25 de novembro

Hoxe, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, rescato unha das primeiras campañas que se editaron neste país, aló polos inicios dos 90, para denunciar a violencia machista. Unha campaña creativa e impactante como poucas que a min, persoalmente, me reportou algunha mala nota cando a usei como base para un traballo que fixen nos meus anos de estudante na Facultade de Publicidade e Relacións Públicas; á profesora, pertencente a unha coñecida secta ultracatólica, pareceulle "soez y de mal gusto".
A min ségueme parecendo xenial e, ademais, serve fantasticamente para sensibilizar e denunciar unha realidade que desgraciadamente segue máis de actualidade que nunca. Se traballamos tódolos días pola igualdade, erradicaremos a violencia machista.
2 comentarios
Deixa unha resposta


Dame noxo. Onte no mitin de Zapatero en Fuenlabrada calificou o problema da violencia doméstica de “lacra”. En verdade sento que a xente tense que vincular mais co tema, e non pasar como si fora un problema da familia, da casa de outros. Se golpena a unha muller, estanos golpeando a todos.
Una aperta alcalde
Hola. Si sabes quien ha diseñado este cartel, me gustaría mucho saberlo, por favor. Muchas gracias