ivanpuentes.com

Chamamento ó voto na Folla Parroquial de Pontedeume

Déixovos o texto que publica hoxe, xornada de reflexión, a folla parroquial de Pontedeume. Logo dunha longa arenga a Rouco Varela con motivo do seu retorno á cúpula da igrexa española, di a revista parroquial:

Tenemos y debemos de votar todos, y hemos de hacerlo según nuestras convicciones morales y religiosas. El Papa nos dice "todos, creyentes y no creyentes, hemos de trabajar en la búsqueda humilde de Dios". "Dios es Amor". Toda la moral cristiana se basa "en el Amor a Dios y al prójimo", y esto hay que tenerlo muy presente a la hora de votar. Votar con responsabilidad y criterio propio.

Non é que me pareza moi forte, sobre todo despois do visto por parte dalgúns bispos nos últimos meses, pero a xornada de reflexión, na que están prohibidas por lei ata as campañas institucionais de promoción do voto, non parece a data máis axeitada para que a igrexa, non só o fomente, senón que o oriente.

Actualizado ás 11:26 do 20/03/2008:

Parece que este post, no que simplemente transcribo literalmente o contido dunha folla parroquial, que non é das peores nin moito menos, xunto con aqueles que escribín o día da Hispanidade falando dos excesos "rojigualdos" do PP eumés na casa do concello e máis no torreón, xeraron bastante polémica entre os "populares" de Pontedeume, tanto que no seu blog me dedicaron un fermoso post titulado PUENTESdeume, no que, como podedes supoñer, alaban a miña capacidade política e blogueira, con frases tan refinadas, obxectivas e democráticas como estas:

En Pontedeume, estamos hartos de que el alcalde de Fene, critique a nuestro pueblo en su página cuando le dé la gana. Un poco de respeto. Desde que tomó posesión de su cargo, el señor Puentes se ha caracterizado entre otras cosas, por sus críticas a Pontedeume y a su gobierno, ahora también a su párroco.

Cosas como estas, y algunas otras, evidencian que al alcalde de Fene se le “llena la boca” con Pontedeume, cosa que aquí nos molesta. No nos molesta por la crítica o la opinión (gracias a Dios hay libertad de expresión) nos molesta, porque se trata de un alcalde vecino…

Opinión: Querido Iván, ya todos conocemos tus sucios trucos. A pesar de todo, me gustaría felicitar al Partido Sucialista: ya tienen un nuevo Stalin al que adorar como borregos. VIVA PONTEDEUME, SU ALCADE Y EL TORREÓN ESPAÑOL!

Hai xa moitos anos que Pontedeume se librou do xugo dos Andrade e hoxe o pobo pertence ós seus veciños/as, non ó PP local nin ó párroco, polo tanto non intentemos provocar conflictos que non existen e non confundamos as críticas a accións puntuais dun determinado colectivo con críticas a todo un pobo, porque afortunadamente a sociedade eumesa é moito máis rica, plural e aberta que os destinatarios dos meus comentarios. De feito, sen saír da blogosfera eumesa, a eumesfera, como a bautizaron os amigos de Pontedeume na Rede, podemos atopar blogs que comparten a crítica expresada nest post, como o titulado Inxerencias, que se publica en Pontedeume, retrato dunha vila.

26 comentarios

  1. Ulmeiro | 8 de Marzo de 2008 - 9:36 pm

    -ZAPATERO PRESIDENTE, POR MAYORIA ABSOLUTA-

  2. César Pena | 8 de Marzo de 2008 - 10:09 pm

    Bah, fíxate que a min a igrexa (a relixión en si) me pon do fígado e, con todo, non lle vexo moita cousa ao que pon. Ata podería parecerme ben. Todo está na nosa mente.

  3. nelsy maria | 8 de Marzo de 2008 - 10:57 pm

    JOSE LUIS , RODRIGUEZ ZAPATERO, SIGUE , Y DESPUES HABLAMOS , PORQUE EL PUEBLO ESPAÑOL LO QUIERE Y SUS ALIADOS INTERNACIONALES TAMBIEN LO QUEREMOS, ZAPATERO PRESIDENTE

  4. nelsy maria | 8 de Marzo de 2008 - 11:11 pm

    Desde, Republica dominicana, Zapatero PRESIDENTE cuatro años mas, y despues hablamos.

  5. sanquera | 9 de Marzo de 2008 - 10:49 am

    La delegación del gobierno en galicia prohibió las manifestaciones del día de la mujer trabajadora porque “a finalidade da xornada de reflexión non é outra que a de contribuír a unha formación de vontade libre de quen van exercer o seu dereito de sufraxio activo, sen mensaxes nin xestos que, directa ou indirectamente, poidan agretar esa neutralidade”.
    Digo yo por lo mismo deberían prohibir actos religiosos porque la igulesia catolica orienta el voto desde el pulpito

  6. fifiolas | 10 de Marzo de 2008 - 10:39 am

    Pois moito caso non lle deberon facer…Ista, ista, ista, ESPAÑA SOCIALISTA
    (mal que lles pese algún pseudo-galego con barba que anda a procura dunha nena cun bono-bus jeje)

  7. Un mais | 10 de Marzo de 2008 - 2:10 pm

    Estou moi contento co resultado das eleccions.
    Pero o medo mais grande e ter que aguantalos outos catro anos ca mesma “matraca”

  8. Roberto | 11 de Marzo de 2008 - 12:36 am

    Yo no le veo pizca de orientación política.
    Habrá quien sí.

  9. Lu | 11 de Marzo de 2008 - 12:52 pm

    pois eu lles fixen caso: votei segundo a miñas convicción morales e (máis ou menos) relixiosas, e con responsabilidade e criterio propio…POR ISO VOTEI A ZAPATERO!!! E POR ISO GAÑOU!!! A ver se se enteran…
    É que cando lle pos sentidiño nin a igrexa pode… ;)

  10. Angus | 11 de Marzo de 2008 - 3:05 pm

    Sobre todo sentidiño, que se puede esperar de un presidente que presento en el Congreso de los diputados el Proyecto Gran Simio, organización que defiende la inclusión de estos animales (simios: chimpances, orangutanes..) en la categoría de !personas¡ otorgandóles la protección moral y legal de la que, actualmente, sólo gozan los seres humanos, aunque luego matar bebes lo consideren legítimo.
    Si ha esto le sumamos la alianza de civilizaciones pues tenemos que la gente que vota a Zapatero son los que le ponen sentidiño.
    En fin, un saludo al Doctor Zaius.

  11. hugo | 11 de Marzo de 2008 - 3:15 pm

    pero non era a igrexa a que non entraba en politica, e en dia de reflexion… ?¿ “vaia por dios”… hehe por non dicir outra cousa…

    felicidades polas eleccions

  12. sanquera | 11 de Marzo de 2008 - 9:39 pm

    Esperemos quesiga gobernando en solitario pues como incluya a CIU en el gobierno Vamos aviados

  13. gabi | 12 de Marzo de 2008 - 8:58 pm

    Boas noites Iván,o mesmo día que publicaches esto, xa me chamou moito a atención que fixeras referencia a Pontedeume e a súa folla parroquial, pensei que rectificarías o teu post e que dirias logo a verdade, pero xa vexo que non.

    Ivan, non te coñezo persoalmente pero vexo que na Profesión que estudiaches eres bó, Publicidade.

    Ahora ben, ahora tes un cargo público, e ainda que este seña o teu blog persoal, ben saberás que o que poñas pode ter repercusión posteriormente.
    En definitiva, espero que contes as cousas tal como son e como suceden, e si como pasa neste caso, non o sabes, informarte previamente para asi poder dar unha información veraz e contrastada, espero a tua resposta.

    Saudos.

  14. Iván | 14 de Marzo de 2008 - 4:30 pm

    Gabi, intentei aproveitar ben a carreira e ser un bo profesional, iso non cho vou cuestionar, pero cometes un primeiro erro, identificar publicidade con mentira; a publicidade, a boa publicidade, a de verdade, non minte, resalta as características positivas dos produtos, pero características en todo caso certas.

    De todos modos, como isto non é unha clase de publicidade, a única resposta que podo dar ó teu comentario é que NON MINTO NIN EN UNHA COMA DO QUE DIGO. A imaxe que ilustra este artigo esta escaneada e recortada por min directamente da folla parroquial de Pontedeume, tal e como pon no seu encabezamento, con data 9 de marzo (domingo) pero que, sen embargo, como ves pola data do post, se distribuíu o día 8, xornada de reflexión.

    Esa é a verdade, simplemente. Non sei que é o que ves ti de mentira. Comprobalo é tan fácil como que ti, que es de Pontedeume, te achegues á parroquia a collela ou lla pidas a alguén do pobo.

    Ah, e puxen esta, pero hainas moito peores, por exemplo a da semana creo que anterior, que dicía literalmente que tiñamos que votar a unha partido que tivese “las ideas claras” Ummm de que me soa a min este lema? Será da campaña de Esquerda Unida? Ai non, era o lema de campaña do PP, vaia que casualidade!

    Gabi, ogallá nos podamos coñecer e falar pronto, párame un día pola rúa, disme que es ti e charlamos, pero sinto dicirche que as túas acusacións son falsas, porque o único que fago e transcribir literalmente o que a propia folla di, verdad verdadera!

  15. Un mais | 15 de Marzo de 2008 - 12:59 pm

    Penso eu que tanto Ivan coma Gabi son moi novos sinon recordarian que en Pontedeume, xa ahi anos a un cura selle foron os feligreses da iglesia cando botou un sermon parecido.
    Coido lembrar que dixo algo asi coma que o votase socialista non era cristian.

  16. Angus | 15 de Marzo de 2008 - 1:14 pm

    a publicidade, a boa publicidade, a de verdade, non minte, resalta as características positivas dos produtos, pero características en todo caso certas.
    Dicen que no hay peor mentira que una verdad a medias, y decir solo lo bueno de una cosa es peor, que que te cuenten una gran bola.

  17. Iván | 15 de Marzo de 2008 - 3:52 pm

    Unha cousa é a publicidade e outra a información, son dous tipos de comunicación, unha subxectiva, outra obxectiva, que non se deben mesturar, aínda que moitas veces os profesionais da información fagan publicidade. Isto sí que é perigoso, porque nos están disfrazando de información algo que non o é, agora ben, á publiucidade comunicada como tal, a través dos anuncios e outros medios, se é boa publicidade eu non lle vexo mal ningún, ó contrario, un bo anuncio é unha pequena obra de arte, como unha boa curtametraxe ou unha boa ilustración.

    A publicidade, como internet ou calquera instrumento da nosa sociedade, non é en si mesma boa nin mala, senón que todo depende do uso que cada quen faga dela. Penalicemos, polo tanto, a quen a usa mal, pero non á publicidade en si mesma.

    A publicidade, como forma de comuniccaión, é inherente á sociedade e ós individuos. Ti, Angus, á marxe da publicidade comercial, seguro que tamén fas publicidade de ti mesmo, porque como tódolos seres humanos tratas de amosar sempre o teu lado positivo e de amosar menos os teus erros e debilidades; é algo innato que resposta á necesidade de sociliazación, de integración no grupo.

    Saúdos ;-)

  18. anonimo | 19 de Marzo de 2008 - 12:14 pm

    Preocupate por tu municipio que falta hace y deja los demas tranquilossssssssss!!!!!!!

  19. Orgullo Popular | 19 de Marzo de 2008 - 5:24 pm

    Querido Iván: una cosa es la publicidad y otra la información, como tú dices. Y otra bien distinta es la demagogia y la mentira, que tu partido practica tan bien a todos los niveles. Encárgate de Fene, que da pena, y deja a Pontedeume en paz.

  20. Ulmeiro | 19 de Marzo de 2008 - 5:50 pm

    PARA -ORGULLO POPULAR-, IVAN COMO TU LE LLAMAS ES EL ALCALDE ELEGIDO DEMOCRATICAMENTE POR LO MAYORIA DE LOS CIUDADANOS DE FENE, AUNQUE A TI TE SIENTE MAL EL SR. ALCALDE DE FENE NO MIENTE, IVAN PUENTES RIVERA, NO MIEN TE. POR OTRO LADO FENE ESTA COMO LO DEJO EN GOBIERNO ANTERIOR EN ALGUNAS COSAS Y OTRAS MEJORARON GRACIAS A LA EFICACIA DE NUESTRO SR. ALCALDE. PONTEDEUME, FUE Y SERA LA NUNCA BIEN PONDERADA VILLA DE LOS ANDRADE CON DERECHO DE PERNADA, SEGUN PLACA ADOSADA A EDIFICIO. EN SALUDO.

  21. Iván | 20 de Marzo de 2008 - 12:04 pm

    Non, non, non, non confudamos a parte co todo, iso é unha figura literaria que creo lembrar que se chama sinécdoque, non confundamos ó PP de Pontedeume ou ó seu párroco co pobo de Pontedeume, porque afortunadamente non teñen nada que ver; tanto como que o PP ten só catro dos trece concelleiros da corporación.

    Eu critico e seguirei criticando actitudes que me parecen reprobables de persoas e colectivos de Pontedeume ou de calquera outro pobo, como tamén alabarei o que me pareza alabable; persoas e colectivos, non pobos.

    Comprendo que o PP, como ocorre sempre que goberna algo, aínda que sexa a comunidade de veciños, teña un sentimento de pertenza sobre o gobernado, pero hoxe en Pontedeume hai democrocia e os donos do pobo son os veciños/as, non o partido gobernante, que con comentarios como o anterior parece que ten complexo de familia medieval Andrade.

  22. anonimo | 21 de Marzo de 2008 - 10:58 am

    señor puentes lo mismo te digo, Fene es de los Vecinos de Fene y no tuyo, que desde que estas de alcalde te estas subiendo a la parra. Y tu eres el menos indicado para criticar al pp de pontedeume porque por lo menos estan haciendo algo. Antes la anterior corporacion que era del mismo partido que tú lo unico que hizo es meterse el dinero de los eumeses en el bolsillo. Esperemos que tu no hagas lo mismo con el dinero de los de Fene.

  23. Ulmeiro | 21 de Marzo de 2008 - 12:00 pm

    SR. ANONIMO, EN EL CONCELLO DE FENE, VA HACER 8 MESES QUE ESTA GOBERNANDO EL PSEO Y EL BNG Y TODAVIA LOS CONCELLEIROS INCLUIDO E SR. ALCALDE PRESIDENTE DE FENE NO HAN COBRADO. ES MUY PELIGROSO LO QUE VD.ESTA DICIENDO REFERENTE AL GOBIERNO DE BELARMINO FREIRE, SI USTED TIENE PRUEBAS DE QUE HA ROBADO DENUNCIOLO AL JUZGADO, NO VE QUE ESO ES PELIGROSO PARA VD.MIRE VD. DESDE QUE GOBIERNA EL SR. ALCALDE DON IVAN PUENTES, SE REDUJO LA DEUDA EN 1,5, SE HAN LOGRADO MUCHAS COSAS, PERO TODO GRACIAS A LA HABILIDAD DEL SR. ALCALDE. Y PONTEDEUME SIEMPRE TUVO LO QUE MERECIO, HAGA UN REPASO DE LOS ALCALDES DE HACE 30 AÑOS, DESPUES OPINE-. UN SALUDO

  24. eumesa | 3 de Abril de 2008 - 10:51 pm

    Iván, do Raposo estamos fartos neste pobo, non fagas caso, non merece a pena.O que és tremendo é que non se atrevan a salir da igrexa as persoas que escoitan semellantes barrabasadas; será porque a inmensa maioria son maiores e teñen algo de “ergoña” pronunciarse tan abertamente?. Un saludo de unha eumesa

  25. anonimo | 19 de Abril de 2008 - 5:03 pm

    señor ulmeiro, si digo mentira de belarmino no se porque sale tanto en los periodicos que esta en los juzgados que tiene que ir a declarar… sera porque miento jajajajajajajaja me da la risa todos los del psoe son iguales mira zapatero con el agua mucho decir mucho decir y por detras ya estaba maquinando otras cosas pssss. penosos

  26. Iván | 20 de Abril de 2008 - 11:55 am

    Anónimo, unha cousa é que alguén sexa chamado a declarar ou incluso sexa imputado nunha causa xudicial e outra moi distinta que ese alguén sexa finalmente culpable.

    Salvo que teñamos algún interese persoal en desprestixiar a unha persoa, creo que a presunción de inocencia e o respecto á súa honra debe prevalecer sempre sobre calquera outra consideración.

    Cando hai sentencia condenatoria sobre un responsable político a cousa cambia. Neste caso, nin eu, como responsable comarcal do Partido, nin o PSOE temos que recibir leccións morais de ninguén, porque sempre que tivemos que afrontar unha situación así, algunha en concellos moi proximos, actuamos con total ética e transparencia. O PSOE non ten a día de hoxe un só cargo público en toda España que estea condenado por delitos urbanísticos ou financieiros, houbo algúns casos e cando houbo sentencia foron apartados do Partido e dos seus cargos.

    Se falamos do PP, non me chegan os dedos das dúas mans para contar os casos de cargos públicos condenados e que siguen a gozar non só dos seus cargos, senón do respaldo e público afecto do seu partido.

Deixa unha resposta