ivanpuentes.com

Auga, de botella ou da billa?

Ata hai pouco sempre tiven clara a resposta a esta pregunta, de botella. Eu, que loito contra a teoría científica de que a auga é insípida, porque para nada me sabe igual unha que outra marca, nunca levei, nin levo, demasiado ben ter que comer ou simplemente saciar a sede con auga da billa, repúgname o sabor a cloro e, incluso unha vez evaporado este, o sabor da auga non me resulta agradable. Por iso, sempre consumín e consumo auga embotellada.

Hoxe leo en Público que o Goberno Británico vai deixar de comprar auga de botella en tódalas súas sedes, debido ó seu grande impacto ambiental. Greenpeace asegura incluso que para envasar un litro de auga se consumen cinco en todo o proceso, ademais de xerar 600 veces máis CO2 que outro procedente da billa, polo que se pode afirmar que o consumo de auga de botella non é sostible.

No Reino Unido hai xa toda unha campaña política e social a prol do consumo de auga da billa, en España o Ministerio de Medio Ambiente hai xa anos que non merca auga embotellada e concellos como o de Donosti regalan ós seus restaurantes xarras para promocionar o consumo da excelente auga municipal. Tamén é certo que, como din os produtores, a auga embotellada do Reino Unido é auga da billa envasada, mentres que no noso país é auga de manantial, subterránea, sen ningún tipo de tratamento, fronte á outra, que é auga superficial, de río, tratada para poder ser consumida.

En calquera caso, parece que, a medida que vaiamos construíndo un país sostible, teremos que ir afrontando debates coma este, aparentemente intrascendente ata que nos abren os ollos, e que supoño que non tardará demasiado en plantexarse aquí na primeira liña. En España hai 93 empresas que embotellan auga e que empregan a 4.500 persoas.

4 comentarios

  1. Delfín | 21 de Marzo de 2008 - 11:47 am

    O debate da auga está aínda no seu comenzo. En Galicia que parece que é un ben ilimitado, está a verse afectado. Onde máis se está a notar é no rural, e na actividade agropecuaria. “Non chove,coma antes” é o comentario máis habitual. E trae as súas consecuencias, atrévome a decir, a curto plazo.
    Pero o debate que tentas introducir é as calidades das augas embotelladas e de traída-billa e a súa sustentabilidade. Para o control das augas embotelladas hai unha amplia lexislación e catalogación, éstas están a salvo. O que hai que implementar é unha maior eficacia no control de calidade e consumo nas augas superficiais, tanto de traída coma particular, xa que estou convencido de que son susceptibles de melloría.
    A auga é un ben escaso e é un ben necesario-imprescindible ao que temos que “mimar”.
    Saúdos.

  2. el_angel_negro | 13 de Abril de 2008 - 12:17 am

    …Yo bebo agua del grifo,la bebo en el taller en Fene, en Narón,en Ferrol, en Cabanas, sin problemas,me costo acostumbrarme pero, lo conseguí.Estoy de acuerdo con el Sr.Delfín en que las aguas son suscetibles de mejoría.Hasta ahora no se ha llevado en la comarca(que yo conozca) ningún proyecto de “Potabilización del agua” que no sea añadirle CLORO,y como el cloro no es suficiente para eliminar algunas bacterias, se le añade más cantidad,-eso hace que pueda resultar desagradable su sabor-.El único método (que yo conozco) que no altera el sabor del agua es - la utilización de la luz ultravioleta-.No hace mucho le dieron un premio a un Argentino por su -botella potabilizadora-,que no era otra cosa que una botella trasparente con una parte cubierta de papel albal (papel de cocina de aluminio),que luego se colocaba al sol y listo.Los rayos de sol penetran en la botella y se reflejan en el papel albal,lo que hace que se aprovecha el doble flujo de luz.Los rayos ultravioleta alteran el genetica de las bacterias impidiendo su reprodución.Pero para que preocuparse,”los ratones se acostumbran a comer veneno y luego no les hace nada”.Creo que es bueno cuidarse,pero,también es bueno adaptarse al medio en que vivimos.(EVOLUCION).
    Esto no quiere decir que no intentemos mejorar nuestras aguas y nuestro medio……

  3. el_angel_negro | 13 de Abril de 2008 - 12:17 am

    …..ademais hay

  4. el_angel_negro | 13 de Abril de 2008 - 12:19 am

    …..que mollarse……..

Deixa unha resposta