ivanpuentes.com

Borra a Franco do mapa!

Da historia non o imos, nin debemos, borrar, pero si que temos que limpar, por decencia e xustiza, os nosos pobos de todo tipo de exaltación fascista. Neste senso, a nova Lei de Memoria Histórica obriga a institucións e particulares a retirar toda a simboloxía franquista do seu entorno.

Para axudar nesta tarefa de limpeza, o xornal Público creou na súa web unha sección titulada "Limpia tu ciudad de símbolos franquistas", na que os lectores podemos enviar fotos de tódolos recordos da dictadura que haxa nos nosos pobos e, así, ir configurando un mapa coa súa localización.

Esta que vedes na imaxe é a cruz de homenaxe ós caídos por España que se construiu en Fene en 1953. Baixo a cruz aparece o xugo e as frechas da Falanxe e no corpo inferior, o escudo de España co paxarraco negro. Logo de que se teñan retirado tódolos símbolos dos edificios oficiais e se teña variado o nome dalgunhas rúas, esta cruz é o único monumento franquista (interpretando a palabra monumento nun senso moi amplo) que sobrevive no noso concello.

Está no adro da Igrexa Parroquial do Divino Salvador de Fene, propiedade do Arcebispado de Santiago, razón pola que se mantivo en pé ata agora. Supoño que a Lei de Memoria Histórica convertirá de novo este lugar sagrado no que nunca debeu deixar de ser, un lugar de encontro de tódolos veciños crentes, con independencia da súa ideoloxía. Se o pensamos ben, é aberrante que o entorno dunha igrexa serva para facer apoloxía dun réxime tirano e asasino como o Franquista.

13 comentarios

  1. Manuel | 18 de October de 2007 - 1:37 pm

    Ivan me temo que la ley no obliga a entidades privadas a retirar nada, lo unico que hace es dar la posibilidad de negar subenciones y ayudas a los propietarios que no accedan a su retirada y aunque nadie valla a misa es muy impopular enferntarse con la iglesia

  2. miguelnunezrios | 22 de October de 2007 - 3:31 am

    Existen dos posiciones mas o menos mayoritarias; las de los demócratas que creen que debe preservarse esa simbologia y nombres de calles como parte de nuestra historia, y de los demócratas que creen que deben eliminarse, para glosar publicamente otros valores y convicciones.

    El problema real es cuando uno de esos dos sectores acusa al otro de cosas que no vienen a cuento… lo demas, es todo normal, asi que nadie deberia dormir intranquilo porque este tipo de cosas se retiren de la via publica.

  3. Nano | 27 de October de 2007 - 9:23 am

    Esa cruz solo es de recuerdo a los muchos asesinados por la barbarie marxista de los socialistas y comunistas durante la Guerra Civil y es un honor mantenerla en pie por su recuerdo. El pueblo de Fene está orgulloso de su presencia y no tienen que venir “salvadores” a reinventarse la historia. Mas trebajar y menos demagogia

  4. ESe | 27 de October de 2007 - 10:58 am

    Eterno debate.
    Eu considérome un militante de esquerdas, pero creo que esta nova Lei é palla.
    A simboloxía do réxime franquista xa é historia polo que creo que non debemos darlle mais importancia. Vexo unha trapallada que se teñan que gastar os cartos en quitar todos os nomes das calles, escudos dos edificios e demais cando hai temas moito mais importantes que tratar.
    Teñamos un pouco de sentido, aprendamos da historia e non deixemos que as cousas aborrecibles desta se volvan a repetir.

  5. eu | 27 de October de 2007 - 8:25 pm

    Maís traballar e menos caralladas,aranxade as rúas e mirade un pouco por Fene e o seu entorno e deixade de facer o paleto.
    Se vos poñedes a quitar tódolos símbolos da època franquista-republicana,porque non olvidemos que na guerra civil lamentablemente pelexaban os dous bandos,ou os republicanos botaban pétalos de rosas polas escopetas e colonia polo cú?Deixémonos de parvadas e se se quitan os símbolos quítense todos,non so os que interesa…

  6. Iván | 28 de October de 2007 - 1:54 am

    Só lembro unha cousa obvia e obxectiva, os republicanos defenderon a lexitimidade dun réxime democrático elixido democraticamente polos cidadáns en eleccións libres. Os franquistas deron un golpe de estado contra ese réxime democrático e durante 40 anos anularon toda liberdade dos cidadáns.

    Por iso non é lóxico, nin xusto, nin veraz poñer a uns e outros no mesmo plano nin exaltar publicamente o labor de quenes asasinaron e reprimiron ;-)

  7. Angela | 29 de October de 2007 - 1:03 am

    Borra al payaso del mapa!!! Ya puestos a borrar,el monumento al payaso, me parece mucho más antiestetico y molesto que la cruz…..

  8. eu | 29 de October de 2007 - 1:44 am

    Manda carallo este Ivan vainos dar ahora leccións de democracia cando naqueles tempos ainda estaba chupando o biberón…mal vamos se ves coa intención de darte pompa de salvador dos feneses e reinventar a historia a tua maneira.En fin,imaxínome que eso é o que facedes no pachamama e mais bares de tertulia aos que vades en lugar de tarballar,falar de tonterias que non arranxan os problemas reias so noso pobo e do ben que se vive cos cartiños que vos pagan por non facer NADA.

    A política cheira a podrido en España,en Galicia e como non,Fenen non podía ser menos…en fin,súbete o sueldo como o teu colega Irisarri en Ferrol e asi con esos cartiños de mais podes tirar cruces e levantar monumentos o payaso,o día do orgullo gay e a todas esas cousas que tanto nos fan falta os feneses.

    Veña a seguir así,que mentras teñas a conciencia tranquila co que estás a facer todos felices.

  9. Iván | 29 de October de 2007 - 12:27 pm

    O primeiro día que me atopedes de cháchara nun bar en horario de concello, invítovos a tomar todo o que queirades, porque o que dicides é simplemente falso.

    Que terán que ver a memoria histórica, os gays, os salarios e todo o que dicides?

    Creo que a política local se ten que ocupar do asfalto, de rozar silveiras (para o que xa conseguimos 100 millóns de pesetas da Deputación) pero tamén de crear emprego (acabamos de logar a amplicaión do Polígono industrial) do ensino (puxemos xa en marcha a ampliación do Instituto, rematamos a primeira Galescola e xa comprometemos coa Xunta a segunda) do tráfico (xa conseguimos o compromiso da deputación para suprimir o cruce do Rego da Moa e facer beirarrúas do IES á N-651) da seguridade (estamos traballando para crear o turno de noite da Policía Municipal) da cultura (saldamos a débeda de 70.000 euros que o concello tiña coas entidades polo organización de actividades deste tipo) e de moitas máis cuestións nas que estamos traballando.

    Para a dereita a política local consiste en tapar baches e caciquear coas obras e o persoal, para a esquerda é un foro máis, complementario das demais administracións, a través do que se debe estender e fomentar a liberadade, a igualdade e a solidariedade entre tódolos cidadáns. É un ámbito político, tan importante como o estatal ou o autonómico, dende o que se contribúe a construír a sociedade do noso país; aí encaixan iniciativas e comentarios como os deste post.

    Outra cousa é que alguén prefira non recordar. Saúdos ;-)

  10. Un mais | 29 de October de 2007 - 3:33 pm

    Coido eu que vin nacer esa cruz que deberiades de deixala, para que a algun lle caera a cara de vergonza, cada vez que pasara por ali, o vela cando lle viñeran as ideas fascistas.
    Que ainda quedan

  11. Manuel | 3 de November de 2007 - 1:36 pm

    El proyecto de Ley de la Memoria Histórica salió del Congreso para continuar su tramitación en el Senado con una redacción casi idéntica a la aprobada en la comisión constitucional. Solo se aprobó una enmienda de Convergencia i Unió (CiU), que exime de la retirada de los símbolos franquistas en templos de la Iglesia por razones «artístico religiosas».
    como te decia en mi primer comentario.- con la iglesia hemos topado

  12. Luis | 5 de November de 2007 - 3:15 am

    A pregunta é: ¿ Se ouvera internet, no ano 51, cando se montou a cruz, poderiamos escribir nun sitio coma este o que nos parecía, para que o soupese o alcalde.

  13. Meren | 6 de December de 2007 - 1:20 pm

    Eu penso…Dende cando o franquismo e a igrexa están separados?
    Fai un tempo leín un libro “Maestros da República”, o que queira que o lea e despois falamos. Naqueles tempos non interesaba a cultura nin á igrexa nin ó franquismo.
    Penso que non hai que esquecer, e non esqueceremos ainda que quiten todo-los símbolos.
    Mentras ti teñas a tua conciencia tranquila o teu traballo é válido. Ata logo.

Deixa unha resposta