Os “bio”combustibles

Precisamente esta semana, no transcurso dunha xuntanza do Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Ferrol, falamos de biocombustibles. Analizamos as posibilidades de negocio do Porto de Ferrol no tráfico de aceites vexetais para a fabricación de biodiésel e varios celebramos a aposta por sectores de mercado ecolóxicos que, ademais de ser un negocio puro e duro para Ferrolterra, nos permitisen avanzar algo máis na senda do desenvolvemento sostible.
Hoxe matizo o meu optimismo inicial, por algo que xa sabía, pero que a cómoda sociedade occidental te condena con frecuencia a esquecer. Leo en Público unha reportaxe magnífica na que a veterinaria española Karmele Llano denuncia o arrase literal que está a padecer a selva tropical de Indonesia, precisamente para obter aceite de palma co que fabricar biodiésel. Desaparecen árbores e todo tipo de animais e, por se fora pouco, xurde na zona un negocio paralelo, o maltrato e tráfico ilegal de primates.
Parece que o desenvolvemento sostible está bastante reñido coa economía global. Sempre que produzamos a grande escala, aínda que pareza que estamos optando por unha solución ecolóxica, estamos destruíndo e repetindo a eterna condena deste planeta, explotar e empobrecer ós países máis pobres para que os países ricos podan ser cada vez máis ricos. Isto non é sustentabilidade!
7 comentarios
Deixa unha resposta


Meu ben querido amigo, o uso de biocombustibles coma substitutos do petróleo está a chamar ás portas do “progreso”, pero non deixan de ser unha fonte de enerxía limitada; e como tal, se o consumo non é racional, levará a esquilmar os recursos: primeiramente os que xa están “feitos”, e logo a unha producción monótona de grandes extensións cos conseguintes problemas ecolóxicos e de abastecemento de materias primas. É fácil o de poñer a venda diante dos ollos ou mirar cara outro lado,… pero é o que ven.
Se cadra poderíase “dirixir” a producción, e non desviar terras e cultivos aptos para a alimentación animal (e humana en definitiva) e conquerir que terras non productivas (por abandono) foran adicadas a estes tipos de cultivos, acordáseme agora aquel aditivo que se vendía nas estacións de servicio “SOL FUERZA”, sacadas do toxo. ´
Que o que me dá medo é a desilusión da agro-gandería galega, e a ilusión polo novo “maná” dos biocombustibles, espero que non sexa unha nova experiencia tipo: “visóns”, “avestruces”,…
Saúdos.
Dun tempo a esta parte unha amiga moi concienciada estame a preguntar sobre a túa opinión con respecto a Reganosa. Díxenlle que seguro tiñas algunha noticia no teu blog pero ó ver que non é así gustaríame que nos deses a coñecer a opinión dun alcalde xoven e polo visto concienciado co medio ambiente como vexo nesta noticia. Por iso gustaríame saber, e imaxino que non só eu, a túa opinión sobre a situación de Reganosa e sobre a sentencia do Tribunal Superior de Xustiza na que se pon de manifesto que non cumple os requisitos necesarios para a súa ubicación. Graciñas
O problema e que moita xente na America Latina vive dos productos basicos. Por exemplo en México, pais onde nacín, subeu o precio da “tortilla” un 200%, o que significou que a xente teña pagar moito mais po lo artigo principal da canasta básica. Esto xa fai tempo que dixo Fidel Castro que pasaría, foi unha alerta, e a esquerda no fixo caso. Asumamos que os biocombustibles son bos, pero o aumento de prezo na comida, cando 800 millons de persoas padecen aina fame no mundo.
Insisto, a esquerda ten que reflexionar.
Unha aperta Ivan.
Hola, Flannagan! Parece incrible que os ecos da Pranta de Gas cheguen ata aí. A miña postura, aínda que non teña por agora ningún post adicado ó tema, é clara.
Participei xa dende o ano 2000, cando nos viamos algo máis que agora, en accións e manifestacións en contra da ubicación da Pranta no interior da Ría de Ferrol. Esta mesma semana, xa como Alcalde de Fene, vou votar no Pleno do Concello unha moción na mesma liña; moción que sairá aprobada cos votos a favor do PSOE e de Esquerda Unida, a abstención do BNG e o voto en contra do PP.
Creo, polo tanto, que a ubicación actual é totalmente desafortunada, polo risco que supón para a poboación e polos elevadísimos custes medioambientais que parece que terá o seu funcionamento.
O proxecto orixinal, elaborado durante os anos de goberno de Felipe González, era ubicala no Porto Exterior de Ferrol, sen dúbida a mellor opción, pero, creo que por razóns caciquís e clientelares, cando gañou o PP as eleccións, de acordo coa Xunta de Fraga, decidiron abandonar o proxecto de Felipe González e trasladala ó interior da Ría. Unha decisión moi desafortunada que hoxe ten difícil solución.
Espero ter respostado ás túas inquedanzas e ás da túa amiga moi concienciada. Bicos ;-)
Gracias por responder tan pronto, é bastante sorprendente a verdade, alégrome de ver que segues sendo coherente, que pena que non se poida dicir o mesmo dos teus superiores.
Poderías alucinar cos ecos que chegan ata eiquí. Saudiños
PLANTA DE GAS FARA DA RIA. Levamos oito anos loitando. Xa vay sendo ora de que interveñan os Xuices. PRA CANDO A POLICIA LOCAL DENOITE. e URXENTE XA.
. UN SAUDO ALCALDE.
Ola, Ulmeiro! Sabes que o servizo nocturno da Policía Local é unha das promesas máis firmes que fixemos en campaña e ten por seguro que o crearemos.
Para cando? Segundo os estudos que fixemos, sería necesario contratar, como mínimo, a tres axentes máis dos que hai hoxe. Unha praza xa a imos cubrir nos vindeiros meses e as próximas espero que para o ano; todo depende dos cartos que teñamos.
Estamos dándolle voltas tamén á posibilidade de empezar cun turno nocturno de fin de semana para logo prestalo o resto de días. En calquera caso, se todo marcha segundo o previsto, o turno de noite debería funcionar plenamente a mediados da lexislatura.
Saúdos ;-)