ivanpuentes.com

Hispanidade

Algúns impostores, pantasmas de salvapatrias trasnoitados, palmeados e babados cada día polos aprendices dos seus admirados "cazaroxos", asasinos e golpistas para o resto, desexan converter este día nun día de carraxe e persecución ideolóxioca, nun día no que reivindicar dereitos e privilexios que tiveron no pasado, a costa de aniquilar os dereitos dos demais cidadáns. Por iso, hoxe quero lembrar que este país é de todos, dos que durmen envoltos na súa bandeira, dos que só vemos as enseñas como distintivos dun territorio, sen que nos cause unha emoción especial a súa contemplación, e mesmo dos que non se identifican con este estado.

Nunca biquei nin bicarei, salvo obriga, ningunha bandeira, nunca chorei ó escoitar ningún himno, non pertenzo a ninguna patria, máis que á da humanidade, e non me porei firme o día da Hispanidade. Logo de cumprir gustosamente as miñas obrigas como Alcalde coa Garda Civil de Fene, celebrarei este día como a meirande parte de españois, aproveitando a ponte para descansar, sen escoitar a patriotas estúpidos que me digan o que teño que facer.

Que tristes e que perigosos os políticos que, como diría Carlos Goñi, "se corren disparando su cañón" ou, neste caso, falando de España. Saúde e liberdade! (engadiría tamén república, pero nos tempos que corren…)

6 comentarios

  1. miguelnr | 12 de Outubro de 2007 - 2:04 am

    Es curioso como incluso la derecha se ha creido tanto que España era suya, que se ha ido apropiando de elementos cuyo origen dista mucho de su cultura política.

    Anécdotas hay muchas. Por ejemplo, el famoso Toro de Osborne, el famoso toro que todos los españolitos veíamos (y aun vemos) de vez en cuando por las autopistas de España cuando viajabamos en coche, y que ahora la derecha más reaccionaria usa como logotipo para ir más allá de la típica bandera constitucional… fue diseñado por un conocido militante comunista, Manolo Prieto.

    http://es.wikipedia.org/wiki/Manolo_Prieto

    Por ejemplo, el ponente de la Comisión encargada de diseñar el actual escudo de España, era socialista, concretamente fue Luis Solana:

    http://www.luissolana.com/

    Ahora que estamos en la celebración del bicentenario de la independencia de América, para lo cual Felipe González ha sido nombrado Embajador plenipotenciario, es bueno recordar que la cultura hispana, que refleja bien la herencia de España en el mundo y en la historia, forma parte de nosotros y es una realidad, que podemos festejar, a lo mejor no llevando una bandera por la calle como propone alguno con videos algo prepotentes, si no leyendo algo de García Márquez, Borges o Miguel Delibes.

  2. Ulmeiro | 12 de Outubro de 2007 - 1:39 pm

    Alcalde. Te das cuenta que el partido PP lo unico que hace es sembrar la diacordia donde esta. Por lo tanto cabrear al personal. Yo por mi edad concibo todo lo referente a esos terroristas. Lo que no acabo de comprender es como Gato se lio con ellos. Mejor para Catalina que asi sera la proxima ALCALDESA de Naron. Me parece bien que cumplas con tus obligaciones institucionales.Tienes pendientes muchas cosas pero tadavia no hubo tiempo. una de las cosas que mas me preocupa es el URBANISMO ORDENADO E COIDADO. Hay que meterle mano a eso. Un saludo Alcalde. ulmeiro.

  3. […] para cumprir como vos lacaios coas instruccións que Rajoy difundía a través do ridículo vídeo no que xogou a ser Xefe do Estado por un día. En Fene, tamén celebramos este […]

  4. […] deputada galega, que vergoña me da, defendendo a necesidade imperiosa de que Rajoy dixese as burradas que dixo no famoso vídeo, chegou a afirmar que dende que en Galicia goberna o PSdeG-PSOE co BNG "la banderá de […]

  5. foucellas | 29 de Outubro de 2007 - 4:43 pm

    entendese entón que nin a tricolor nin o himno de riego che producen sensibilidade ningunha, que magoa! moi bonito ser patriota da humanidade e cidadan do mundo, pero eu ademáis diso sinto a bandeira e o himno galego, producindome unha emoción singular.
    Botei en falta,logo de moitos anos, que o 25 de xullo ondera a bandeira galega soa na casa do concello

  6. Iván | 29 de Outubro de 2007 - 11:18 pm

    Foucellas, en Fene, como establece a lei, ondearán sempre as tres bandeiras, o contrario é patriotismo mal entendido e sectarismo, fágase coa española ou coa galega, tanto me ten. As institucións están para representar a tódolos cidadáns, non só ós que pensan dunha determinada maneira.

Deixa unha resposta