A pinza de Barreiro II
Hoxe Barreiro volve á carga. Fala dos 15.000 € que o Goberno Galego sumará á nómina dos seus funcionarios que exercesen cargos públicos ou de libre designación. Pese ó dito no artigo do outro día, hoxe apoia firmemente o plus para os traballadores da Xunta:
…puede decirse que el problema es la ignorancia: la de los que ignoran que su propio sueldo está lleno de retribuciones complementarias de escasa o nula objetividad; la de los que no saben explicar que quieren hacer lo que ya se hace en la Administración central y en la mayoría de las autonomías, y la de los que, en vez de enterarse de qué estamos hablando, prefieren hablar de los altos cargos como si perteneciesen a la banda de Alí Babá. Y es que el escándalo y la ignorancia son dos caras de una misma moneda.
Darlle 210 € para o aluguer ós rapaces e rapazas que gañan menos de 22.000 € ó ano é intolerable, condea ás mulleres a seguir maltratadas, non permitirá que melloremos a calidade do noso ensino e manterá na ruína ás viuvas do noso país; todo por culpa do caprichoso Goberno de España que se empeña en "emancipar a futuros yuppies". Agora ben, gastar 15.000 € máis na nómina de moitos dos nosos funcionarios non só non é criticable, senón que é incluso digno da máis sonora alabanza, porque, claro, eles teñen unha vida moito máis dura que a dun mozo/a mileurista. Un chisco de coherencia, por favor!
5 comentarios
Deixa unha resposta


Ti, porén si es coherente.
Estás de acordo con ambas medidas sociais. Dámoslle os mozos, dámoslle os altos cargos, aquí dámoslle a tododios (6 meses antes das eleccións, claro). O que non negarás é o marcado electoralismo da medida. É pouco serio, é como na política local cando che asfaltan a pista que leva á túa eira. É o mesmiño pero ó grande. Aínda que igual de tosco.
Non nos podemos vender por un plato de lentellas. Eu cumplo esas condicións, e evidentemente vou pedir a axuda. Pero esto non axuda a ver a ZP coma un político serio.
Ola Iván, coincidindo contigo na contradicción que queres poñer enriba da mesa, só quero apuntar que por primeira vez hai alguén, neste caso Xosé Luis Barreiro Rivas, que explica ben e con detalle o tema do tan traído e levado plus dos altos cargos.
En contra da mentira que supón falar dos 15.000 euros, Barreiro Rivas pon as cousas no seu sitio, máis alá do que pense cadaquén, imaxino que tamén se pensaría isto dende fai anos que leva en vigor a medida a nivel estatal e tamén noutras CC.AA.
O dito, apertas
No veo la contradición, es una posición del todo conservadora y que suscribiría todo el PP y parte del PSoE, mantenimiento de privilegios de ciertas capas y dejar que el mercado regule lo demás
También hay un poco de lo último dicho por Manuel; al parecer, en España, un poco de ayuda a la gente más desfavorecida se discute y se crítica, sin embargo se aplaude aumentos sustanciales de salario a personas con un status ya de por si sobre-protegido.
Es esa forma de pensamiento anti-social lo que impide que España avance hacia algún lado.
Eu ,tamén critico,os desfavorecidos seguen sendo desfavorecidos, xovenes,ancianos , viudas e nenos,seguen sen recursos, mentras os favorecidos enchen mais os seus petos, os de arriba teñen que dar exemplo,dende logo non con subirse os seus salarios, senón favorecendo aos que mais o necesitan.saúdos