Outono en Ferrolterra

Pasei este día coa familia nas Pontes, na casa duns amigos do Aparral. Antes de marchar, saín con Hugo e Jennifer, unha rapaza americana moi agradable, moza de Hugo, que aprende castelán e galego a toda mecha, a dar unha volta polo lugar. Pronto chegará o inverno e o monte quedará totalmente espido, pero aínda podemos atopar recunchos tan clasica e fermosamente outonais coma esta corredoira que pasa pola beira da casa; escenas de película, como dicía Jennifer cando o vento deixaba caer as follas secas dos carballos sobre ela.
4 comentarios
Deixa unha resposta


Fai uns dias mirando por internet atopei esta paxina. Paréce unha boa idea ter un lugar onde poder coñecer mellor o noso novo alcalde, e saber o que él opina das noticias día día ou mesmo os seus pensamentos. Aínda que aínda non chego á maioria de idade, teño moi claros os meus ideais políticos, sei distinguir cando unha cousa está ben feita, e cando non. A nova elección deste alcalde, está moi ben feita. Espero que o noso concello sufra unha mellora co seu novo goberno local. Enoraboa polo seu novo posto, e espero que siga sendo alcalde durante moitos anos. Saúdos.
Moitísimas gracias polo teu comentario, polas túas felicidades e pola túa confianza, cidadá! Espero non defraudarte, nin a ti nin ós demais veciños e veciñas de Fene; por adicación e por traballo asegúroche que non vai ser.
En calquera caso, neste blog ou directamente na Casa do Concello, invítote a que cando teñas unha idea ou cando creas que algo se pode facer mellor do que o estamos a facer, nolo digas.
Espero verte e lerte por aquí de cando en cando. Saúdos ;-)
Ola!
hehe, deume por mirar e vin a corredoira no teu blog, e o teu comentario..
unha aperta
Ja ja, que tal Hugo? É o menos que podía facer logo da visita guiada pola zona. Apertas para ti e para Jennifer!
Saúdos ;-)