ivanpuentes.com

Novos tempos na FEGAMP (II)

Xa remataou! Hoxe foi unha xornada intensa en Compostela. A VII Asemblea da FEGAMP ameazaba bronca, pero ó final todo se desenvolveu tranquilamente. O novo presidente, logo de anos de dominio da dereita, é o alcalde socialista de Ames, o bo de Carlos Fernández, por riba de todo, un político moi competente.

Ferrolterra terá tamén o seu oco na nova FEGAMP. Vicente Irisarri, Alcalde de Ferrol, representará á federación no Consello da FEMP, eu, como número cinco da lista presentada polo PSdeG-PSOE, fun elixido membro do Consello Federal, o mesmo órgano no que tamén ingresa o Alcalde de Ares, como número 20 da candidatura socialista. Unha oportunidade, sen dúbida, para que a voz dos nosos concellos e desta comarca sexa escoitada no máximo órgano de representación municipal.

Non houbo consenso para elixir a nova dirección, houbo tres candidaturas e cada quen ten a representación que proporcionalmente ten no país. O acordo sería mellor, pero non a calquera prezo e o prezo do BNG era presidir dous anos a FEGAMP, de aquí ás eleccións autonómicas, en detrimento do PSdeG, cando os socialistas temos maioría na Asemblea, 880 votos do PSOE fronte a 218 do BNG. Non sería xusto nin lóxico. Agora a traballar xuntos.

7 comentarios

  1. Manuel | 23 de Novembro de 2007 - 2:14 pm

    “Non houbo consenso para elixir a nova dirección, houbo tres candidaturas e cada quen ten a representación que proporcionalmente ten no país”
    Esto no es del todo cierto,lo cierto es que cada uno tiene la representación que proporcionalmente tiene en la fegamp,porque la representación que tiene el PSOE a nivel municipal es menor que la del PP (PP 1789 concejales,PSOE 1117)pero por los acuerdos con otras fuerzas tiene mas alcaldías.
    En cuanto a lo del BNG, el PSOE no desmintió el acuerdo para la presidencia rotativa,lo único que dijo es que no es posible sin el PP,una disculpa de mal pagador,lo cierto es que se llegó a un acuerdo para la xunta potque era necesario para el PSOE-BNG,se llegó a acuerdos para las alcaldías porque era beneficioso para PSOE-BNG,se acordaron diputaciones por lo mismo y ahora que el BNG no es necesario se donde dije digo digo diego echandole la culpa como no podía ser de otra manera al PP.
    Responde a unas preguntas.¿había acuerdo para impulsar una presidencia rotativa?¿se podía hacer con la negativa del PP?, si las dos respuestas son positivas el PSOE traicionó el pacto

  2. Iván | 23 de Novembro de 2007 - 4:27 pm

    Varias matizacións, Manuel: o criterio de representación na FEGAMP é o número de habitantes, cantos máis cidadáns teña un concello, máis votos ten na Federación. O PSOE goberna a máis cidadáns que ningún outro partido político en Galicia e, por iso, ten máis votos que as demais forzas na Asemblea da FEGAMP. Por iso digo que a realidade do país se traslada á nova dirección do organismo.

    Non lle boto ningunha culpa ó PP, ó contrario, o PSOE cedíalle ó PP a presidencia da FEGAMP durante un ano, pese a non ter votos suficientes para conquerila, e o PP renunciou a ela.

    Había acordo para que tódolos partidos se rotasen na presidencia da FEGAMP, entendendo este órgano como unha casa común do municipalismo galego, á marxe de siglas políticas. O PP, como xa dixen, non quixo participar deste modelo e entón, quedando fóra o partido que máis alcaldías ten, baixo o meu entender e o do PSOE, xa non ten sentido rotar a presidencia, porque pasaría a ser un cambalache entre dúas forzas políticas. Se rotamos, non como reparto do pastel, senón como corresponsabilidade de goberno, rotamos todos e se non, terá a presidencia quen sexa capaz de obter unha maioría suficiente como para gañar.

    Creo que as pretensións do BNG, con vinte e poucas alcaldías, de 315 concellos que ten Galicia, e 200 votos fronte ós aproximadamente 700 do PP e 900 do PSOE, eran un tanto esaxeradas e irreais.

    Saúdos ;-)

  3. Manuel | 23 de Novembro de 2007 - 5:44 pm

    estoy de acuerdo en que el BNG como tercera fuerza no debería obtener la presidencia,eso es de cajon, yo lo que digo es que si hay un acuerdo sobre la formación de gobiernos municipales esto se debe reflejar en los organos de representación de los ayuntamientos (Fegamp y diputación), sobre todo cuando hay un acuerdo de rotación que nadie niega, el PSOE sabra si la rotación pactada era proporcional o era en tres períodos iguales, si el PP no quiere entrar su periodo se reparte entre los dos y punto,lo que no puede ser es que halla un pacto entre dos y porque el tercero, que se sabe que no va a aceptar porque se dice ganador de las elecciones y por ello merecedor de la presidencia, no entra se rompa el pacto.
    y en cuanto a que las pretensiones del BNG, con vetipocas alcaldías eran un tanto exajeradas e irreales te recuerdo que acbais de elegir como Vicepresidenta Primera de la FEMP a Regina Otaola Muguerza, Alcaldesa de Lizartza que con ventipocos votos debe ser la alcaldesa menos votada de españa

  4. Fariña | 24 de Novembro de 2007 - 3:45 pm

    O pacto PSdeG-BNG propoñia un cambio no modelo da Fegamp, e nese cambio entraba a presidencia rotatoria da FEGAMP entre os tres partidos, se o PP se nega ó cambio non pode habelo, sen o PP non hai FEGAMP.

    O triste é que non houbese consenso nunha lista única, recordar que Crespo o alcalde de Lalín foi presidente da FEGAMP nunha lista de consenso. O BNG preferiu votar a un alcalde do PP de presidente que a un do PSdeG, e creo que no futuro a medio prazo en Galicia vai pasar máis veces, por eso o PSdeG debe traballar para gobernar en Galicia e nos concellos sen contar co BNG, xa que eles van camiño de ser os aliados futuros do PP, apoiando a Gallardón en Madrid e a Feijoo en Galicia.

  5. Manuel | 24 de Novembro de 2007 - 4:59 pm

    No sé como el BNG puede apoyar a Gallardon pero el PSOE sin el apoyo del BNG no presidiria ni la Xunta, ni las diputaciones, ni muchos de los ayuntamientos como el de Vigo e indirectamenta tampoco la FGAMP( porque sin los votos de los alcades del PSOE elegidos con votos del BNG el PP seguiría siendo mayoritario)
    Otro cosa es que ahora ya se tienen los cargos se deba ” gobernar en Galicia e nos concellos sen contar co BNG”

  6. Iván | 25 de Novembro de 2007 - 12:51 pm

    ¿Cantos Alcaldes tería o BNG sen o apoio do PSOE? ¿Cantos concelleiros en gobernos municipais? ¿Cantos deputados con responsabilidades de goberno nas deputacións provinciais? ¿Cantos conselleiros?

    En todo caso, que quede claro que, ,á marxe do acontecido na FEGAMP, sigo crendo no positivo da colaboración entre o PSdeG-PSOE e o BNG para crear gobernos de progreso en Galicia, alternativa á rede caciquil que o PP texeu en Galicia durante décadas, que chegou a ter secuestrada a democracia en moitos concellos do noso país.

  7. Fariña | 25 de Novembro de 2007 - 11:07 pm

    Eu digo que o BNG encamiñase a un medio prazo a pactar co PP, é unha liña moi importante no BNG. O BNG votou a Crespo Alcalde de lalín PP como presidente da Fegamp sen problemas pero non votou a Carlos Fernández PSdeG.
    Gallardón pode ser o próximo candidato do PP, e creo que Quintana non teria problema en pactar co PP de Gallardon no congreso dos deputados, incluso hoxe sae na Voz que o BNG estaría disposto a votar a Rajoy como presidente.

Deixa unha resposta