ivanpuentes.com

A pinza de Barreiro

Vou ter a ousadía de cuestionar á Torre Vixía, ó profesor e protagonista da historia contemporánea do noso país, a Xosé Luís Barreiro Rivas. Creo que nun dos seus habitualmente brilantes artigos en La Voz de Galicia "se le fue la pinza" moito moito. Fala Barreiro dos 210 euros mensuais que aprobou o Ministerio da Vivenda para axudar á xente moza a pagar o aluguer da súa casa:

…para darles una alegría a los jóvenes, nos dan un sablazo a los viejos o dejan que se deterioren nuestros sueldos, nuestras pensiones o los servicios imprescindibles […] Cuando hagamos las cuentas de las mujeres muertas por la violencia de género, nos van a decir que la ley es maravillosa, que somos ejemplo para el mundo, pero que faltan recursos. Pero este año no será verdad, porque antes de optar por resolver ese grave problema, se prefirió […] darles 210 euros a los jóvenes que, siendo formalmente mileuristas, viajan en un potente coche que les regaló su papá.

…un joven arquitecto de 27 años, que habla tres idiomas, viaja todos los años al extranjero y todos los fines de semana a la movida de Sanxenxo, y que está haciendo prácticas en el estudio de un tío suyo que le paga mil euros. […] hemos decidido que al joven hay que solucionarle la papeleta -¡pobriño!-, mientras obligamos a la viuda a buscarse la vida. También seguiremos hablando del deterioro de la sanidad, del imposible cumplimiento de la ley de dependencia, de la educación peor financiada de la OCDE, de la falta de seguridad en las calles y otras cosas. Pero ninguno de esos servicios sociales ha sido considerado prioritario sobre la necesidad de emancipar a futuros yuppies que en sus gastos personales no tienen como prioridad la emancipación.

Barreiro, noutros días tan lúcido, creo que dende a Torre Vixía non eres quen de ver a realidade da mocidade galega, ou tal vez si, pero ves só a realidade que te rodea, a dun mundo de clase alta aburguesada que xoga a dicir "jo tío, que rollo, soy mil eurista!", pero esa non é a vida da meirande parte dos mozos e mozas de Galicia, ós que, créme, lles entusiasmaría a idea de poder ser mileuristas e falar tres idiomas.

8 comentarios

  1. Xaime | 23 de Setembro de 2007 - 1:06 pm

    Pois no das viúvas ten máis razón cun santo.

  2. Manuel | 23 de Setembro de 2007 - 1:39 pm

    Aunque no estoy de acuerdo con Barreiro en la comparación con la violencia de genero y la sanidad, pues ya tienen su partida presupuestaria que nunca será suficiente pero no entra dentro de las competencias del ministerio de la vivienda pero en cambio si estoy de acuerdo en la visión general de que tras una medida social se esconde un apoyo a quien en un alto porcentage no lo “necesita” (8 de cada 10 jovenes estan en esta situación segun el ministerio)
    Tienes razón que la realidad de Galicia no es la que pinta Barreiro, el salario medio en Galicia(no solo jovenes) es de 1.382 euros segun la última publicación de la voz, pero dentro del plan caben estos a los que se refiere Barreiro por lo que se puede pensar que es demasiado amplio en cuanto a capacidad adquisitiva y estrecho en cuanto a edades,las ayudas al acceso a la vivienda, ya sea compra o alquiler, deben otorgarse por renta y no por edad

  3. Iván | 23 de Setembro de 2007 - 2:31 pm

    Xaime e Manuel, estou de acordo con vós. As pensións das viuvas son míseras (creo que o Presidente xa anunciou que subirán este ano o dobre que as pensións máis altas) e a min tamén me parecen máis xustas as axudas en función do nivel de renda que as axudas universais (de tódolos xeitos, os 210 euros ó mes durante catro anos non son completamente universais, son para mozos/as de entre 22 e 30 anos, ocupados e con ingresos inferiores a 22.000 € brutos ó ano).

    En todo caso, o que critico de Barreiro non a descrición que fai doutros colectivos, bastante real, senón a imaxe negativa e irreal que transmite da mocidade galega, á que pinta como un colectivo con tódalas facilidades do mundo, sen necesidades e que, da a entender, case case se queixa de vicio.

  4. Blas | 23 de Setembro de 2007 - 9:32 pm

    “…y que está haciendo prácticas en el estudio de un tío suyo que le paga mil euros…”. A realidade galega é moi distinta, e a do resto do estado tamén (ademais que seguramente este tío arquitecto págalle os mil euros ao sobriño, pero a outro/s mozos que estén en prácticas só lle paga 500 ou 600 euros.

    Barreiro descoñece bastante a realidade, porque de seguro que a súa filla non se atopa cos problemas que atravesan a maioría dos mozos e mozas.

  5. miguelnunezrios | 23 de Setembro de 2007 - 11:01 pm

    ¿un sueldo de mil euros?… ¿a quien hay que matar? xD

    Sí, efectivamente a Barreiro, con quien suelo coincidir en bastantes cosas, se le ha ido poco la perola, como se suele decir.

  6. Delfín | 23 de Setembro de 2007 - 11:28 pm

    Nai:”¡¡Hai neniño, qué falla tes de te ir da casiña!!, ¿por qué nos das ese disgusto?”.
    Pai (pensando pa’ sí): O disgusto daracho a tí, o que é por mín, falla lle fai sair daquí para que se entere que hai días que comenzan ás 7 da mañán e non ás 13 horas.
    Fillo: ¡¡Jo má, é que necesito espazo vital!!

    En fín, …. os soldos son os que son, se cadra un mesmo pode facer por mellorar, pero estamos no mínimo esforzo.

    De tódalas maneiras estou ledo da medida, non me colle nin por aproximación ¡¡¡¡mecachis!!!!, pero se tuvera un/unha fillo/a na idade daríalle un empurrón para que se acollera a esa madida. Por que coma dí un refrán: “O que ós 30 non se casa, ós 40 non ten casa, ós 50 non se casa nin ten casa”.

    A picaresca sempra está detrás de calquer medida de axuda, o que se ten que facer é estar atento para atallalos atropelos.

    Saúdos. Meus parabéns para estas medidas e outras ainda que as tilden de …. o que queiran.

  7. Roberto | 24 de Setembro de 2007 - 9:45 am

    Al parecer la partida para el primer año (supongo, en la prensa no precisaba en qué plazo se gastarían) de aplicación de esta medida es de unos 350 M de eurazos…
    Más o menos lo que acabará gastándose en la construcción de… ¿adivinais?

  8. alberte | 24 de Setembro de 2007 - 7:45 pm

    falar de medias salariais resulta case insultante, sobre todo se nesas medias salariais entrandeportistas de élite e outros personaxes deste tipo. Tamén resulta comple xo falar de medias cando, exemplo verídico: traballador de 60 anos de telefónica, salario anual ronda os 40.000 €, traballador de telefónica, 32 anos, salario anual ronda os 15.000 €.
    Traballador dunha empresa que exixe os mesmos tres idiomas dos que se falaba antes, 25 anos, 786 € mensuais.
    E do outro lado, aluguer na cidade de Compostela: 2 habitacións, baño e cociña, nun estado aceptable en canto á súa habitabilidade, nunca inferior a 350 € mensuais, máis os correspondentes gastos (en torno aos 150 € cada dous meses)falamos, por tando de 425 € ao mes.
    Se consideramos un salario de 850 €, que xa se considera un salario por riba da media (desas merdentas medias), vemos que o 50% do salario vaise en pagar aluguer e gastos. Pero resulta que a maior parte da poboación deste e doutros países teñen o vicio (palabras que perfectamente se lle poderían atribuir ao señor Barreiro) de comer, polo que podemos aumentar a esa conta outros 60 € semanais en comida e outros consumos básicos. Pero resulta que, na mesma empresa na que lle piden tres idiomas pídenlle que se compre uns traxes, formais e elegantes e que se compre un bon coche, por iso de dar boa impresión (caso real). Supoñamos que vai ao barato, e opta por inditex, en torno aos 350 € por traxe, sen contar complementos. O coche do que falabamos , pagado a dez anos e sen entrada 150 € ao mes (un coche pequeno e sen moitas prestacións), sen contar a gasolina que fai falla para que camiñe.

    E iso, contando cun salario de 850, pero se imos cara aqueles outros, moitísimos, inferiores: Aux. administrativo, primeiro ano de traballo, 650 €. Adeus coche, adeus comida e adeus piso.

    o problema, político sen dúbida, cando se especula coa vivenda, xógase con moitas cousas, non só coa vivenda dos mozos e mozas. Que se suban os salarios, que se deixen de xogar co territorio, e daquela poñan uns impostos aquelados e conformes coas necesidades de pensionistas, co ensino e a sanidade…

Deixa unha resposta