ivanpuentes.com

Descubre Fene!

Seguro que moitos de vós, a maioría probablemente, cando pensades en Fene pensades en atascos de tráfico, ASTANO, dúas ou tres estradas pechadas por edificios… en definitiva, nun pobo pouco atractivo, pero Fene ten moito máis. Creo que é dos concellos menos coñecidos, aínda que case todos saibades onde está e teñades pasado infinidade de veces por el. Fene ten, tanto na costa como no interior, unha riqueza paisaxística e natural formidable, descoñecida incluso para moitos dos nosos veciños e veciñas. Por iso o Goberno Municipal, da man da área de turismo, está a desenvolver a campaña Fene, Descúbreo!

Onte inauguramos o camiño de Marraxón á Fervenza. Investimos uns 121.000 € de fondos PRODER para recuperar ambientalmente esta senda duns 1.200 metros, que descende polo canón do Río Belelle e comunica a cámara de carga da central hidroeléctrica de FENOSA coa propia central e coa espectacular fervenza que forma o río na zona. A medio camiño, ademais de desfrutar de espectaculares carballos, madroños e vistas asombrosas da fervenza a diferentes alturas, atoparemos un merendeiro no que descansar e gozar coas marabillosas vistas e sons dunha das fragas mellor conservadas de Galicia.

Asegúrovos que é un bo plan para pasar un destes días de ponte. É moi doado chegar: dende o casco urbán de Fene, na Avenida Naturais (estrada N-651 Ferrol - A Coruña) colledes, na mesma esquina do Xulgado de Paz, a estrada que leva a Sillobre e Lavandeira (hai sinais que indican estas dúas parroquias). Seguides uns dous kilómetros por esta estrada e xusto despois de pasar o cemiterio parroquial de Sillobre, atoparedes unha frecha de madeira que pon "Camiño Marraxón".

Dende aquí, simplemente debedes seguir as frechas idénticas que vos levarán ata o lugar de Marraxón, onde vos recomendo que fagades unha pequena parada. Xusto no lugar no que está o sinal municipal co nome de Marraxón, veredes un pequeno cartel de madeira que indica ó Coto do Rei; subide polo camiño de terra e descubriredes as mellores vistas da Ría. Colledes de novo o coche e un chisco máis aló unha nova frecha de madeira xa nos desvía da pista asfaltada; aparcades e seguides o camiño a pé. Deste punto á fervenza, contando diversas paradas para recrearvos, tardaredes uns 45 minutos. Descubride Fene!

17 comentarios

  1. perejil | 6 de December de 2007 - 10:29 pm

    Tómoche a palabra e igual o sábado nos animamos.
    Unha aperta.

  2. Un mais | 7 de December de 2007 - 12:27 am

    Coido que eu tamen irei pra ver como quedou ese camiño.
    a ultima ves que fun por el debeu ser ahi corenta anos, fumos de mozos a miña rapaza, eu e mais outros amigos, daquela era unha maravilla, agardo que estea igual.

  3. tom | 7 de December de 2007 - 8:46 pm

    Madroños no belelle????

  4. Iván | 8 de December de 2007 - 10:56 am

    Todos cantos madroños queiras, Tom, igual que nas Fragas do Eume e noutras moitas fragas de Galicia, que foi case nos únicos lugares do noso país nos que sobreviviron logo da última glaciación, por estar máis protexidos das inclemencias do tempo. Están catalogados incluso como especie autóctona, propia da nosa zona, tanto que Alvedro (topónimo que lla da nome ó aeroporto da Coruña) parece que ben de arbutus unedo, o nome científico e latino do madroño. En galego chámanse érbedos.

    Atreveríame eu a dicir que hai máis madroños no Belelle que en todo Madrid. Anímate a dar unha volta polo lugar e veralos en cada recuncho. Saúdos ;-)

  5. O penedo e o carballo - Xaime | 10 de December de 2007 - 1:00 am

    […] renovado e fermoso camiño que discorre entre Marraxón e A Fervenza (Fene), no medio dunha fraga chea de […]

  6. Meren | 10 de December de 2007 - 3:32 pm

    Saúdos.
    Primeiramente, debo felicitalo polo seu novo cargo.
    Quería comentarlle un tema que fai tempo que desexaba saber se pode ter solución.
    Eu son unha veciña de Perlío pero os meus pais viven na parroquia de Sillobre dende fai moitos anos. O acceso á súa casa é un camiño de terra. Non entendo que sendo urbán ata 100m antes da súa casa o camiño siga sen asfaltar.
    Eles levan toda a vida ocupándose do bó estado do camiño. Dende fai uns anos van ó concello para que este lle facilite zaorra e eles despois ter que estendelo. Estamos falando de dúas persoas de 73 anos.
    Dende fai catro anos, hai outra vivenda, e outra que se está a construir. Fai dous anos, levantaron todo o camiño e meteron a auga da traída, levárona ata o monte (o camiño que vai dende o Valado ata a Pegariña). Desfixeron todo camiño e tiveron que volverse preocupar de arraxanlo e agora ,coas obras da casa nova, outra vez. O ano pasado volveron levantar o camiño para poñer o alcantarillado que chegou ata as dúas casas anteriores. Acercáronse ó concello para preguntar se llo podían poñer ata a casa e dixeronlles que non.
    Iso pola parte de abaixo da casa, polo frente da casa pasa o camiño real de Neda. Este camiño está aberto gracias aos testantes do mesmo. Xuntáronse todos os veciños para amañalo e no concello consta a solicitude para que o arranxaran.
    Para finalizar,¿neses presupostos que tendes ahi para amañar os camiños e poñerlle o alcantarillado a tódolos veciños de Fene, tocaralles a eles tamén?
    Ata donde eu sei eles pagan tódolos seus impostos coma o resto dos veciños.

    Gracias pola súa atención. Desexamos que co teu
    novo cargo trates de poñer remedio a isto. Esperamos contestación.

  7. Maria | 13 de December de 2007 - 12:38 am

    Jolinesss!! Pero desde cuando está así de arreglado ese caminito?? Creo que el otoño pasado estaba aun sin arreglar,la verdad es que no volvimos nada por esa zona.Felicidades pues por acordaros de ese lado,me encanta,es un sitio de los pocos que quedan en estado puro,nos tenemos pasado tardes enteras delante de la cascada,es un lugar donde se puede disfrutar de una paz infinita (encima sin moviles je je ,no hay satelite que de señal alli,por mi parte …estupendo)
    Un bikiño

  8. Marco | 14 de December de 2007 - 11:35 pm

    Yo aún tengo que descubir esta localidad. A cambio, otros ya deben conocerlo bien: ayer vi que Pepe Blanco tenía en su agenda lo siguiente para hoy: “10′00 h. FENE.- Encuentro con el alcalde y el Grupo Municipal Socialista en el Ayuntamiento (Avenida do Concello, s/n)”…

  9. pepito grillo | 17 de December de 2007 - 6:14 pm

    “Comer conejo y no dejar propina….”

    Solbes dice que puso “un ejemplo menor” de la dificultad para hacer cálculos con el euro

    También ha dicho que “el tema es insustancial” y “sacado de contexto” ya que sus palabras fueron un comentario en una conferencia.

    Para Solbes, simplemente es “un ejemplo de la dificultad que tienen algunos ciudadanos de saber el valor real de un euro”.

    El no tiene problemas con la propina. No paga en ningún lado. Como el del café de los 80cts. Hacen bien sabiendo el rebaño de ovejas que tienen, el este país de toros, fútbol, botijo y pandereta.

  10. Pepito Grillo | 24 de December de 2007 - 12:00 am

    Buenas:

    Veo que a este blog le están saliendo telarañas….
    PAra que no digan,que por aquí no colaboramos,me gustaría darle una idea a Iván.

    Me gustaría referirme a la patética “plaza de las sillas” de Fene.Es de las cosas más absurdas que ví en mi vida.

    ¿Quien aprobó semejante disparate?.Menuda porquería,y cosa más inutil.

    Si quieres ganarte unos cuantos votos,prepara la sustitución (y que se las manden envueltas en papel de regalo al PePiño) por algo más útil,como unos buenos bancos,una fuente y un arbol.

    Si no que continue así para verguenza del Bng.

    No creo que ese cambio vaya afectar gravemente al presupuesto municipal.
    A día de hoy allí nadie se puede sentar,y es un espacio desperdiciado.

  11. Ulmeiro | 24 de December de 2007 - 5:59 pm

    TIENES TODA LA RAZON PEPITO GRILLO, YO SI QUE SE A QUIEN SE LE OCURRIO LO DE LAS SILLAS, POR SUPUSTO AL GOBIERNO MUNICIPAL ANTERIOR, PERO SOLO UN HOMBRE DE AQUEL GABIERNO SE LE PODIA OCURRIR SEMEJANTE BARBARIDAD, PERO ME PARRECE MUY BIEN LO QUE DICES, QUE EL SR. ALCALDE ORDENE CAMBIARLAS SILLAS Y VENDERLAS PARA CHATARRA, CUBRIRIAN LOS GASTOS QUE TU PROPONES. ESCULTURAS IGUALITO QUE FERROL. UN SALUDO ULMEIRO.

  12. Iván | 26 de December de 2007 - 7:33 pm

    Coincido con vós, Pepito Grillo e Ulmeiro! A Praza do Perla é horrenda, fría, inservible… Temos xa varios proxectos enriba da mesa para axardinala e facela máis humana e útil, aínda que sempre seguirá sendo cativa. Por agora ningunha das solucións que nos presentaros os técnicos que están traballando no tema nos conveceu de todo, pero pronto faremos algo con ela.

    Tamén pronto agardo poder actualizar o blog. Estas semanas de remate de ano estamos no concello a todo gas e non tiven tempo de escribir.

    Saúdos ;-)

  13. Un mais | 26 de December de 2007 - 8:22 pm

    Dame a min que non bas alo moi ben Ivan, non habera outras cousas que facer que poñerse coas sillas que por certo para xente que ten os seus anos, e algo asi como recordar o que fixeron nalgunhos dos cines que recordan as “sillas”.
    Dende logo cando as puxeron, non recordo ningunha “oposicion” a elas,penso que seria o correto dicilo daquela.
    Uhna cousiña para Ulmeiro teño entendido que escrivir en maiusculas e de mala educacion.
    Un saudo

  14. Ulmeiro | 26 de December de 2007 - 9:52 pm

    SR. UN MAIS, ESCRIBIR CON MAYUSCULAS O CON MINUSCULAS, NO TIENE IMPORTANCIA, SI VD. TIENE ALGUNA NORMA DE LA REAL ACADEMIA ESPAÑOLA, LE RUEGO ME LA HAGA LLEGAR, LE ESTARIA ENORMEMENTE AGRADECIDO. UN SALUDO ULMEIRO.

  15. el_angel_negro | 26 de January de 2008 - 1:58 pm

    Sr.Ulmeiro,me gustaría escribirle un correo,si le parece bien.
    el mio es:el_angel_negro@terra.es

  16. Angel | 12 de May de 2008 - 4:10 pm

    Como que Fene?? eso es NEDA!!!

  17. Iván | 12 de May de 2008 - 7:21 pm

    Estas equivocado, Ángel; nesa zona o Rio Belelle serve de límite natural entre ámbolos dous concellos, de tal forma que a marxe esquerda é Fene (parroquia de Sillobre) e a dereita Neda. O camiño, a central hidroelectrica, a presa, a canle, a camara de carga, o mirador… están en Fene.

    Sobre a fervenza, posto que é río e fronteira, para definir a súa titularidade, teríamos que trazar unha liña ó medio do cauce e dicir que a parte esquerda da auga está en Fene e a dereita en Neda.

    Se coñeces a zona, o río separa estes dous concellos desde o lugar de Belelle-San Marcos (Sillobre) no límite de Fene con Cabanas, ata case o Pazo de Isabel II, onde o Belelle xa se andentra plenamente en territorio de Neda.

Deixa unha resposta