EE.UU. un exemplo a seguir
Creo que como case tódolos españois, son moi crítico coa política estadounidense, pero se a segues de cerca, daste conta de que ten case tantas sombras como luces; e as súas campañas electorais, abertas e plurais, son sen dúbida unha das maiores luces.
Buscando información sobre os resultados do "supermartes", cheguei á páxina que Hillary Clinton ten no flickr, na que os voluntarios da súa campaña van colgando fotos desta nos diferentes estados e condados do país. Chama a atención ver a unha política de renome mundial como Hillary facer campaña sobre unha sinxela tarima no medio dunha rúa de Fresno para pidirlle o voto ós simpatizantes demócratas ou, tal e como podedes ver na imaxe que ilustra este post, ver a Madeleine Allbright, a que fora Secretaria de Estado con Bill Clinton, realizar, dende a modesta sede de campaña de Hillary en San Francisco, chamadas ós electores para animalos a votar.
Aquí só o PSOE ten activo un sistema de primarias para designar ós seus candidatos á Presidencia do Goberno e ás Alcaldías das cidades de máis de 50.000 habitantes, pero moito menos activo que o estadounidense, xa que ne maeirande parte de ocasións o proceso non se inicia, porque só se presenta unha soa persoa para un mesmo posto. Supoño que as realidades son moi diferentes e que aquí, de momento, non sería posible aplicar un sistema de primarias tan aberto, porque os medios e os cidadáns, aínda que digamos o contrario, ó final valoramos as filas prietas e castigamos electoralmente aos partidos con debate e discusión no seu seo, por aquilo de "non se poñen de acordo nin entre eles".
O sistema que empregan os grandes partidos españois é absolutamente democrático, pero moito menos participativo, aínda que falemos incluso de procesos asemblearios como os que emprega o PSOE no ámbito municipal ou o BNG no conxunto da súa estrutura. Espero que isto cambie, porque hoxe teño unha sana envexa dos EE.UU.
8 comentarios
Deixa unha resposta



oye tal cual como en el psoe de de fene, que hubo unas primarias y desde luego la designación del candidato fue muy limpia, participativa y plural…
Efectivamente, Óscar! Non foi igual, non houbo primarias, porque ó ser Fene un municipio de menos de 50.000 habitantes os estatutos do PSOE non recoñecen a posibilidade de celebralas. Houbo un proceso asembleario, un proceso que é imposible que fose máis limpo, máis participativo e máis plural.
Celebráronse dúas asembleas, unha para elixir candidato a Alcalde e outra para votar a candidatura. Nas dúas participaron ó redor do 94% dos militantes, cada un dos cales emitiu individualmente o seu voto e o seu parecer ó respecto. O resultado foi claro: unanimidade de votos a favor do candidato a Alcalde e unanimidade de votos a favor da candidatura. Foron os afiliados os que decidiron que candidato e que candidatura querían, hai algo máis democrático?
Sei que outros partidos non funcionan así, pero o PSOE de Fene pode ter moitos defectos, non dende logo a falta de democracia e participación interna.
La reforma pendiente que existe en España, pendiente desde la Transición digo, es la apertura de las listas electorales y el asentamiento de un verdadero sistema de primarias en todos los partidos políticos.
La mayoría de críticas que se hacen al sistema de listas abiertas lo comparte con el sistema de listas cerradas, y se puede implantar un sistema “híbrido” entre ambos sistemas que me parecería, sustancialmente más democrático que el sistema de listas cerradas y bloqueadas que existe en la mayoría de los casos.
Por otro lado, en el seno de los partidos políticos, no existe la suficiente democracia interna, existen unos casos más graves que otros, y algunos bochornosos.
Yo, cada día que pasa, por la poca experiencia que puedo tener, pero por la que tengo, y en mi opinión, creo sinceramente que la democracia española carece de madurez, y en parte tiene que ver con las Leyes actuales, que deberían ser reformadas.
Una de las razones por las cuales la clase política ha bajado tanto de nivel es la falta de capacidad de la militancia de base de los partidos, y la ciudadanía en general, para valorar, con nombres y apellidos, a aquellos que consideran más válidos para cualquier institución, y existen multitud de formas, ya sea mediante organismos intermedios, o sistemas pseudo-electorales muy herméticos, para que al final todo este atado y bien atado… desde el principio, hasta el final.
Esto conviene a las cúpulas, que se retroalimentan gracias a los delfines, elegidos a dedo para garantizar ciertos juegos de intereses.
En la sociedad española la reforma de nuestro sistema electoral esta rebautizada como “la reforma que nunca se hará”… por algo será.
Mentras discutides se son churras ou merinas, se primarias en salsa ou primarias en escabeche, a dereita “neocón” establece un principio irrefutable: “non dimitimos polo tanto non nos equivocamos” e se non mirade http://feneconcello.blogspot.com/2008/02/doa-cuaresma.html
Achéganse as elección xerais, e eu só quero dicir…
“Zapatero yo votaré por ti, votaré por ti…”
Porque me parece que o PSOE ten máis posibilidades de gañar, os comentarios dos politicos do PP e mais da igrexa parecenme innecesarios…Como que a un matrimonio homosexual non se pode chamar matrimonio?? É penoso que nos tempos que estamos alla xente que ainda pensa asi…
Como di a mesma cancion para Zapatero…
“Al señor obispo dicho con perdón, le enseñaré mi voto y MI DEDO CORAZÓN…”
El debate sobre primarias o no primarias no me parece hablar de churras o merinas xD, me parece un tema serio, igual que otros, pero no menos.
Aquí te dejo un regalo, está en inglés, no lo encontré subtitulado, pero tú, que eres producto logse no tendrás problemas. Genial el ala oeste, la mejor serie de televisión de la historia y una lección auténtica de politica. Josh apoyaría a Obama
http://es.youtube.com/watch?v=xkecSCHUhhA
[…] días reflexionando sobre o que están a escribir os meus amigos Jordi, Iván e , quen aínda non coñezo persoalmente, Fariña sobre as primarias americanas. A min tamén […]