Gol de Obama

A primeira persoa coa que falei de Barack Obama foi Xavi Fariña; hai máis dun ano. Eu estaba entusiasmado coa decisión de Hillary Clinton de presentarse ás eleccións, máis que polo entusiasmo que me poda producir ela, porque a vía como a única esperanza de poder poñer fin nos EE.UU. e no mundo, porque estas eleccións teñen moito de mundiais, ó negro período de goberno republicano, e Fariña faloume entón dun senador demócrata por Illinois que tamén se ía presentar ás primarias, un político que a el lle encantaba, era Barack Obama, o home que onte barreu a Hillary no caucus de Iowa.
Canto máis fun coñecendo, máis me gustou o perfil de Obama. Creo que é o único político de primeira liña dos demócratas que se pode aproximar ó que entendemos en Europa por socialdemocracia. Un persoa progresista, con ideoloxía e claramente diferenciado do ultraconservadurismo republicano, pero tamén lonxe da ambigüidade e complexos patrióticos dos seus compañeiros de partido.
Apasiónanme a política e a sociedade norteamericana, teñen a mesma capacidade para sorprenderme tanto negativa como positivamemte. Sigo crendo que Hillary será finalmente a candidata, pero espero que Barack For America teña a forza suficiente como para ser Vicepresidente, unha vez que parece que case todo o mundo da por sentado que serán os Democrátas os que gañarán as eleccións. O reto é arriscado, porque, nunha sociedade en xeral tan conservadora e tradicioanalista, do que estamos a falar realmente é de que os norteamericanos terán que elixir entre o primeiro presidente negro ou a primeira presidenta muller. Empézase, por fin, a ver a luz ó final dese longo e tenebroso tunel chamado Bush!
5 comentarios
Deixa unha resposta


Antes de rematar de ler o teu post xa estaba pensando en poñer algo como o último que dixeches. Que se é que gañan os demócratas gañará unha muller ou un negro, feito que pode facer que recuperemos un pouco a fe nos americanos, eses pobres que as veces semellan “atolondrados”
Un saúdo
El ‘american system’, como le llaman, funciona. Lento, pero funciona. El Parlamento, la prensa, los tribunales, el sheriff del condado y demás instituciones hacen como que se contrapesan y la verdad acaba siempre reluciendo. Ahora ya saben que Bush es un capullo y que Sadam no tenía armas de destrucción masiva. Un poco más de tiempo, y decidirán que no valió la pena invadir Irak. Van a su paso, los americanos.
Y como el ’system’ es tan eficaz, pueden poner de presidente a quien les dé la gana. Si uno no rige pero es simpático, como Reagan, pues adelante. O como Bush, que no sirve para nada pero dejó de beber, que siempre cuesta y tiene su mérito: pues se le da una oportunidad y se le hace presidente. O como Clinton, que se enrollaba con las becarias en el despacho y luego decía con la biblia en la mano que eso no era pecado y su mujer (Hillary) a su lado diciendo amen: pura dialéctica presidencial
Todo o que sexa rematar coas dúas lexislaturas penosas da xestión republicana de George W. Bush será unha boa noticia, pois lamentablemente as súas decisións padecémolas nos nosos petos: subida de carburantes, ameaza dun período de recesión económica, aumento do anti-EE.UU na Europa…
Con eses precedentes, sexa quen sexa o presidente demócrata, dubido que o poida facer tan rematadamente mal.
Dende que vin por primeira vez no 2004 a Obama dando un discurso cando saiu senador o vin como presidente, e creo que vai sair como candidato a presidente, pero tamén creo que ainda que ahora a Hillary lle están chovendo críticas é unha muller moi válida, que Obama debe ser Presidente e Hillary vicepresidenta, creo que sería un tandem moi bo.
Recomendarvos o libro “La audacia de la Esperanza” de Obama,leedeo e xa veredes cantas similudes sacades con Zapatero, é increible cando o lees.
[…] seguía dende había tempo e que aínda non presentara a súa candidatura, gañaría as primarias demócratas e probablemente as eleccións. Fari, eres un crack! gl, […]