ivanpuentes.com

Unha deputada do PP institucionalmente analfabeta e un torreón colonizado

Nesta fin de semana de bandeiras, probas de españolismo e chorradas á maneira, escoitei en Hora 25 un debate entre Óscar López, deputado do PSOE, e Ana Belén Vázquez, deputada do PP por Ourense, sobre a apropiación política dos símbolos do Estado. A deputada galega, que vergoña me da, defendendo a necesidade imperiosa de que Rajoy dixese as burradas que dixo no famoso vídeo, chegou a afirmar que dende que en Galicia goberna o PSdeG-PSOE co BNG "la bandera de España dejó de ondear en todos los edificios públicos e instituciones de la Xunta de Galicia" e que no conxunto do Estado atopamos "millares de pueblos en los que se está retirando la bandera y se intenta no hablar de España." Sei que parece incrible, pero escoitádea vos mesmos.

E Rematamos case como empezamos a ponte, en Pontedeume. Alí o Goberno Municipal do PP, non satisfeito con forrar a casa do concello coa bandeira de España, decidiu tamén colocar unha xigantesca enseña nacional sobre o Torreón dos Andrade, bandeira que hoxe segue a ondear, tal e como vedes na foto que me achegaron os amigos de Pontedeume na Rede. Así, sobre un edificio público no que o único trapo que se izara ata a data fora o da familia Andrade, símbolo tamén do pobo, ondea con esforzo, debido ás súas esaxeradas dimensións, a bandeira de España soa, sen compañía, facendo realidade, aquí si, nun concello gobernado polo seu partido, aquilo do que se doía a deputada ourensá en Hora 25, que non se respectase a Lei da Bandeira de España e a Lei de Símbolos de Galicia, que obrigan a empregar nos edificios públicos as tres bandeiras, a de España, a de Galicia e da Unión Europea.

Conclusión: a dereita fai o mesmo que critica, pero substituíndo as perversións patrióticas doutros polas propias.

22 comentarios

  1. Cidadán | 14 de October de 2007 - 3:05 pm

    Estoy hasta arriba de las p…banderas.

    Es un juego estúpido, como si el que pusiera antes la bandera o el que pusiera la bandera mas grande sea el propietario de dicha zona y sienta su representatividad con mas orgullo..

    Intentan usurpar el espacio de todos con una mísera bandera, sea cual sea. Ignorantes

    Siéntete como quieras. Español, gallego, republicano, monarquico..pero no ocupes el espacio de todos.

    Política sensacionalista y nada práctica.

  2. Sandra | 14 de October de 2007 - 4:14 pm

    Nestes tempos,en España e nas sùas comunidades as bandeiras desùnen .Son Galega e Española.Incomòdanme os que directa ou indirectamente intentan despreciar òs demais.Un saùdo Ivan

  3. Iván | 14 de October de 2007 - 8:49 pm

    Ola, Sandriña! Alégrome moito de verte por aquí; a ver se pronto nos vemos en persoa. Estou totalmente de acordo contigo, é estúpido pelexar por unha cuestión tan tonta como as bandeiras, é unha loita que só precisan os que non teñen ideas para transformar o mundo, porque teñen que encher o oco intelectual que ocupa a súa cabeza.

    Un millón de bicos ;-)

  4. eva sin hache | 14 de October de 2007 - 8:50 pm

    El tema de las banderas hay que tratarlo en clave electoral. El PSOE sabe que las encuestas no van todo lo bien que para ellos tendrian que ir y por ello todo el equipo de 682 asesores de Moncloa, 132 mas de los que tuvo Aznar, y que cuestan a los españoles 28 millones de Euros, estan ajustando su maquinaria y trasladandole al Presidente que hay muchos españoles que quieren que los simbolos de la Nacion, Estado, Patria o como quiera llamarle cada uno, deben ser respetados y por eso acuden ahora a “salvar a la bandera y al Rey”. A mi no me ofende, ni me provoca la bandera, las ofensas y las provocaciones las hacen las personas. No olvidemos que el propio partido socialista se hace llamar obrero ESPAÑOL, el BNG utiliza la bandera de Galicia con una estrella roja como icono de su objetivo, y nadie los ha tachado de apropiarse de nada, por tanto lecciones ninguna y mucho menos el PSOE quien en la reciente democracia sus gobiernos han protagonizado espectaculos propios de regimenes dictatoriales, que igual muchos no conocen o los han olvidado, ¿recordais a VERA, BARRIONUEVO, ROLDAN, CORCUERA, PAESA, AMEDO, DOMINGUEZ y asi un largo etc?, pues curiosamente todos tenian el mismo “apellido ” PSOE,y esto sucedió en la decada de los 80, no fue ni en la guerra civil ni en la epoca franquista, por tanto serenidad y respeto, y el que no se sienta español, pues no pasa nada, el que no quiera mirar para la bandera, pues que no mire, pero en tanto la Constitucion sea la que es y los poderes del Estado, El Ejecutivo, el Legislativo, y el Judicial no digan otra cosa, toca lo que hay, y lo que hya puede ser mejorado pero no olvidemos que es un perido largo en la historia de España que tiene que ser referente para segtuir avanzando. Por ultimo, decir que esta muy bien la discrecion de las banderas en Fene, pero no estaria de mas que en el salon de plenos se colocara el retrato del Rey como es preceptivo. Un saludo.

  5. Iván | 14 de October de 2007 - 10:56 pm

    Por partes, Eva:

    - “A mi no me ofende, ni me provoca la bandera, las ofensas y las provocaciones las hacen las personas”. Coincidimos; a min o que me ofende é o uso que fai dela o Partido Popular.

    - “BNG utiliza la bandera de Galicia con una estrella roja como icono de su objetivo, y nadie los ha tachado de apropiarse de nada”. Claro, porque a bandeira que usan non é a oficial de Galicia. Sen comparalas, porque non son comparables en nada, cando moitos militantes e simpatizantes locen con fachenda a siniestra bandeira franquista, coa águia negra, tampouco ninguén acusa ó PP de apropiarse de nada; alá eles, o triste é que non lles dea vergoña.

    Algo moi distinto é que a bandeira constitucionalmente aprobada sexa usada por un partido para agredir politicamente ás demais ideoloxías, que, ademais, hai 30 anos souberon, con toneladas inmensas de esforzo, renunciar á última bandeira democrática que tivo este país, a tricolor da II República, e aceptar como súa a bandeira herdada do réxime franquista; eliminando o paxaro, iso si.

    - “¿recordais a VERA, BARRIONUEVO, ROLDAN, CORCUERA, PAESA, AMEDO, DOMINGUEZ y asi un largo etc?”. Condeno todo o malo feito por eles, que se reduce a unha lexislatura e pico. Fronte a iso aí está a honra e a grandeza dun partido que leva 130 anos traballando pola liberdade e a igualdade en España. O triste é que o PP siga albergando nas súas filas a asasinos franquistas e que hoxe, ano 2007, siga sendo incapaz de condenar unha dictadura sangrienta como a de Franco. Non me chegarían os caracteres desta páxina para escribir os seus nomes. Isto é o grave, porque jetas e aproveitados dun período concreto, atopámolos en tódolos gobernos.

    - “no estaria de mas que en el salon de plenos se colocara el retrato del Rey como es preceptivo”. Eu son republicano, pero cumplo e respecto a lei. O retrato de Rei está colocado en diversas dependencias do Concello, máis non no salón de plenos por unha cuestión simple, a única parede que non está ocupada por ventás, a da presidencia, está ocupada na súa totalidade por unha obra de arte feita na propia parede, non desmontable, que homenaxea ós concelleiros feneses asasinados polo réxime franquista (igual é isto o que molesta) e que supoño que non pretenderás que destrúamos para poñer unha foto de D. Juan Carlos, xa presente, como dicía, noutras dependencias da Casa do Concello.

    Saúde e reflexión ;-)

  6. Delfín | 15 de October de 2007 - 2:13 am

    Estou un pouco mal de memoria, se me confundo correxídeme:
    Isabel Tocino: rotura das balsas de Aznalcollar
    Alvarez Cascos: e os afundimentos do AVE.
    Mariano Rajoy: hilillos de plastilina en estiramiento vertical do Prestige
    Federico Trillo: Caso Yakovlev-42
    Diz Guedes: Enterramento masivo de cadáveres de vacún en Mesía.
    A ministra que nos combidaba a non usar osiños para o caldo (sintoo, non lembro o seu nome).
    e máis e máis….
    A grandeza do PSOE é que as persoas que estaban exercendo baixo a súas siglas e que incurriron ou incorren en ilegalidades pasan pola xusticia e pagan si é o caso. En troques no PP ……coméntase por sí solo.

  7. Un mais | 15 de October de 2007 - 9:27 am

    Moi ven Ivan con un par.
    Cada ves me gusta mais a tua maneira de contestar a certas, chamemoslle “burradas”

  8. Xerelo | 15 de October de 2007 - 10:17 am

    A repentina obsesión do PP polos símbolos patrios non fai máis que pór en evidencia unha política baseada na confrontación e carente de sentidiño, que os leva a quedar co cu o aire en demasiadas ocasións.

    http://www.lavozdegalicia.es/galicia/2007/10/13/0003_6224015.htm
    Visto en Chuza

  9. Perejil | 15 de October de 2007 - 12:47 pm

    Non vou a entrar en discusións das que non son partidario posto que como ben dis nunha resposta anterior a bandeira do bloque non é a oficial de Galicia, entón hai unha cousa que non entendo ¿por qué a do torreón si que é a oficial de España?. Que eu saiba tratábase dun pano con tres cores que non tiña escudo algún, polo tanto ¿é oficial?, eu creo que non, polo que somentes podería molestar dende onde se mire.
    Ah si mirabas dende o peirao non se vía.
    Unha aperta, vémonos.

  10. Manuel | 15 de October de 2007 - 2:13 pm

    Constitución Española del 27 de diciembre de 1978.
    Título Preliminar
    4. 1. La bandera de España esta formada por tres franjas horizontales, roja, amarilla y roja, siendo la amarilla de doble anchura que cada una de las rojas.

    2. Los Estatutos podrán reconocer banderas y enseñas propias de las Comunidades Autónomas. Estas se utilizaran junto a la bandera de España en sus edificios públicos y en sus actos oficiales.

    Perejil segundo a constitución a bandeira é un pano con dúas cores sen necesidade de escudo ningún

  11. eva sin hache | 15 de October de 2007 - 3:32 pm

    Solo unos apuentes a tu respuesta Ivan:
    Dices que la bandera es heredada de la epoca franquista, creo recordar, perdon si estoy equivocada, que los colores de la bandera fue una decision de un tal Carlos III alla por el año 1785, y sobre “o paxaro” tambien creo recordar que figura ese escudo en el preambulo de la actual Constitucuión. Sobre los GAL, te limitas a decir que condenas todo lo malo hecho por ellos, en referencia a los Vera, Barrionuevo etc., sin citar para nada al partido que los arropó y que consintió bien por accion o por omision los asesinatos, asesinatos que fueron muchos y sin ningun tipo de juicio ni defensa, es mas pareces quitarle importancia porque se limita a una legislatura y poco mas, ¿pero que es,un problema de tiempo o de asesinatos? Es que acaso valen mas esos 130 años de grandeza del partido que la vida de no pocos ciudadanos idefenos e inocentes en plena democracia.
    A fecha de hoy no conozco ningun manifiesto socialista de condena expresa a los años de gobierno de Felipe Gonzalez en los que se sucedieron los asesinatos. Dices tambien que el PP alberga en sus filas a asesinos, espero que los cites para que podamos saber que hacer si eso es cierto a la hora de emitir el voto, de lo contrario estaras tirando la piedra y escondiendo la mano. Por ultimo en referencia al retraro del Rey, una pregunta ¿obliga a Ley a que en en salon de plenos esten presentes las banderas y el retratro del Rey?, si la respuesta es NO pues no pasa nada, pero si es SI, a cumplirla y respetarla como dices que lo haces, pues el hecho de que este en otras dependencias municipales no justifica su ausencia donde asi lo determinen las leyes. Saludos

  12. Enrique | 15 de October de 2007 - 4:45 pm

    Tuve la oportunidad de ver a Ana Belén Vázquez en una intervención ridícula con una pregunta al ministro de Justicia, criticando justamente eso, una supuesta retirada de las banderas en los lugares públicos gallegos, por eso es toda una muestra de buen quehacer parlamentario la respuesta del Ministro que a continuación reproduzco:

    “Señor presidente, señoría, cómo le agradezco que por fin me haya aclarado de qué iba la cosa. Hablar de la regulación del uso de la bandera ya implica un punto de partida un poco erróneo. Aquí hay regulación del uso de las banderas. El artículo 4 de la Constitución, como usted debiera saber y veo que no sabe, se refiere a las banderas, a todas las banderas que representan al Estado en este país. El Tribunal Constitucional, interpretando
    ese precepto y la Ley de Banderas del año 1981, dejó ya muy claro lo que le estoy diciendo: existe un
    conjunto de banderas y todos nos sentimos identificados
    con ellas. Hay gente que no; hay de todo. Este es un país
    suficientemente complejo. ¿Sabe lo que opino? Que
    cuando no se tiene otra cosa que llevarse a la boca seguramente retoma uno un tema que en este país tiene la
    dimensión que tiene y que en los países que ha mencionado
    tiene otra dimensión. Usted habla de sitios donde no rige el Estado de derecho; aquí sí rige, y aquí dilucidamos las cuestiones de otra manera. Cuando nosotros hemos estado en la oposición, hemos procurado
    que los temas de esta naturaleza se lleven por una línea
    recta y hemos apoyado siempre al Gobierno en una cuestión que también fue un problema para ustedes cuando gobernaron. La diferencia es que nosotros éramos una oposición responsable y ustedes, no.”

    Saludos Ivan

  13. Iván | 15 de October de 2007 - 5:16 pm

    Eva, esta discusión está chegando a uns límites un tanto absurdos. Só quero chamar a atención sobre algo que comentas dos Gal.

    Vaia por diante que para min valen igual tódalas vidas, que o Estado non é dono da de ninguén e que todo o mundo ten dereito ó perdón e á reinserción, por iso estou en contra da pena de morte. Unha cousa é isto e outra loubar publicamente a quen non o merece.

    A túa paixón antisocialista lévate a falar das víctimas dos GAL como “ciudadanos indefenos e inocentes en plena democracia”; por se non te acordas, lémbroche que, salvo Segundo Marey, estamos a falar de militantes de ETA, terroristas e asasinos. Condeo o seu asasinato, pero creo que non mides ben os teus calificativos.

    Con respecto ó dichoso retrato do Rei, vaia problema! reitéroche o dito, Juan Carlos xa loce flamante en varias zonas do Concello e eu dende logo non vou destrozar unha valiosa obra de arte que honra a veciños e veciñas de Fene para colgar unha foto máis do Rei no concello. Para ti igual vale máis unha foto do Xefe do Estado mil veces reproducida e nunca actualizada que a arte ou os cartos públicos cos que se adquiriu a obra en cuestión, pero para min non, por iso pensamos diferente noutras moitas cousas.

  14. Un mais | 15 de October de 2007 - 8:14 pm

    “estamos a falar de militantes de ETA, terroristas e asasinos”
    Di que si Ivan, e di tamen que coa boca pequena, as caladiñas, algunhos “señores do PP, ben que chuzaban por detras para que os do PSOE seguiran por ese camiño.(¿E agora que pasou o tempo teño pa min que non seria adrede, para sacar o Felipe do poder.?)
    Non foi o señor Fraga, arremedando un xeneral americano, que dixo que o “mellor terrorista era o terrorista morto”.
    Si estou errado agardo que me perdonen.

  15. el_angel_negro | 15 de October de 2007 - 9:49 pm

    ….para mi la bandera es el símbolo que representa a un reino, pais, estado y por ello a sus gentes.Jamás se me ocurrio faltarle al respecto,tendría que perder mi cordura o algo asi para hacer tal cosa,ni a la mía ni a la de cualquier pais,son símbolos que merecen un gran respecto..
    Y en cuanto a su Majestad EL REY, pudo haberse quedado quieto y calladito aquél día que entráron en las Cortes tantos guardias civiles al mando de Tejero, y todos-as nosotros estariamos expresandonos por señas…..
    Vivimos en un Reino de Reinos, muy divididos pero,en ciertos aspectos no lo estamos tanto como quieren hacernos creer…

  16. asdf | 16 de October de 2007 - 1:00 am

    Don Iván. E a bandeiriña de Paco Vázquez? Sí, ese que era secretario xeral do teu partido cando comezaches a rezumar “socialimo”…

  17. Iván | 16 de October de 2007 - 10:30 am

    Nunca me distinguín por ser un fiel seguidor de Paco Vázquez, asdf. Admiro, como a maioría de coruñeses, a súa extraordinaria xestión dende a Alcaldía da Coruña, pero certas accións, como a da bandeira no Orzán, a tontada da “L” ou o seu posicionamento con respecto á Igrexa, nunca os compartín.

    Como sabes, hoxe, grazas ó bo facer de Javier Losada, eses problemas xa non son tal. Retiroulle a escolta policial á bandeira de España e puxo ó seu lado unha idéntica de Galicia. Hoxe o problema da bandeira na Coruña non existe.

    Saúdos ;-)

  18. Manuel | 16 de October de 2007 - 10:44 am

    El_angel_negro la bandera no solo representa a un reino, pais, estado y por ello a sus gentes tambien representa un sistema y por ejemplo la española representa la unidad,la monarquía y por lo tanto muchos nacionalistas y republicanos no se sienten a gusto con ella.
    Y en cuanto al Rey,ese mismo dia Suarez tampoco se quedó quieto y mas lo jubilaron igual, de eso hace 26 años y la jefatura del estado hay que ganársela día a día y no ser un pago a los servicios prestados porque sino habria que esperar otro golpe para que se afiance el principe

  19. Breo | 16 de October de 2007 - 2:31 pm

    Ola a todos.
    Eu o que vexo mal é a actitude do PP de querer crispar con trapalladas. Leva facéndoo dende que comezou a lexislatura. E lembro algunhas: relación 11-M e ETA, negociación con ETA, De Juana Chaos, negociación de Navarra, agora as bandeiras… e todo iso quédase en nada, iso sí durante unhas semanas non se fai máis que falar diso.

    Home, o peor diso é cando te decatas de que todo o que critican xa o fixeron eles antes: eles tamén negociaron con ETA, cando “perderon” as eleccións en Navarra tiveron que recoñecer que realmente non se negociara con ela (para poder pactar con do PSdeN), “liberaron” a máis presos de ETA que nas demais lexislaturas xuntas, critican aos nacionalistas bascos, cataláns e galegos pero non din nada do nacionalismo español.

    Outra cousa, segundo a lei de partidos hai que ilegalizar aos partidos que non condeen ao terrorismo, pero iso non debe de ter que ver co franquismo, non? ETA foi peor que un réxime dictatorial.

    Non sei quen falaba de asasinos no PP… Lembro que Fraga mandou entrar nunha igrexa de Vitoria onde morreron 7 persoas e logo dixo a súa frase de “La calle es mía”; tamén coido que existe unha sinatura súa nunhas condeas a morte nos anos 70… pero claro él non apretou o gatillo, non?

  20. breameir@s sem fronteiras | 16 de October de 2007 - 5:04 pm

    fora a bandeira espanhola do torreom, ou quitamo-la nos!!!

  21. Un socialista de verdad | 18 de October de 2007 - 8:49 pm

    Boas tardes:
    “O triste é que o PP siga albergando nas súas filas a asasinos franquistas e que hoxe, ano 2007…” Son unha votante indecisa. Poderíasme dicir quen son os asasinos franquistas das filas do partido popular?
    Esto podería supor un voto castigo
    moitas grazas

  22. […] falando dos excesos "rojigualdos" do PP eumés na casa do concello e máis no torreón, xeraron bastante polémica entre os "populares" de Pontedeume, tanto que no seu […]

Deixa unha resposta