ivanpuentes.com

Novos tempos na FEGAMP

Levo todo o día en Santiago, na VII Asemblea Xeral da Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) Comecei o día con sorpresa agradable, presidindo a Asemblea co Alcalde de Vilar de Barrio, somos o alcalde máis novo e máis veterano de Galicia; el do PP, un home de Baltar, como puiden comprobar polo agarimoso saúdo que lle brindou ó entrar na sala, e eu do PSdeG. Temos pouco que ver política e xeracionalmente, pero creo que é un home entrañable, un bo tipo, non obstante, aínda rimos e nos axudamos unhas cantas veces.

Agora estou na planta superior do Pazo de Congresos. Estamos reunidos tódolos alcaldes socialistas, comentando as últimas novidades sobre candidaturas, os últimos retoques ás enmendas que debateremos nas comisións encargadas de elaborar o documento político, decidindo os nomes dos compañeiros e compañeiras que nos representarán na dirección da FEGAMP…

Á marxe da crispación, pouco entendible para min, que está sementando o BNG ó longo de toda a xornada, de non ocorrer nada raro, o PSdeG, hoxe con maioría absoluta na Asemblea, dirixirá a nova FEGAMP, marcando un novo episodio histórico no cambio político que está a vivir Galicia dende hai uns anos.    

6 comentarios

  1. Ángela | 22 de November de 2007 - 7:18 pm

    Buenas tardes:
    Me parece interesante todo lo que cuenta en su blog, creo que hace que su persona sea mucho más cercana que la de cualquier Alcalde de la zona.
    El motivo de que le escriba aquí es porque no he podido encontrar en internet una dirección de correo electrónico suya de carácter personal y quizás ésta sea la única manera de contactar con usted puesto que he llamado al Ayuntamiento y ya me han informado de que estaba en esta reunión.
    Mi nombre es Ángela Antón, soy habitante de Fene y curso actualmente la Licenciatura de Publicidad y RRPP en la Universidad de Pontevedra.
    El motivo por el que me pongo en contacto con usted se debe a que en el día de ayer me han encargado en la asigantura de Técnicas de Publicidad Institucional la realización de un trabajo que debe versar sobre los recursos electorales que se interpusieron en la provincia de La Coruña durante las pasadas elecciones municipales: principalmente en las ciudades de Santiago, Coruña, Ferrol y Fene. Me está resultando tremendamente complicado obtener la información acerca de esta cuestión porque ya me he recorrido toda Coruña y no me han facilitado dato alguno. Es por ello que le rogaría me informara de lo que usted pudiera conocer ya que cualquier información me resultaría beneficiosa. Además, debo presentarlo en 7-10 días y se trata de un tema urgente.
    Para cualquier cosa que necesite ya le he especificado arriba mi dirección de correo y en la secretaría del Ayuntamiento he dejado tambiénmi teléfono. Le agradezco de antemano toda la atención depositada en mi persona y me disculpo por todas aquellas molestias que le haya podido ocasionar. Sin otro particular y esperando su respuesta, le saluda atentamente: Ángela Antón.

  2. pepito grillo | 22 de November de 2007 - 11:00 pm

    houbo pinchos?.
    botastes unhos tutes?

  3. Iván | 23 de November de 2007 - 1:29 am

    Ángela, escríboche un e-mail e falamos, pero conta con toda a información que eu ou o PSdeG provincial e nacional che podamos facilitar ó respecto. Alégrome de que escolleras tan ben a túa carreira ;-)

    Saúdos!

  4. Eladio Osorio Montenegro | 23 de November de 2007 - 10:58 am

    Que tal Iván? Había moito que non che escribía, pero hoxe non me puiden resistir ó ver a foto da nova da FEGAMP. Menuda xoia tiñas sentada ó teu carón, o alcalde de Vilar de Barrio e deputado provincial. Un dos fósiles vivintes que aínda ten o PP de Baltar na provincia de Ourense. El e máis Senén Pousa (o alcalde de Beade que lle fai as misas a Franco) sentanse xuntos nas bancadas do PP na Deputación e conforman unha estampa que reflexa cales son os novos valores do PP nesta provincia. Pero ahí estás tí en contraposición a estes diplodocus da era terciaria. Unha forte aperta

  5. Eladio Osorio Montenegro | 23 de November de 2007 - 11:03 am

    A todo esto…. Se te oen os compañeiros de Vilar de Barrio dicir que este é un bo tipo corrente a guantazos. Un día cando coincidamos por aí xa che contarei as falcatruadas deste home. De todos os xeitos se queres saber máis del non tes máis que ver un corto que lle adican en “Hai que Botalos”

  6. Iván | 23 de November de 2007 - 4:33 pm

    Encantado de verte de novo por aquí, Eladio! Estaba case seguro, cando escribín o post, que algún compañeiro de Ourense comentaría o que ti comentaches sobre o Alcalde de Vilar de Barrio, porque ademais resposta perfectamente ó perfil de rexedor que apuntas.

    En calquera caso, comprenderás que non o coñezo persoalmente e moito menos coñezo o seu labor político. Simplemente quería facer unha referencia a que, pese ó distanciados que estamos en idade e ideoloxía, o tipo foi agradable, simpático e cordial; incluso me cedeu a presidencia e as intervencións durante a votación. Sin máis transcendencia que iso.

    Rectifico, de tódolos xeitos, porque o teu punto de vista político sempre me resultou de fiar. Apertas, rapaz ;-)

Deixa unha resposta