ivanpuentes.com

“Pájara” de milfollas en Ombre

Levo desde antes do Nadal mentalizándome para ir ó ximnasio e recuperar a forma perdida nos últimos anos (eufemismo de teño que adelgazar) pero non atopo oco; oco que probablemente atoparía se me gustasen os ximnasios, pero non é o caso. Hoxe, animado por Miguel e Alex, ademais de pola chegada da primavera, aínda que sexa con frío e chuvia, animeime a retomar unha das miñas vellas afeccións, a bici, e participei na Marcha Popular polas Fragas do Eume, que organizou, moi ben por certo, a Peña Ciclista Leboreira.

O traxecto era doado, 28 kilómetros, do paseo marítimo de Pontedeume ó Mosteiro Caaveiro e, a verdade, é que ía con moitas ganas, pensando en compensar a miña baixa forma física coa mocidade e o coñecemento da ruta, que xa a fixera nun par de ocasións. Ademais, na saída puiden charlar con persoas ás que lle teño unha grande estima, como Xulio Abelleira, Secretario Comarcal de CC.OO. e José Seco, ilustre montañeiro fenés, co que quedei en darnos en canto podamos o luxo dunha boa camiñata polos Picos de Europa. Na foto, Cuquito, Miguel, Xulio e eu lucíamos a mellor das frescuras dominicais, pero pronto viraron as tornas.

Polos repeitos de Ombre, antes de entrar no Parque Natural, xa me din conta de que 93 kilos sobre a bici non se transportan tan ben como os meus habituais 82 e, sobre todo, de que, tal e como me advertira Lidia antes de saír da casa, non foi boa idea almorzar os restos da súa tarta de cumpreanos, aínda que fose unha deliciosa tarta de milfollas con crema e froita feita en Perlío. Baixando de Ombre ao Parque o meu estómago non puido máis e, mareado, abandonei no centro de recepción de visitantes, onde o bo Nacho, que como sempre está xusto onde o necesito, me recolleu e me devolveu á casa.

Custoume abandonar, pensando nos vaciles posteriores dos compañeiros de marcha, sobre todo de Miguel, pero non podía máis e pensei que ata Induráin no tour ten flaqueado; así que alí quedei. O ano que ven, volverei para completala e antes, o domingo 13 de abril, participarei na Marcha Cicloturista que organizamos dende o Concello de Fene. Adicarei algunha hora estes días a entrenar, porque aquí si que non quero abandonar e, sobre todo, estade seguros de que non almorzarei milfollas. Quedades todos/as invitados a vir, espero vervos por alí!

23 comentarios

  1. ycr | 24 de March de 2008 - 12:25 pm

    jose e yoli prometen darche o “avituallamento” en Fene, don´t worry
    ;-)

  2. Iván | 24 de March de 2008 - 1:45 pm

    ja, ja, ja… moi agradecido! Espero que teñamos para todos/as unha boa bebida isotónica preparada, que nos axude a subir da ribeira á estrada xeral, ademais dalgún plátano, que sempre senta mellor que as tartas ;-)

  3. Alex | 24 de March de 2008 - 5:38 pm

    Pues yo hice casi toda la ruta(sobre todo en las cuestas) con el coche de policía municipal en mi cogote a punto de calarse y un ciclista experimentado dándome ánimos. Pero bueno, fue una muy buena experiencia,felicidades a peña leboreira por la iniciativa y me estoy pensando lo de Fene. Está claro que también tengo que practicar con más regularidad este deporte, ya nos veremos en los entrenamientos Iván.

  4. Un mais | 25 de March de 2008 - 11:46 am

    E xa que parece que falades algo que ten que ver co trafico, un pregunta para Ivan donde e meten os municipales de Fene.
    Esto ven ao conto de que xa fai mais de vinte dias que na carretera do Casal , onde os colexios, si mal non recordo esta o peso limitado pos camions en dez toneladas, estan a pasar de 36 cargados de eucalitos, e non se ve que multaran nin o primeiro.
    Si tiveran outro sitio para ir teria un pase, pero coido que teñen dabondo sin ir por ese camiño.
    Tamen pode ser que esta zona no sexa cousa da policia

  5. Un mais | 26 de March de 2008 - 6:50 pm

    E xa que parece que falades algo que ten que ver co trafico, un pregunta para Ivan donde se meten os municipales de Fene. ( Hoxe pasaron por eiqui, pola maña, os camions, pola tarde)
    Esto ven ao conto de que xa fai mais de vinte dias que na carretera do Casal , onde os colexios, si mal non recordo esta o peso limitado pos camions en dez toneladas, estan a pasar de 36 tm cargados de eucalitos, e non se ve que multaran nin o primeiro.
    Si non tiveran outro sitio para ir teria un pase, pero coido que teñen sitios dabondo sin ir por ese camiño.
    Tamen pode ser que esta zona no sexa cousa da policia

  6. Un mais | 2 de April de 2008 - 12:24 am

    Hoxe 01/04/08 as 12:55 volveu a pasar o cameon cargado, esta ves de pinos.
    Se seguen asi o mais posibel, e que rematen deixando o camiño (que xa non e moi bo) coma unha corredoira, agas de irlle abrindo fendechas as casas, ¿E logo de quen sera responsavilidade?

  7. Un mais | 2 de April de 2008 - 10:38 am

    Hoxe 02/04/08 as 10:05 volveu a pasar o cameon cargado de pinos, e por riba tibo que facer maniobras o coche da merda.

  8. arume | 4 de April de 2008 - 10:56 pm

    Hay un rumor que circula por Fene y la verdad de ser cierto sería para preocuparse, y es que ya oí en varios locales que una concejala de la oposicion fue amenazada por un miembro de la ejecutiva del psoe local. Quiero pensar que esto no es asi y por ello si alguien sabe del tema o tambien lo escucho haber si puede aclarar algo, un saludo a todos.

  9. paiaso | 6 de April de 2008 - 3:05 am

    Hai movidas entre peña do pp e peña do psoe. en fin, é politica, pero eu de ti, non me fiaria do alcalde.
    promete moito pero non fai ren

  10. Un mais | 12 de April de 2008 - 12:30 am

    ¿Morreu Ivan Puentes?

  11. Ulmeiro | 12 de April de 2008 - 3:26 pm

    -SI UN MAIS-, IVAN PUENTES RIVERA, MORREU COMO IVAN, AGORA PASASE A CHAMAR - SR. ALCALDE PRESIDENTE, DO CONCELLO DE FENE, DENTRO DE POUCOS ANOS A VERAS COMO MINISTRO. UN SAUDO.

  12. pepito grillo | 13 de April de 2008 - 11:07 am

    cobrando 400.000 pesetas al mes y con posibilidades de meterte dentro del juego politico¿quien no lo haría?.

    Fijaros en Rajoy,con 25 años ya estaba en la xunta,chupando dietas y nominazas…Y el Zapatero otro tanto de lo mismo.Ambos no han tenido un trabajo “normal” en la vida,y quieren hacer ver que entienden a la gente de a pie.

    Cuando nunca han tenido problemas para llegar a fin de mes.Ademas a los familiares siempre les buscan un lugar en la función pública y listo.

    Exceptuando a un par de politicos (salgado,piqué) el resto poco han demostrado en el sector privado(que es donde se demuestra la competencia de los mejores),su curriculum solo está vacío y suelen ser unos mediocres.

    Supongo que Iván apuntará bien alto.Si sale reeligido,ya podrá presentar en Santiago un mérito,para seguir escalando posiciones,y que lo destinen a la xunta o Madrid(se subirá el sueldo a 3000 euros porque asi lo decidieron los ciudadanos)…

    Personalmente no conozco a Iván Puentes,me caía mejor Jorge el médico,que era bastante independiente del partido y no se casaba con nadie.Decía lo que pensaba.
    LAs malas lenguas dicen que Iván hizo todo lo posible para que Jorge se fuese,malas lenguas,personas que trabajan en el ayuntamiento,eso es lo que me dijeron,aunque me gustáría saber la versión de Iván.

    O hablan mal,porque en este país la gente tiene envidia del que mejora,y consigue algo,o realmente es un trepas.

  13. Ulmeiro | 13 de April de 2008 - 11:34 am

    A IVAN PUENTES RIVERA,SI LE IMPORTA FENE. SABES PORQUE, POR HABER NACIDO EN FENE. GRACIAS A LOS VOTOS DE LOS CIUDADANOS HOY EL SR. ALCALDE PRESINDENTE DE FENE. LOS FENESES DE TODA LA VIDA, ESTAMOS ORGULLOSOS DE TENER EL ALCALDE MAS JOVEN DE GALICIA.-CUANDO HUBO EN FENE, SACANDO EL DIFUNTO SR. ALVAREZ SANMARTIN, UN ALCALDE LICENCIADO-. EL SR. ALCALDE HACE MUCHOS COSAS POR FENE. QUE A TI NO TE LAS EXPLICARE… QUIEN TREPA, SON LOS ANIMALES. UN SALUDO.

  14. sanquera | 13 de April de 2008 - 1:56 pm

    Sr. Ulmeiro a mi modo de entender ser licenciado en Publicidad Y Relaciones Públicas no hacen curriculum para alcalde (sino no tendria que contratar asesores)lo que si es importante es su otra parte del curriculum (Militante del PSOE desde los 18 años y en Juventudes Socialistas de Galicia. De donde fue Secretario de Organización y adjunto a la Secretaría de Organización Nacional do PSdeG-PSOE) así como concejal en Fene desde el año 2003) y lo mas importante su trabajo durante estos cuatro años (y no solo sus logros).
    No idealicemos los estudios pues son solo una base que sin la esperiencia del día a día no son nada

  15. Manoel | 13 de April de 2008 - 2:09 pm

    Coincido con sanquera, salvo no dos asesores; telos non significa non saber gobernar, o que pasa é que un político, por moi experimentado que sexa, non é unha enciclopedia que saiba de todo e que lle poda adicar tempo a todo. Por iso tódolos presidentes, vicepresidentes, ministros, conselleiros e moitisimos alcaldes teñen asesores.

    En calquera caso, este, segundo vin no BOP, non é o caso de Fene. O que ten Iván Puentes é traballadores de libre designación, postos de confianza, pero non con funcións de asesores, senón con funcións administrativas e de comunicación; é dicir, xente de confianza para realizar os labores máis próximos ó goberno, que o día que Iván Puentes deixe a alcaldía marcharán con el e non seguirán a cobrar do Concello; como outros que aínda seguen aí e que os teremos que pagar ata a xubilación.

  16. Un mais | 13 de April de 2008 - 2:22 pm

    Señor, como se decatara, o de si morreu Ivan non e coa intencion de desexarlle algun mal, e porque non se lle ve tanto por esta paxina.
    Polo demais si chega a ministro e desmostra que o vale por que non. Cousas mais difiles teño visto.
    Claro que tera que contar con que lle voten os veciños de Fene, agas de outros mais.
    Aparte tamen tera que traballar, que de momento eu polo menos non lle noto o cambeo con respeto a cando mandaba o outro alcalde. (por certo tamen era Rivera)
    Por outra banda a min sigueme parecendo que escrivir con maiusculas, e coma si me berraran nos oubidos.
    Un saudo

  17. sanquera | 13 de April de 2008 - 3:07 pm

    manoel eu non quería criticar a contratación de asesores pois penso coma ti ninguen sabe de todo, eu o poñia en contraposición co merito de ter unha licenciatura

  18. Ulmeiro | 13 de April de 2008 - 4:08 pm

    IMOS A VER UN MAIS, CON GOBERNABA O POBO DE FENE O SR., RIVERA ARNOSO, DURANTE 28 AÑOS O SR. RIVERA ARNOSO PATICIPOU EN MOVIDAS QUE PODEMOS LEER AGORA NO FERROL DIARIO- HACE 25 AÑOS-. QUEN MANDOU NO CELCELLO DE FENE, FOI E DEFUNTO PANCHO ALLEGUE. VOSTEDE POLITICAMENTE ESTA TRABUCADO, O SR, ALCALDE IVAN PUENTES. LEVA XUNTO CO BNG 9 MESES GOBERNANDO. PREGUNTOLLE A VOSTEDE CAMBIOU A FORMA DE GOBERNAR NO CONCELLO DE FENE, EU CREO QUE SI, XA NON SE PERMITE CONSTRUIR ALEGREMENTE, TODAS AS OBRAS TEÑEN O SEU LETREIRO. ETC. ETC. ETC. MIRE EU ESCRIBO COMO SEI, NON TEÑO QUE ACEPTAR AS NORMAS DE UN YANQUE. UN SAUDO.

  19. Un mais | 13 de April de 2008 - 5:39 pm

    Coido señor Ulmeiro que se puxo vostede un chisco dos nervos, xa non me parece que un intelectual coma vostede escriva da maneira que o fai.
    De todalas maneiras eu no dixen, de ningunha maneira que o fixese nin ben nin mal, so dixen que eu non o vexo.
    En canto o dos letreiros, eu no estaria tan seguro.
    Xa sei que vostede nin naide ten que acetar as normas dun Yankee.
    Pero coido que me confunde eu poido ser calquera cousa menos un Yankee, ainda que se fose un Yankee millonario non pense vostede que non me gustaria

  20. el_angel_negro | 13 de April de 2008 - 7:03 pm

    ……..pero imos ver, ¿que carallo pasa cos asesores?,a lei é moi clara respecto a ese tema, é perfectamente legal, persoalmente vexo correcto, intelixente e prudente. Non podo dicir así de outros criterios que se levaron a cabo en este concello,”UTILIZANDO FUNCIONARIOS PÚBLICOS PARA LEVAR NA MAIS ABSOLUTA OSCURIDADE GRANDES DESPROPOSITOS E CACICADAS”,eses funcionarios tamén se pagan das arcas municipais, ca diferencia de que neste caso, se abandonan as tarefas propias do cargo para dedicalas a “función asesora”.
    Para rematar quixera dicirlle os que descoñecen o mar de fondo e o seu hábitat, que gracias a este “RAPAZ & EQUIPO”, algunhos tivemos a gracia de recuperar a autoestima, superar o dano causado pola prepotencia é o desprezo, é sentirnos persoas……solo iso “PERSOAS NORMALES”…

    ¡¡¡Gracias RAPAZES!!!!

  21. serea | 16 de April de 2008 - 2:02 pm

    Angel negro…comparto contigo a recuperación da autoestima e a superación do dano que causa a prepotencia, o desprezo e as calumnias máis infames…ti xa sabes “algúns ou algunhas” non facíamos nada nen serviamos para nada. Foron anos de escuridade dominados polos “grandes gurús do coñecemento” que, non te esquezas, a maioría deles seguen a estar ahí, porque como ben dicías paganse das arcas municipais e vinteoito anos dan para moito.

  22. Un mais | 17 de April de 2008 - 11:59 pm

    Estou agardando que me conteste algen polo dos camions

  23. Iván | 18 de April de 2008 - 12:17 am

    Cóntoche por e-mail, xunto co do alcantarilado do Casal. Saúdos!

Deixa unha resposta