ivanpuentes.com

Alcalde, estoy muy nervioso!

Onte volvín a crer nos Rei Magos. Recibín a Melchor, Gaspar e Baltasar na Casa do Concello, onde esperaban a súa chegada centos de nenos e pais que concentraban nese intre toda a felicidade do mundo. Era un rebulir de ledicia e nervios, expectantes por saber que regalos atoparían uns e outros esta mañá o espertarse.

Mentres agardábamos, os nenos e nenas que andaban por alí, tremendamente nerviosos, convencérome do fantasticamente bos que foron este ano, fixéronme comer caramelos e contáronme como me coñecían polas fotos que durante a pasada campaña electoral colgaban das farolas; algunha nena foi tan sincera que me dixo que eu era "un poco más feo y más gordito que en los carteles". Pero cando mellor o pasei foi cando, xa dentro do salón de plenos, cos reis tomando asento nos seus tronos e un remuíño enorme de nenos e nenas diante nosa agardando a sentarse no colo dos magos para relatarlle tódalas súas peticións, un neno, que xa non podía máis, tiroume da man e díxome con cara de angustia: "alcalde, alcalde, estoy muy nervioso!".

Nese momento, igual que cando as espectaculares carrozas entraron pola Avenida do Concello, sentín desexos de volver a ser neno e de volver a sentir o que sentía tal día como hoxe. Creo que foi dos días que máis feliz me sentín como Alcalde; é case imposible facer algo que se traduza en tanta alegría como a que os nenos senten cando ven ós Reis Magos. Todo feito, ademais, con pouquiños cartos e co traballo insaciable dunha comisión de veciños que durante meses colaboran co Concello na organización desta data. Feliz día para todos e todas!

2 comentarios

  1. Un mais | 14 de January de 2008 - 9:18 pm

    Nunca o contei, pero xa que parece que naide quer poñer nada por eiqui.
    Bou contar algo que me pasou a min cos Reis Magos do ano 1953/4 mais ou menos.
    Botei toda a noite esperto, agardando que pasaran po-la miña casa, e cando o outro dia, me entero que deixaran xoguetes na casa de “fulanito” (fillo dun rico) “menganito” (tamen fillo dun rico) . O de rico e un decir, agora.Daquela o que tiña un peso xa era rico po-s que non tiñamos nada. O caso e os meus oito anos, xa non cria moito e dixer de crer, menos mal que meu tio me dou ciodo que cinco pesos e merquei on revolver de folla de lata. Non creo que naide saiba como eran pero eu si que recordo perfetamente como.
    Un saudo

  2. Pajarito | 2 de February de 2008 - 2:29 am

    Yo estuve con mi hijo pequeño en la recepción de los reyes y me gustaría saber, porque pregunté a varias personas y ninguna me supo dar respuesta, en donde puedo conseguir la carta que leyeron los reyes porque como me tuve que quedar en las inmediaciones no la pude escuchar y me comentaron que no tuvo desperdicio. Si la puedes colgar en el blog sería de agradecer.

Deixa unha resposta