Centenario e estrea de A Nosa Terra

Hoxe, celebrando o seu centenario, estreouse o novo A Nosa Terra, un xornal que conserva a esencia dunha cabeceira con tanta historia, pero que decide modernizarse, adaptarse ós novos tempos e pluralizarse.
A edición dixital da Nosa Terra convértese en diario, fronte ó tradicional semanario en papel. Con este primeiro "número" tamén debuto eu como colaborardor; todo un pracer e unha honra. Neste primeiro artigo, aproveitando a proximidade do Día da Constitución, doulle unhas voltas á necesidade de ir dando pasos cara á transformación de España nun estado federal; déixovos o primeiro parágrafo:
Acostumados como estábamos na Aznaridade, en palabras do xenial Vázquez Montalbán, a sacralizar o texto constitucional de 1978 e a que a cepa política dominante o declarase intocable e perseguise como herexe a quen ousase cuestionar algo dos seus sacrosantos artigos, sorprende que Rajoy propoña a estas alturas unhas vinte reformas da Carta Magna. Sorprende, e a min ademais me asusta, porque todas elas están destinadas a blindar aínda máis o texto e a tirotear o titulo VIII, o que estrutura territorialmente o Estado, o que recoñece os dereitos de países como o galego e o mesmo que a Alianza Popular de Don Manuel xa foi incapaz de votar antes de que nacese o que escribe.
Máis en A Nosa Terra: As Rémoras do Estado Federal. Grazas, Blas e Xurxo ;-)
4 comentarios
Deixa unha resposta


La propuesta de Rajoy no me parece tan mal, al fin de al cabo, España ya es uno de los países más descentralizados del mundo (bastante más que la mayoría de los Estados federales del mundo) y la única garantía de que seamos realmente un Estado federal, y no una mera Confederación, es que el Estado tenga una serie de competencias intocables cuya titularidad estatal sea incuestionable.
Al fin de al cabo, lo que se puede conseguir aceptando ciertas peticiones del PP es un Estado realmente federal, y no otra cosa.
En vez de rechazar la propuesta de Rajoy, los que somos federalistas deberíamos ahondar en otra cosa muy distinta, como es “federalizar el Estado”, es decir, no cuestionarlo, sino abrirlo a la participación de las Autonomías, que es muy distinto.
Tengo dicho muchas veces que si pedimos un “Estado federal” es porque creemos en ese “Estado” (que es el que puede ser, o no ser, federal) y por tanto es un poco absurdo caer en ciertas retóricas anti-españolas, similares a las de los nacionalistas periféricos… porque entonces ¿para qué querer federalizar un Estado en el que no crees?, ¡para eso lo disuelves y punto!.
Se puede aceptar la petición del PP de limitar el efecto del Título VIII (que no deja de ser un capítulo bastante hipócrita), reformándolo, pero yo lo transaccionaría por otro tipo de reformas que hasta ahora el PP ha bloqueado, como por ejemplo la reforma del Senado.
Saúdos.
Primeiramente, debo felicitalo polo seu novo cargo.
Quería comentarlle un tema que fai tempo que desexaba saber se pode ter solución.
Eu son unha veciña de Perlío pero os meus pais viven na parroquia de Sillobre dende fai moitos anos. O acceso á súa casa é un camiño de terra. Non entendo que sendo urbán ata 100m antes da súa casa o camiño siga sen asfaltar.
Eles levan toda a vida ocupándose do bó estado do camiño. Dende fai uns anos van ó concello para que este lle facilite zaorra e eles despois ter que estendelo. Estamos falando de dúas persoas de 73 anos.
Dende fai catro anos, hai outra vivenda, e outra que se está a construir. Fai dous anos, levantaron todo o camiño e meteron a auga da traída, levárona ata o monte (o camiño que vai dende o Valado ata a Pegariña). Desfixeron todo camiño e tiveron que volverse preocupar de arraxanlo e agora ,coas obras da casa nova, outra vez. O ano pasado volveron levantar o camiño para poñer o alcantarillado que chegou ata as dúas casas anteriores. Acercáronse ó concello para preguntar se llo podían poñer ata a casa e dixeronlles que non.
Iso pola parte de abaixo da casa, polo frente da casa pasa o camiño real de Neda. Este camiño está aberto gracias aos testantes do mesmo. Xuntáronse todos os veciños para amañalo e no concello consta a solicitude para que o arranxaran.
Para finalizar,¿neses presupostos que tendes ahi para amañar os camiños e poñerlle o alcantarillado a tódolos veciños de Fene, tocaralles a eles tamén?
Ata donde eu sei eles pagan tódolos seus impostos coma o resto dos veciños.
Gracias pola súa atención. Desexamos que co teu
novo cargo trates de poñer remedio a isto. Esperamos contestación.
Parabéns por a colaboura en facer mais grande a difusión do galego e por facer mais interesante a lectura de A nosa terra.
Unha aperta.
A NOSA TERRA, NO TEMPO DO DICTADOR SEGUIA E IMPRIMIRSE EN ARXENTINA, TUVO MOITOS COLABORADORES ACTIVOS, PERO E DE BEN NACIDOS SER AGRADECIDOS, DENDE AQUI QUERO AGRADECERLLE A O COCELLO, QUE HAXA UN PASEO E UN BANCO NO MONUMENTO A O CAMIÑANTE DESCONOCIDO QUE LEMBRA A FIGURA DE BIEITO CUPEIRO. MOITAS GRAZAS POR ACORDARSE DE ESTE ACTIVO EMIGRANTE DE BARALLOBRE QUE GRAZAS A MOITOS COMA EL SE PODIA LEER EN GALICIA. UN SAUDO, ULMEIRO.