ivanpuentes.com

A coherencia do mazapán

Durante a noiteboa, como ocorre sempre dende que ese parásito se instalou no meu corpo, o móbil non parou de sonar; tanto que o tiven que poñer en silencio, queimando o último cartucho para modular o rictus de “ímoste matar” que se instalara no rostro dos meus familiares. Non paraban de chegar mensaxes, salvo excepcións, pretendidamente sentidas, orixinais e ata disque simpáticas.

Cando as velas da mesa xa estaban a medio gas e a opinión dos comensais era unánime sobre o destrutivo que para a política do noso país teñen sido Rajoy e Acebes, decidín enviarlle a uns cantos coñecidos do PP unha sms que me enviara minutos antes un amigo do Congreso: “Te deseo felicidaz, prosperidaz y una Feliz Navidaz. Con z de Zapatero!” Unha parvada cun único fin, provocar benevolamente.

A resposta dunha compañeira de batallas popular, “pero non é unha festa conservadora?”, fixo que polos inescrutables camiños das miñas neuronas empezase a divagar sobre o sentido de que os ateos ou agnósticos felicitemos estas festas. Na mesa estaban falando agora de mortes e enfermidades, unha charla que non me enganchou, así que seguín dándolle ós miolos sobre as contradicións entre o que me parece a min positivo e o que socialmente aceptamos como tal.

Máis en A Nosa Terra: A Coherencia do Mazapán.

6 comentarios

  1. Alex | 27 de Decembro de 2007 - 11:30 pm

    Me hace gracia esa tendencia que tiene la derecha para apoderarse y hacer exclusividad de todo.Aunque el sms de respuesta fuese en tono jocoso, destila una verdad instalada en su subconsciente. Ésto es: los más católicos somos nosotros, los más españoles y patriotas somos nosotros, somos los que más queremos y respetamos los símbolos, los que utilizamos más mano dura para combatir el terrorismo… Una lista de falsedades que tienen peligrosamente interiorizadas y en mayor medida estos últimos años con la oposición que están haciendo. Que la dirección eclesiástica últimamente se identifique con los ideales calcados del pp no significa que la iglesia en su conjunto se identifique con este partido.
    Se puede ser católico o ateo, monárquico o republicano, y a su vez ser votante o militante del psoe. Es una obviedad, pero a veces no está de más recordarlo.

  2. Cidadá | 27 de Decembro de 2007 - 11:54 pm

    E digo eu, tendo en conta o seu posto e o cansanzo de politica que debe ter, como puido soportar que esa noite se falase na mesa de política?
    O sms é orixinal si.
    Eu tiña entendido que a noiteboa era unha noite para estar coa familia, presente en fisica como psiquicamente, unha noite de troula, como puido esa noite poñerse a pensar tanto?
    Observando isto, vése que o noso alcalde non descansa a cabeza nin no nadal…
    Saúdos.

  3. Manuel | 28 de Decembro de 2007 - 2:02 pm

    Alex se puede ser creyente y militante del PSOE pero no así ser catolico pues entre otras cosas el catolicismo es contrario al divorcio, los metodos anticonceptivos, las relaciones sexuales fuera del matrimonio, el aborto y otras muchas cosas en las que un socialista no puede creer salvo aquellos que se creen que el catolicismo es un traje que se se puede hacer a medida. Por otra parte lo que es completamente incompatible es monarquía y socialismo pues la monarquia niega la igualdad de oportunidades pues se basa en derechos dinasticos y no en meritos y capacidad ni libre elección

  4. perejil | 28 de Decembro de 2007 - 4:34 pm

    Grazas por adiantado, pois fun un dos agraciados con a túa mensaxe, pero ben sabes que no meu caso non me podo decantar por ningún partido político. Somentes decirche que ainda che debo a mensaxe,estou preparándoche unha para fin de ano, pero de momento deixoche aquí e espero que non te moleste unha ligazón onde se pon de manifesto ata donde chega a cultura política de algunhas persoas. Non deixes de ler o comentario. http://pontedeumecrecedenuncia.blogspot.com/2007/12/con-nocturnidade-e-alevosa.html
    Unha aperta e vémonos. Ah ¿lembras o da bandeira do torreón?, Ah sei que a montaxe non é moi boa, polo que espero non me des moita caña.

  5. Manuel | 28 de Decembro de 2007 - 6:40 pm

    “El Gobierno prohibe el uso de los tacones estas navidades para que no suba el conejo. Felicidades”

  6. Alex | 2 de Xaneiro de 2008 - 1:56 am

    No es que yo me considere católico o especialmente creyente, sin embargo sé que hay gente que así se considera y que vota o es militante o dirigente político del psoe. Yo no lo vería como una falta de coherencia sino más bien como la libertad del individuo a acatar unas normas u otras conforme a su conciencia que puede ser más o menos coincidente con la de un grupo político o una comunidad. Estoy seguro que cada uno de nosotros, aunque coincidamos en unos mismos puntos básicos diseñaríamos unas normas u otras según nuestras propias convicciones.Únicamente lo que quería expresar es la pluralidad y el debate que puede existir en un partido como el psoe y en cierto modo eso es parte de su fortaleza.

Deixa unha resposta