Lamatumbá en Fene. Festa!
Chega a Fene un dos mellores grupos do país, Lamatumbá, que pese á marcha dalgún dos seus compoñentes orixinarios seguen a ser dos que mellor música e máis festa fan. Se vendo este vídeo non vos formiguea o corpo có mono dunha boa festa, algún podería dicir que o sangue non flúe polas vosas veas.
Hoxe ás 22:00 h. na Praza do Concello. Estades todos e todas convidados; é de balde grazas ó patrocinio da Fundación Caixa Galicia ;-)
Actualizado ás 01:21 do 03/09/2007:
Acabo de chegar do concerto e veño flipado, non polo ben que estiveron, que xa o esperaba, senón porque entre a xente atopei á miña nai (case 67 anos) movéndose ata onde os seus osos extraordinariamente traballadores llo permiten e gozando da música como calquera das moitas mozas e mozos que brincaban ó son de Lamatumbá. Comentoume ó marchar o moito que lle gustara o concerto e, por suposto, o guapiños que son tódolos rapaces que tocaron.
O dito, uns xenios!
8 comentarios
Deixa unha resposta


Què envexa!!!!espero conseguir o CD do seu anterior traballo,que perdìn fai un tempo… firmado por todo o grupo tras un concerto en Pontedeume,de moita festa e sobre todo:”lume!!!!!!!!!!”
Nòtase que son da terra da chispa!
Ivan menos Mana e mais Lamatumba jejejjeje.Lamatumba é o grupo mais conhecido mais ha grupos na Galiza tam bos como eles,so q neste pais ata fai pouco nom existiam canles de informaçom q lhes deram cobertura.
Gracias a xente d cultura por seguir apostando polos grupos do pais.Este ano pasarom por Fene:Motor Perkins,Ataque Escampe(do melhorcinho),The Homens e Samesugas
Creo que o teu cd está en camiño, Sandra; con moito lume incluído ;-)
Darío, aínda che quedan dous concertos máis esta semana, Sumrra e Pradairo, xoves e venres, respectivamente, ás 21:00 h. na Casa da Cultura. Os dous organizados tamén polo Concello de Fene. Falaba onte á noite cos rapaces/zas de Cultura para ver se os podemos facer na terraza, un lugar moi chulo, e non no pequeno salon de actos; a ver.
Saúdos ;-)
Vai ser que non. Os de Sumrrá queren tocar co piano de cola e subilo á terraza é imposíbel. Con Pradairo hai outro problema semellante así que vai ter que ser noutra ocasión. O de Sumrrá é ás 22 h e o de Pradairo ás 21 h.
Un par de datos:
Algúns acordamos escoitar ao ferrolterrán Manolo Gutiérrez (pianista de Sumrrá) no Cine Perla formando parte da big-band da Asociación de Jazz de Ferrolterra e doutros grupos.
A xente de Pradairo gañou o VIII Certame Folk de Radio Obradoiro e unhas das súas grandes valedoras-represantantes son as mozas de Leilía
Grazas polo apuntamento, Daniel! Corrixirei a axenda ;-)
Quedábame outro. Esquecera que Xacobe, o contrabaixo de Sumrrá, tamén estivo varias veces en Fene. No Perla, con Cool Hamster poñéndolle música ao espectáculo producido polo Concello e dirixido por Carlos Blanco, “O país da comedia” co propio Carlos, Mabel Rivera, Ernesto Chao, Quico Cadaval e Fito. Na Casa da Cultura, tamén cos Cool Hamnster
ei lamatumbeiros preciso saber o nome dalgunhas cancions que non teño e quero conseguir coma por exemplo a do chuvasqueiro amarelo e algunha e algunha mais