cambio para quitar peso a los nacionalismos.
Ya la actual ley se hizo para beneficiar a la derecha pues no todos los votos valen lo mismo
Alguien debería decirle a Rajoy que al presidente del gobierno lo eligen los diputados y que al ser el candidato con mas apoyos es el candidato mas votado
Ivan esta moi ben o que dis, casi que che dou a razon, en todo.
Para Manuel direille que debe ser novo sinon saberia que “Ellos aunque no tengan los votos, son gente “culta y educada” por lo tanto “sus” votos valen mas que los de cuatro “chiquilicuartos” que pretenden gobernar “Su” “España”
Non entendo moi ben iso de que goberne a lista máis votada… Por exemplo, nun suposto: nun concello o PP gaña co 40% e ten 4 concelleiros, o BNG consegue un 30% (3 concelleiros) e o PSOE outro tanto. (Isto é “política ficción”, como dicía o outro, nin leis de Hont nin trapalladas). Logo gobernaría o PP. No primeiro pleno o PP co seu alcalde quere aprobar algo. Vótase e os de esquerda opóñonse. Logo non se aproba. E así sucesivamente. O que teremos será unha moción de censura ao cabo dunhas semanas e un desgoberno no concello e tempo perdido para chegar ao final a un goberno de alianzas. É dicir… unha perda de tempo e imaxino que de cartos.