ivanpuentes.com

Paco Vázquez e Fidel Castro

Sempre pensei que estes dous nomes tiñan moi pouco que ver, por iso me chamou especialmente a atención a fotografía que me enviou o meu amigo Jose dende A Habana. Alí, no Hotel Nacional, existe un recuncho chamado "Hall of Fame" (vestíbulo da fama) no que se van engandindo fotografías dos personaxes máis famosos que cada ano pasan polo establecemento. En 2003, ó lado de Michael Mann, aparece Paco Vázquez, xenio e figura ata en terras castristas.

17 comentarios

  1. Enrique | 8 de Novembro de 2007 - 12:47 pm

    Ben, moi ben.

    Ademais deixame decir que está tamben Ana Gabriela Guevara, unha gran corredora mexicana (a unica que puxo o nome de Mexico en grande), e o mais interesante e Ramsy Clark. Este home e impresionante, tal vez che poide interesar a sua biografía. Foi o Fiscal Xeral nos Estados Unidos e quedou tan asqueado co sistema de impaticion de xustiza alí, que dedica a sua vida a denuncialo. Todo un exemplo da xente fiel os seus ideais no corazon do Imperio.

    Una aperta Ivan

  2. Manuel | 8 de Novembro de 2007 - 2:03 pm

    Industria concede el último permiso a la planta de gas y valida su legalidad
    Reganosa recibió ayer el acta que le permite operar tras superar más de seis años de trámites administrativos

    http://www.lavozdegalicia.es/dinero/2007/11/08/0003_6298640.htm

  3. Ulmeiro | 8 de Novembro de 2007 - 4:23 pm

    REGANOSA VIENE ACTUANDO EN PERIODO DE PRUEBAS DESDE MAYO PASADO.AHORA POR TENER LA LICENCIA DEL MINISTERIO DE INDUSTRIA.DEJA DE PONER EN RIESGO LA VIDA DE TODOS LOS QUE VIVIMOS EN LA RIA DE FERROL.MIENTRAS NO CUMPLA CON LA LEY SEVESO II TRANSPUESTA AL REAL DECRETO 1254-99.EL RAMINP Y LA NORMA-1532 Y LA JUDICATURA NO SE PRONUNCIE.REGANOSA ES ILEGAL. UN SALUDO ULMEIRO.

  4. miguelnunezrios | 11 de Novembro de 2007 - 3:04 am

    Otra imagen mítica fue la de Paco recorriendo la quina avenida de Nueva York, junto a Giuliani.

    Un crack el hombre.

  5. miguelnunezrios | 11 de Novembro de 2007 - 3:05 am

    Fe de erratas: *quina no, quinta, que no le tengo “quina” a la ciudad… que tengo ganas de visitarla por cierto.

  6. Mando | 13 de Novembro de 2007 - 9:56 pm

    Outra imaxen mítica foi a de Paco Vazquez cando traía as ordes de gobernación civil de reincorporación ó seu posto dos traballadores de Astano cando estabamos en folga, en un prazo determiñado, e si non peche patronal ou actuaban os grises. Era inspector de traballo o Sñr. Paco.
    E un home moi polifacético: no franquismo era do régimen, logo socialista, íntimo de Fraga e defensor ocasional do PP, republicano, embaixador na santa sede,….

  7. Alfonso | 14 de Novembro de 2007 - 2:20 pm

    Boas!
    Xa sei que esto non é para o que eu o vou utilizar, pero agradeceríalle a calquera lector desta bitácora, ou ó propio protagonista se me puidese axudar.
    Por motivos de traballo, as próximas semanas tereinas que pasar recorrendo todo o concello de Fene, no que nunca estiven. Estiven buscando un rueiro das distintas zonas urbás e un mapa das zonas rurais e non atopei nada.
    Alguén sabe onde podo atopalos?
    Moitas gracias.
    Alfonso.

  8. Dario | 15 de Novembro de 2007 - 12:44 am

    Alfonso no concelho se os pides daranchos sem problemas. Eu cando tivem que facer um trabalho para a U.S.C. pedinos na casa do concelho e me deram uns rueiros de cada parroquia.Eram moi recentes pq se fijeram cando foi o cambio de nomes das rúas.
    Suponho q se pasas por ali teram algum,aínda esa era a epoca d “desgoverno” do BNG (jejejeje)

  9. Alfonso | 15 de Novembro de 2007 - 2:02 pm

    Eu estiven a buscar na rede e non atopei nada, pero acercareime ó concello entón.
    Moitas gracias Dario.

  10. Manuel | 15 de Novembro de 2007 - 8:54 pm
  11. danielxuv | 15 de Novembro de 2007 - 10:01 pm

    Alfonso,

    Na páxina web http://www.fenecidadan.net,FENE DESCÚBREO, sección AS NOSAS PARROQUIAS en cada unha das parroquias tes o seu correspondente ruerio. Por exemplo, http://www.fenecidadan.net/mapa.php?txt=arbore_web59&lg=gal

  12. Alfonso | 16 de Novembro de 2007 - 3:40 pm

    Tanto Google maps como outras webs semellantes están moi ben, pero o problema de internet é que non o podes levar a todas partes.
    Eu son comercial e teño que facer varias visitas ó día. Normalmente, antes de saír doulle un vistazo en internet antes de saír da casa, pero unha vez no coche e cando xa levas varias visitas feitas xa non te lembras onde está cada rua ou cada aldea, por eso é moi últi un mapa en papel.
    As webs de mapas están todas moi completas e clariñas, pero dan problemas cos tamaños á hora de imprimilas.
    Os xornais electrónicos son do mellorciño, pero se estás no medio do monte, sen internet e queres saber as últimas novas… mellor un xoral en papel.
    Outra boa idea son os GPS, pero o que teño eu é moi incompleto.
    De tódolos xeitos grazas a todos, aínda que creo que solicitarei un no concello.
    Un saúdo.

  13. Pepito Grillo | 16 de Novembro de 2007 - 8:06 pm

    Buenas tardes:

    Como es sabido,se ha presentado el plan estrategico de navantia.
    Espero que tu,como alcalde de Fene,y dada la vital importancia que tuvo Astano en la comunidad,nos expliques,o disimules(como prefieras) la situación en la que va a quedar Astano.
    Hay que dar la cara en las cuestiones importantes(no como “la isla del quesito”,y decir la cruda realidad.

    Si en el programa electoral ya quedaron bastante difusas las iniciativas respecto al astillero,(solo eran bonitas palabras),espero que no continues haciendo como si Astano no existiese y fuese de otro ayuntamiento.

    Por lo menos rivera Arnoso protestaba,pero ahora tu con los con “gobiernos amigos”,que tengas que optar por el no molestar para que no te desautoricen….

    Espero que si continuas con esa politica de no mojarte, y expresar siempre una opinión que casualmente coincide con gente que desconoce el problema QUE SEGUIMOS TENIENDO en Fene, que continues haciendo como si Astano y sus instalaciones no existiesen,los electores castiguen ese comportamiento en las urnas.

  14. Ulmeiro | 17 de Novembro de 2007 - 2:16 pm

    ASTANO NUNCA SE DEBIO FUNDAR, QUE SABE LA MAYORIA DE LA GENTE COMO SE FUNDO ASTANO EN EL AÑO 1942.HUBO BASTANTE GENTE EN EL EXTRANJERO CON EL CONSENTIMIENTO DE LA DICTADURA FRANQUISTA HASTA QUE LA SITUCION ESTUVIERA CLARA.,QUITANDO EL AÑO 69 HASTA EL 73 FUE UN CHORRO DE DINERO PARA ALGUNOS. YO CREO QUE A ALGUNOS LOS INVADE LA NOSTALGIA Y ECHAN DE MENOS AL CACIQUE DE DON PEDRO BARRIE Y LOS FAVORES HAY QUE PAGARLOS. - PORQUE SE HICIERON TANTAS PRESAS HIDRAULICAS EN GALICIA Y TODAS PROPIEDAD DE D.PEDRO. UN SALUDO ULMEIRO.

  15. Iván | 18 de Novembro de 2007 - 6:43 pm

    Alfonso, no concello facilatarémosche copia dos rueiros que precises de Fene. Podes pasar a recollelas pola Alcaldía ou polo edificio anexo ó Concello, onde están as concellerías de Deportes, Cultura e Igualdade.

    Espero que estes días de traballo en Fene che sirvan tamén para coñecer o noso concello. Saúdos ;-)

  16. Iván | 18 de Novembro de 2007 - 6:57 pm

    Pepito Grillo, non vou facer deste blog un espazo monotemático de ASTANO, porque ese é precisamente o problema que Fene tivo nos últimos 30 anos e parece que algúns seguen erre erre na mesma teima, sen ser capaces de mirar adiante.

    Creo que a miña opoinión sobre o estaleiro está de sobra expresada no programa electoral e en decenas de post e comentarios deste blog. Se escribes ASTANO ou Navantia no menú “buscar” desta web, poderás ler suficiente opinión sobre o tema sen que cha teña que volver a reescribir.

    Sobre o Plan Estratéxico de Navantia o que creo é que é un novo compromiso do Goberno de España con Fene e coa única solución realista para o noso estaleiro: consolidalo dentro do sector público e facelo competitivo dentro da crúa realidade do sector en España e en todo o mundo occidental.

    En fin, eu sigo pensando o mesmo: hai que manter o que hai, pero tendo claro que chegou o momento de que miremos para adiante e de que pasemos páxina, é dicir, de que diversifiquemos, de que creemos outras industrias diferentes, con máis fututo, nas que Fene pode ser máis competitivo.

    Eu prefiro iso, por iso fun solicitar ó Ministerio da Vivenda que nos dupliquen a superficie do Polígono de Vilar do Colo e por iso loitarei para que nos terreos ociosos do estaleiro se desenvolvan outras iniciativas empresariais. É o que lle prometín ós veciños en campaña e, polo tanto, é o que vou facer. Pensar no futuro e en diversificar a industria de Fene; no pasado, en lamentos, reproches e en heroicas loitas xa hai demasiados que pensen por min. Cédolles todo ese espazo de pensamento e tódalas horas desperdiciadas que adiquen a recuperalo.

  17. Alfonso | 21 de Novembro de 2007 - 7:01 pm

    Moi amables todos pola información!
    En breve estarei por aí.
    Saudos.

Deixa unha resposta