ivanpuentes.com

Descubrindo a fraga do Belelle

Esta mañán acompañei a máis de 300 nenos e nenas de primaria dos diferentes colexios de Fene na celebración dos días da árbore e da auga, organizada pola Concellería de Medio Ambiente. Baixamos pola fraga do Belelle dende Marraxón ata a central hidroélectrica, quizais o lugar de Fene no que mellor se pode aprezar a importancia e a simbiose das árbores e da auga.

Os nenos/as de cada centro, asesorados por Antón, o xardiñeiro municipal, plantaron árbores autóctonas en diversos puntos do camiño: loureiros, carballos, érbedos… Ademais de deixar a súa pequena pegada no camiño, que irá medrando con eles, e de sensibilzarse coa protección do medio natural, pretendíamos que os nosos nenos e nenas descubriran lugares tan fermosos do concello coma este e se identifiquen xa con el para sempre.

A fraga do Belelle, colonizada esta mañán por centos de pequenos seres humanos, tiña unha cor e un son diferente, quizais pouco natural, pero dende hoxe teremos sensibilizada a toda unha nova xeración de feneses e fenesas coa protección dun dos espazos máis ricos e naturais do noso concello, que debe seguir así toda a vida.

3 comentarios

  1. Un mais | 15 de Marzo de 2008 - 1:02 pm

    Que envidia que poidera estar ali, recordando os tempos en que un andaba por ese paraxes.

  2. miguelnunezrios | 15 de Marzo de 2008 - 4:36 pm

    Una muy buena iniciativa! :)

  3. el_angel_negro | 19 de Marzo de 2008 - 1:30 am

    ……palliña a palliña, faise PALLEIRO!!!!!!!!

Deixa unha resposta