Anotacións arquivadas do mes de February de 2008
E ti, que queres ser de maior?
Con cariño e admiración para Tamara; xa non tes necesidade de me botar a bronca máis ;-)
Noraboa a tódolos compañeiros e compañeiras, que ademais de excelentes políticos, sodes tamén magníficos actores e actrices cómicos, sen mesturar nunca ambas facetas!
Algúns famosos tamén se mollan
Sei que non é nada novo, xa Barbara Rei pedía o voto para a UCD nos inicios da nosa democracia, pero non deixo de valorar sempre positivamente que os famosos se mollen, se impliquen na política e axuden a achegar esta ós cidadáns, a naturalizala e valorala. Recentemente algunha das caras máis coñecidas da cultura crearon a Plataforma de Apoio a Zapatero; primeiro grabaron un pequeno vídeo coa palabra Zapatero en lingua de signos e agora lanzaron esta canción, Defender la Alegría.
Máis vídeos na canle do PSOE en Youtube.
EE.UU. un exemplo a seguir
Creo que como case tódolos españois, son moi crítico coa política estadounidense, pero se a segues de cerca, daste conta de que ten case tantas sombras como luces; e as súas campañas electorais, abertas e plurais, son sen dúbida unha das maiores luces.
Buscando información sobre os resultados do "supermartes", cheguei á páxina que Hillary Clinton ten no flickr, na que os voluntarios da súa campaña van colgando fotos desta nos diferentes estados e condados do país. Chama a atención ver a unha política de renome mundial como Hillary facer campaña sobre unha sinxela tarima no medio dunha rúa de Fresno para pidirlle o voto ós simpatizantes demócratas ou, tal e como podedes ver na imaxe que ilustra este post, ver a Madeleine Allbright, a que fora Secretaria de Estado con Bill Clinton, realizar, dende a modesta sede de campaña de Hillary en San Francisco, chamadas ós electores para animalos a votar.
Aquí só o PSOE ten activo un sistema de primarias para designar ós seus candidatos á Presidencia do Goberno e ás Alcaldías das cidades de máis de 50.000 habitantes, pero moito menos activo que o estadounidense, xa que ne maeirande parte de ocasións o proceso non se inicia, porque só se presenta unha soa persoa para un mesmo posto. Supoño que as realidades son moi diferentes e que aquí, de momento, non sería posible aplicar un sistema de primarias tan aberto, porque os medios e os cidadáns, aínda que digamos o contrario, ó final valoramos as filas prietas e castigamos electoralmente aos partidos con debate e discusión no seu seo, por aquilo de "non se poñen de acordo nin entre eles".
O sistema que empregan os grandes partidos españois é absolutamente democrático, pero moito menos participativo, aínda que falemos incluso de procesos asemblearios como os que emprega o PSOE no ámbito municipal ou o BNG no conxunto da súa estrutura. Espero que isto cambie, porque hoxe teño unha sana envexa dos EE.UU.
No me uséis la religión!

Que diría se viñese a este mundo por segunda vez e vise a Cañizares, en nome de Deus, pedindo o voto para o PP dende o púlpito, ó Arcebispo de Tenerife medio xustificando os abusos a menores, a Rouco da man da dereita máis recalcitrante organizando manifestacións na rúa contra un goberno elixido polos cidadáns ou á propia Conferencia Episcopal cuestionando e relativizando mesmo o concepto de democracia?
Gracias, Pamen ;-)

