ivanpuentes.com

Un concello plural e democrático versus un concello do PP

Este é o aspecto que tiñan hoxe, día da Hispanidade, o balcón do Concello de Pontedeume (primeira imaxe) e o da Casa do Concello de Fene (segunda fotografía). En Pontedeume, ó máis puro estilo Berlanguista de Villar del Río, o goberno do PP decidiu desplegar unha inmensa bandeira de España, tan longa e ostentosa como o fanatismo español que desprenden estes días os populares, supoño que para cumprir como vos lacaios coas instruccións que Rajoy difundía a través do ridículo vídeo no que xogou a ser Xefe do Estado por un día. En Fene, tamén celebramos este día, pero non precisamos disfrazar o concello.

Poderase dicir que a bandeira de España en Pontedeume non debería molestar a ninguén, moito menos ós que nos sentimos plenamente españois, pero si, a min, e a moita outra xente coa que falaba onte, nos molestou. Non era unha simple bandeira, para iso xa está a do mastro, era unha bandeira e un xesto non casual, transmitían desafío, provocación, partidismo e apropiación dos símbolos e das institucións comúns, algo que non debemos tolerar. O 25 de xullo non había unha bandeira galega no mesmo lugar e todos sabemos que de non estar nas datas que estamos, ese pano non estaría aí; foi unha provocación innecesaria.

Se ademais engado que, segundo varios testigos, quen colocou a esaxerada bandeira de España no Concello de Pontedeume podería ser un coñecido simpatizante e colaborador dunha organización de estrema dereita, a paiasada deixa de ser tal para converterse en algo máis grave. A ver se o ano que ven, pasadas as eleccións xerais, este país está algo máis sereo e respectamos as institucións como o que son, a representación democrática de tódolos cidadáns con independencia da súa ideoloxía.

8 comentarios

  1. elquesequejamas | 14 de Outubro de 2007 - 12:25 am

    ¿Sabes que en el país vasco hay ayuntamientos socialistas donde no ondea la bandera de España?.
    ¿Son tambien ayuntamientos plurales y democráticos?.

    Bien es cierto,que lo que hace el PP en la vila es un gesto de provocación a los nacionalistas,que hacen de la bandera gallega con la estrella comunista,su estandarte.
    A mí ese gesto no me molesta.Tambien ondea la bandera gallega,o no?.

    Lo que sí me hace gracia,es como el Psoe a seis meses de las elecciones,saca a relucir las cuñas publicitarias con “gobierno de España” cuando han gobernado estos tres años con grupos parlamentarios proindependentistas y que irradian odio a todo lo español.

    Puestos a criticar,aquí tenemos café para todos.

  2. Iván | 14 de Outubro de 2007 - 10:36 am

    É certo que en Euskadi hai concellos socialistas nos que non ondea a bandeira de España nin ningunha outra bandeira, nin a Ikurriña, nin a da U.E., algo que apoio e me parece acertado, xa que debido á realidade política e social que se vive en determinados municipios, a súa exibición sería unha permenente fonte de conflictos.

    Ou temos á Policía facendo garda permanentemente diante das bandeiras, cousa que me parecería unha estupidez supina, ou directamente non se poñen. Pensa só no despliegue da Ertzantza que precisa cada ano o Alcalde socialista de San Sebastián para izar as bandeiras no balcón do concello só durante uns minutos do día grande das súas festas.

    O de Pontedeume non é unha provocación ós nacionalistas. Eu non teño nada de nacionalista e sentinme provocado, igual que outra moita xente coa que falei. Basicamente foi unha provocación a todo aquel que non sexa do PP.

    Con respecto ós pactos do PSOE con nacionalistas, só quero lembrar que o PP goberna Canarias co Coalición Canaria, goberna Navarra porque o PSOE llo permite ó renunciar a un pacto con Nafarroa Bai, en concellos de Castela e León con Unión del Pueblo Leonés e cando tivo a oportunidade, gobernou Cantabria co Partido Rexionalista Cántabro, Aragón co Partido Aragonesista e España con CIU e co satánico PNV; por non falar do todo canto independente corrupto hai polos pobos de España adiante. Así que, non fagamos demagoxia con isto.

  3. […] como empezamos a ponte, en Pontedeume. Alí o Goberno Municipal do PP, non satisfeito con forrar a casa do concello coa bandeira de España, decidiu tamén colocar unha xigantesca enseña nacional sobre o Torreón dos […]

  4. miguelnr | 14 de Outubro de 2007 - 8:25 pm

    Realmente, más que criticar a algunos alcaldes socialistas de Euskadi por no poder poner banderas de España, sería lamentar que no lo puedan hacer, por la situación que se vive allí por culpa de unos fascistas que si te expresas dando tu opinión con total respeto, te pueden hasta pegar una paliza en la calle.

    Me refiero a los batasunos claro.

    Sin embargo algunos prefieren atacar a los Alcaldes, cuando lo que había que hacer es apoyarles y darles más protección.

  5. elquesequejamas | 16 de Outubro de 2007 - 3:43 pm

    Entonces si mañana yo y unos amiguetes nos dedicamos a:
    amenazar,romper farolas,insultar…..porque quiero que quiten la bandera de España del ayuntamiento,deduzco que me harán caso?.

    Eso de que mejor no meternos en problemas con la actitud de la abuela protectora no es ninguna solución.
    ¿Para que están entonces las leyes?.

  6. breameir@s sem fronteiras | 16 de Outubro de 2007 - 5:08 pm

    fora a bandeira espanhola do torreom, ou quitamo-la nos!!!

  7. alguén | 22 de Outubro de 2007 - 12:56 am

    alcalde vei sacando o chisqueiro

  8. […] o día da Hispanidade falando dos excesos "rojigualdos" do PP eumés na casa do concello e máis no torreón, xeraron bastante polémica entre os "populares" de […]

Deixa unha resposta