ivanpuentes.com

A sensibilidade do ladrillo

María (nome inventado) ten 68 anos e todo o traballo, os sacrificios e a memoria dunha vida concentrados na súa vella casa de pouco máis de 50 metros cadrados. A porta de madeira áspera, supoño que de carpintería caseira, xunto coa ferruxe que adorna o entorno son testemuña da súa escasa pensión, coa que vive e mantén en pé os curvados muros da vivenda, uns muros que repousan, por tres dos catro lados da casa, sobre altos edificios que minimizan aínda máis o pequeno espazo de María.

María non ten estudos, non entende de desenvolvemento urbanístico e vive soa. Hai días recibiu a visita dunha promotora que quere urbanizar a zona e comprar a súa casa. Ela non opuxo grande resistencia, non está para iso, simplemente pediu a cambio un apartamento no edificio que se levantará na súa parcela. A promotora non cede. Ela di que lle vale unha vivenda con menos metros que a súa, pero que o quere é un sitio no que poder vivir, non quere quedar na rúa, soa e con 68 anos. A oferta da promotora é insultante, 6 millóns de pesetas. María mantense firme e dinlle que o pense, que igual lle expropian a casa. Ela non sabe que iso non se pode facer e derrúmbase; nos últimos sete días case nun durmiu.

Hoxe, a primeira hora, María estaba na porta do meu despacho. Entre choros contoume o que lle pasaba e díxome que viña ó concello, porque xa non sabía a quen pedirlle axuda. A impresión que me causaron as súas bágoas impotentes é difícil de describir. Non me paraba de repetir que non quería quedar na rúa, que non a podían deixar así. Non soporto os abusos de poder que se cometen contra xente boa e indefensa, como María. A rabia e o mal corpo que me deixou a súa historia aínda me dura agora. Nos próximos días verémonos coa promotora a ver se somos quen de achar unha solución consensuada. Espero que si!

23 comentarios

  1. Perejil | 10 de Setembro de 2007 - 9:01 pm

    Se che podo axudar en algún momento contade con o meu apoio. Ánimo.

  2. Sachocos | 10 de Setembro de 2007 - 9:44 pm

    É indignante si. A min pasoume estes últimos meses algo parecido coa miña casa. O que pasa que non podo falar có culpable, un tal Euribor…

  3. José Manuel Lage | 11 de Setembro de 2007 - 12:46 am

    Iván, este tipo de situación son a crúa realidade, dúas caras dunha mesma moeda, o mundo no que vivimos. Sintome unha vez máis orgulloso de ti, pola túa sensibilidade e por responder o que sentimos, o que levamos dentro, ó que pensamos, á loita contra a inxustiza.
    Moito ánimo.
    Apertas

  4. elquesequejamas | 11 de Setembro de 2007 - 9:24 am

    Buenos días:
    A ver si nos puedes explicar a los Feneses ese suculento desembolso de 15.000 euros vitalicios a alcaldes y exalcaldes,creo que en total suman 4000 personas.

    ¿De donde sale ese dinero?.
    ¿Es eso moral?.
    Con las graves situaciones por las que pasan miles de personas que no llegan a los 800 euros trabajando sin parar….

    ¿como se puede justificar eso?.

  5. Iván | 11 de Setembro de 2007 - 9:45 am

    Pois que queres que che diga, elquesequejamas, supoño que os que van cobrar eses cartos estarán moi contentos, pero non é o meu caso. Os Alcaldes NON IMOS COBRAR NINGÚN SOLDO VITALICIO, eses 15.000 euros a maiores do seu salario só se lle vai aplicar ós funcionarios/as da Xunta de Galicia que exercesen dous anos consecutivos ou tres discontinuos como alcaldes/as.

    É dicir, é un privilexio (se lle queres chamar así) que a Xunta lle recoñece ós seus traballadores/as.

    ¿Que me parece a min? Entendo que a Xunta e os seus traballadores, como en calquera empresa, son libres para negociar o seu convenio e as condicións de traballo dos seus funcionarios. A min, que non me afecta a medida, non me parecería xusto que me quedase un soldo vitalicio por ser Alcalde unha lexislatura, aínda que sempre defenda que os políticos deben estar ben pagados.

  6. elquesequejamas | 11 de Setembro de 2007 - 3:13 pm

    “Entendo que a Xunta e os seus traballadores, como en calquera empresa, son libres para negociar o seu convenio e as condicións de traballo dos seus funcionarios”

    -La Xunta,no es una empresa privada.

    -El dinero que administra la xunta viene de los ciudadanos que nos rompemos la espalda en el sector privado,que es el motor economico de país.

    -Es decir,por tus palabras,parece que les das via libre a que se pongan sobresueldos desproporcionados con la situación real de la sociedad.Como eso lo hacen en un convenio…

    pues menuda justificación.
    Mira,eso es una pésima administración,lo haga el psoe o perico el de los palotes.

    -A ver en cuantas empresas privadas hacen lo mismo?.
    -ninguna

  7. Iván | 11 de Setembro de 2007 - 9:24 pm

    Imos falar sen demagoxia. Resaltas a parte da miña intervención que che interesa, pero lémbroche que tamén digo nela que se eu fose beneficiado con esa medida non o vería xusto.

    En calquera caso, a comparación coa empresa privada non se sostén por milleiros de motivos. Colle calquera posto directivo de calquera empresa privada de ámbito semellante ó da administración que queras comparar e verás como no 99´9% dos casos o directivo da empresa privada cobra bastante máis que o alto cargo da administración.

    O salario dun peón municipal é, dependendo do caso, igual ou algo inferior que o dun peón dunha empresa de construcción privada. Poderías dicir que si, pero que o funcionario ten asegurado un traballo para toda a vida e o outro non, pero tamén é certo que o primeiro para elo pasou un exame de oposición non precisamente fácil, salvo que falemos de procesos irregulares.

    O que non podes facer é comparar o salario dun conselleiro ou dun director xeral co dun peón da construcción, como tampouco comparas o deste co do arquitecto que deseñou o edificio que está a construír.

    A mellor proba é que cada vez que hai que formar un novo goberno é realmente difícil convencer ós mellores técnicos do país, ós que ocupan postos de alta responsabilidade na empresa privada, para que acepten un posto de, por exemplo, conselleiro (non falo xa de postos de menor rango) porque iso sempre lles supón perder moitos cartos ó mes.

    Como che dicía antes, entendo que os políticos deben estar ben pagados, porque eu polo menos quero que dirixan o meu país as persoas máis cualificadas, aínda que logo podamos discutir se por isto ós que son funcionarios se lles debe consolidar ou non o máximo nivel salarial.

  8. Manuel | 12 de Setembro de 2007 - 12:01 am

    “A mellor proba é que cada vez que hai que formar un novo goberno é realmente difícil convencer ós mellores técnicos do país, ós que ocupan postos de alta responsabilidade na empresa privada, para que acepten un posto de, por exemplo, conselleiro (non falo xa de postos de menor rango) porque iso sempre lles supón perder moitos cartos ó mes”
    No es a estos a los que va dirigida la consolidacion del
    complemento sino a los funcionarios que tienen esperando su puesto cuando quieran reintegrarse a él sin haber perdido ningun carto ó mes.
    Esto blinda a los ya blindados

  9. elquesequejamas | 12 de Setembro de 2007 - 10:45 am

    Solo un par de puntualizaciones:
    “os políticos deben estar ben pagados, porque eu polo menos quero que dirixan o meu país as persoas máis cualificadas, aínda que logo podamos discutir se por isto ós que son funcionarios se lles debe consolidar ou non o máximo nivel salarial.”
    -Tendrá que haber un límite,no?.quizás ese límite debería girar en torno a las realidades economicas del país.Para ejemplo Portugal,un país lleno de pobretones,donde se disparan los precios,la gente emigra,y la clase politica abunda más que en España.

    “O salario dun peón municipal é, dependendo do caso, igual ou algo inferior que o dun peón dunha empresa de construcción privada. Poderías dicir que si, pero que o funcionario ten asegurado un traballo para toda a vida e o outro non, pero tamén é certo que o primeiro para elo pasou un exame de oposición non precisamente fácil”

    -Fijemonos en los peones del concello.Trabajan hasta el mediodía,bocadillo a las 11,y realmente sin ninguna presión,ningún jefe los presiona,y si llega uno nuevo con ganas de trabajar,pronto los compañeros le bajan los humos.
    Dirás que es demagogia,pero a parte de cobrar un buen sueldo,días propios y vacaciones,¿que ventaja va a tener un peon privado?.¿que gane 300 euros más?,¿con un jefe encima,y trabajando sin descanso?.
    Los peones municipales,son un lastre para los presupuestos.Aunque no me guste nada,es MUCHISIMO mas rentable SUBCONTRATAR esos servicios.
    Aparte de que esas convocatorias,suelen ser concursos donde ya se suele saber quien va a entrar.

  10. Luis Valcarce | 12 de Setembro de 2007 - 1:16 pm

    Iván, yo le pondría las pilas a los delincuentes de la promotora. Amenazar a honradas jubiladas, además de inmoral puede ser delito.

    Respecto al plus, en fin, me gustaría que la gente leyese las normas (todas las que hay) antes de sacar la lengua a pastar. Del mismo modo que no se puede hablar de física cuántica sin conocerla no puedes discutir una norma sin haberla leido y haberla entendido. Y esto del plus tiene poco o nada que ver con la xunta, es una norma estatal (de hace tiempo ya) que debe empezar a aplicarse por imperativo legal.

    Lo que me parece de traca es relacionar esa norma con los peones municipales de Fene… Yo trabajo en la empresa privada y soy testigo de que vagos e inútiles los hay también a patadas. Me da a mi que no es un problema funcionarial.

  11. Manuel Cendán | 12 de Setembro de 2007 - 4:13 pm

    Xa nos manterás informado do caso. A promotora ten que saber que mordeu en óso. Saúdos.

  12. Vaquero | 13 de Setembro de 2007 - 5:58 pm

    El “Rio de Maniños” sigue recibiendo los vertidos CONTAMINANTES del poligono,como es un poligono que esta creciendo y trayendo empleo a la zona lo cual me parece bien, es logico pensar que tambien creceran los vertidos.¿tan complicado seria canalizar todo esos vertidos para alguna depuradora?

  13. miguelnunezrios | 14 de Setembro de 2007 - 12:03 pm

    Y eso que esta señora es la propietaria, porque llega a estar alquilada y estaría perdida… y esos casos sí que son brutales, y nadie dice nada.

  14. Mando | 14 de Setembro de 2007 - 8:00 pm

    Volvendo ó dos 15000 que tanto alporizan ó persoal.
    Si non entou mal informado, o tema é da seguinte maneira: Funcionario público en activo, que foi, é, ou será, membro dunha corporación local, con adicación exclusiva, durante ó menos dous anos, continuos ou discontinuos, complementaraselle un concepto salarial, que xa están cobrando, (creo que é o complemento de puesto)para equiparalo co que cobran os que o teñen mais alto, os famosos 15000, que son en realiddade 14700 e pico.
    Entón o que recibirán a maiores e o que falte para alcanzar esa cifra en cada caso.

  15. Un mais | 16 de Setembro de 2007 - 5:21 pm

    !Vaquero¡¡ O rio de Maniños ten un nome, chamase rio de “Vaa”.
    Estou da acordo contigo, xa casi parece un vertedoiro, un rio, que non ai moito tempo tiña troitas, agora non sei se quedaran nin os ratos.

    E mira que e curioso, por conta de “ese” Rio, perdeu mas de un voto o BNG.

  16. el_angel_negro | 19 de Setembro de 2007 - 9:40 pm

    …….has dado en el clavo Ivan con el asunto de la señora y la casita. No sabes la alegria que sentí al leer este blog, a ver si poco a poco se ponen luces a estos hechos que tanto abundan a nuestro alrededor……..

  17. el_angel_negro | 20 de Setembro de 2007 - 10:14 pm

    Señor ELQUESEQUEJAMAS, le ruego que antes de soltar su discurso acerca de los peones y funcionarios de Fene, se tome un tiempo y enterese de como funciona la administración local, porque me parece que esta Ud. un poco flojo en esa materia, sino, no soltaria tan a la ligera todo lo que suelta.
    En primer lugar, los peones,funcionarios o trabajadores de la administración local, SON PERSONAS, personas que están al servicio del Administración y que tienen unos señores políticos, democraticamente elegidos que los dirijen y organizan.
    En segundo lugar, los funcionarios de la administración tienen unas obligaciones y deberes que estan regulados por la ley 30 de agosto de 1984 ( mirela alguna vez).
    En tercer lugar te dire que dentro de los, funcionarios de fene, trabajando de peones, hay personas muy cualificadas,personas que trabajaron mucho tiempo en la privada, emigrantes, y en cuanto a cualificacion a modo de ejemplo le diré que hay, desde Fp hasta Ingenieros Técnicos, con esto le digo que la cualificación de este personal esta muy por encima de lo normal.
    En cuarto lugar, le dire que desde afuera se ven las cosas de distinta manera, y desde dentro no puedes defenderte hacia fuera sin incurrir en una falta.
    La política es más complicada de los que parece Sr.ELQUESEQUEJAMAS.

  18. Iván | 23 de Setembro de 2007 - 11:32 am

    Con respecto ós apuntes sobre o Río Vaa en Maniños, coméntovos que esta semana estiven visitando o cauce e realmente si que de cando en cando a auga está algo turbia.

    Non se trata de verquidos do Polígono de Vilar do Colo, porque xa hai un colector que os recolle e os libera á Ría de Ares na zona de Río Castro. Parece que o que baixa polo río son áridos que proceden dalgunha escorrentía da zona do polígono, pero non augas ou residuos industriais contaminantes.

    De tódolos xeitos, este ano a Xunta empeza a construír o novo colector que recollerá tódalas augas fecais e industriais do Concello de Fene, incluídas as de Vilar do Colo, para levalas á EDAR de Chanteiro. Así, a nosa rede de sumidoiros deixará de verter directamente á Ría de Ferrol ou ós Ríos Cádavo e Vaa, do mesmo xeito que o actual colector do polígono deixará de liberar as augas residuais directamente á Ría de Ares.

  19. foucellas | 29 de Outubro de 2007 - 4:50 pm

    Ao final seguimos sin saber que pasou coa sra. e a promotora. Seguro que a probe sra. tivo que coller o que lle deron e sair correndo.
    As cousas son asi, o carto é o que manda, e os demáis a aturar.

  20. Iván | 29 de Outubro de 2007 - 11:22 pm

    A señora segue na súa casa, sen que ninguén a poda botar. O concello segue a mediar entre ela e o promotor para que cheguen a un acordo; por agora os contactos non deron grandes resultados, pero seguimos aí.

  21. belaisco | 18 de Novembro de 2007 - 9:55 pm

    Saludos Alcalde
    hace un par de años compre una casa antigua en Fene, la estamos restaurando para conservar la belleza típica de las casas de pescadores, que ya quedan pocas,viga de madera.suelos de madera,etc.Los vecinos son estupendos y nos ayudan en todo. Estamos enamorados de Galicia y contamos al que nos quiere escuchar, las maravillas de vuestra tierra, esperamos algun día irnos a vivir allí todo el año, pero…aqui va el pero…
    ¿porque no hay más subvenciones para conservar lo antiguo-autentico?¿Porque sale más barato tirar la casa y hacerla nueva?( si tiene terreno 2 adosados)

  22. Iván | 19 de Novembro de 2007 - 12:56 am

    No es un tema que domine mucho, belaisco, porque va más allá de la labor de un ayuntamiento, pero sí sé que hay ayudas para la rehabilitación de viviendas antiguas, principalmente de la Consellería de Vivenda y creo que también hay algo en el Plan del Ministerio de Vivienda.

    Las grandes ayudas se dieron hace años, a través de los planes Leader de la U.E., para la rehabilitación con finalidad comercial, con el fin de crear una red de establecimientos de turismo rural, de la que Galicia carecía. Hoy los fondos europeos son menos y el sector del turismo rural está casi saturado, por lo que las ayudas son también menores.

    En todo caso, seguro que puedes encontrar algo de información a través de http://igvs.xunta.es y www.mviv.es

    Espero que pronto podáis vivir aquí la mayor parte de vuestro tiempo. Saludos ;-)

  23. belaisco | 20 de Novembro de 2007 - 10:32 pm

    Gracias por los enlaces pero hay que ser galego o residir en Galicia, de todos modos la arreglaremos poco a poco.-
    Una duda:
    he oido algo de que van reformar el muelle de Maniños y el paseo maritimo, con ¿puerto deportivo?, hay algo de esto y como se va a conjugar esa obra con la pesca.personalmente,prefiero que no haya puerto deportivo,pero comprendo que sería positivo para la zona.
    Los responsables póliticos teneis la posibilidad de frenar a los depredadores del cemento, pero tambien, debeís ayudar a crear empleos,inversiones,… dificil.
    Un saludo

Deixa unha resposta