Unha tertuluia que promete

Chega setembro e a vida volve á normalidade invernal; sempre odiei este mes. A radio, unha das miñas paixóns profesionais, faime máis levadeiro este tempo no que xa me empeza a faltar a luz. Hoxe empecei unha nova tempada como tertuliano de Matinal Líder, o espazo que tódalas mañás conduce Javier Sánchez de Dios en Radio Líder-Punto Radio.
Os compañeiros e compañeiras de tertulia deste ano a verdade é que me inspiran dabondo, prometen mañáns ácidas e tensas, pero sobre todo animadas: a senadora Belén do Campo (PP), os profesores Carlos Pajares (PSdeG-PSOE) e Xesús Veiga Buxán (BNG) e os parlamentarios Susana López Abella (PP) e Bieito Lobeira (BNG) Dinamita pura para empezar animado a última mañá da semana laboral.
Se vos apetece escoitarnos, podedes sintonizarnos tódolos venres a partir das 9:00 e ata as 10:00 h. no 105.9 da FM en Ferrolterra e na Coruña, no 101.8 en Compostela e no 90.7 en Vigo. A ver que vos parece.
7 comentarios
Deixa unha resposta


Moita sorte Ivan na Tertulia, estaremos atentos logo a Punto Radio. XD
Noraboa pola tua xestión no Concello e o da tua páxina.
Saudos
Estou a leer o post e non salgo me meu asombro. Que alguen me corrixa si o entendo mal. É decir que a primeira autoridade municipal, que cobra unha dedicacion excluisva por facer o seu traballo diante do concello(que por certo e moita e necesita moitas horas) vaille adicar como minimo cinco horas ao mes a actividade privada de contertulio. Imaxinemos por un intre que un camareiro, fontaneiro, comercial, carniceiro, empleado de banca etc. dille ao seu xefe que todolos venres no vai a traballar pois ten que ir a unha tertulia radiofonica, xa vos imaxinades o que pasaria. Aqui a cuestion é que quen cobra de erario publico ten que ser consecuente con elo, e si quere ooutra cousa e libre para elexir. Por ultimo quero pensar que non cobraras por las tertulias, non porque non o merezcas, mais ben pola dedicacion que xa cobras como cargo publico, e si o tempo que vas a estar na radio o vas a descontar dos teus haberes.Un saudo.
Imaxinemos por un intre que un camareiro, fontaneiro, comercial, carniceiro, empleado de banca etc.
“Amigo” German coido que te pasaches, (vaia por diante que eu non estou por defender a naide, e menos a un politico), nas empresas ainda que sexas o xefe, digo eu que teras algunhas horas para te relaxar de cando en vez, e me imaxino, que esas horas seran as que vai empregar o señor Ivan, para facer o que mellor lle pete.
¿Ou non?
Estimado Germán:
Con todos os respetos do mundo, o teu comentario paréceme pura demagoxia.
Consideras logo que Iván non debería visitar, por exemplo, Radio Fene, para contestar ás preguntas cuxas respostas seguro son de interese dos veciños?
Por qué os que protestades por este tipo de cousas non protestades cando o alcalde está ata as doce ou unha da mañá no concello? Por qué non protestades cando o alcalde, este ou calquera outro, está o venres pola noite nunha cea homenaxe, por exemplo, en lugar de estar coa familia, o sábado nunha competición deportiva e o domingo nunha festa patronal? A dedicación exclusiva esíxelle 24 horas?
Sexamos sensatos, pídamoslle ó alcalde que traballe, que o faga ben, pero non cheguemos ó límite de controlar todos e cada un dos minutos da súa vida.
Saúdos iván, e segue de tertuliano en r. lider, algúns estamos encantados de escoitarte.
Loli
Coincido plenamente co exposto aquí por Loli.
Adiante Iván
German:
Teño a impresion de que non dispos de moita informacion, o mais importante de unha persoa publica e xustamente iso, que teña vistas nos medios. E que non se esconda dos ciudadans.
Pareceme moi ben Ivan o que estas facendo, como persoa publica non e so un dereito, tamen a tua obligacion.
Sorte.
Kike
hola iván!!!!!!!! cuanto tiempo eh?? espero que vaya todo bien!!! desde tarragona os mandamos un abrazo!!