ivanpuentes.com

En Fene, sen “pájara” e sen milfollas

Así de frescos rematamos este domingo a Marcha Ciclista que organizou a Concellería de Mocidade, Ocio e Deporte de Fene; frescos porque, esta vez si, din chegado ó final, pero tamén pola choiva que nos caeu durante o camiño. A pesar do mal tempo, unha boa chea de veciños/as se animaron a pedalear e darlle todos xuntos unha pequena volta ó noso concello. Foi unha boa mañá de domingo!

9 comentarios

  1. Un mais | 16 de Abril de 2008 - 10:34 am

    Falando de augas, e non precisamente da choiva senon das augas fecais.
    Podia algen explicarme que pasa co alcantarillado na zona do Casal, Maniños, resulta que temos unha señora con 72 anos, que esta sin alcantarillado para a sua vivenda, como di ela agora que gastei os cartos en amañala, resulta que non me poñen o enganche por culpa do concello.
    A min a verdade non me parece non me parece que sexa tan “complicado” poñelo enganche si ten o tubo diante da porta. (Coido que leva asi perto de 5 meses)
    Tes que perdoar Ivan si soupese o teu enderezo eletronico no che poria isto asi.

  2. Blas | 16 de Abril de 2008 - 1:34 pm

    Era hora de que empezaces a practicar algo de deporte. Nótase ademais que estás bastante falto de práctica, só hai que ver como puxestes o casco.

    Agora, un cotilleo!!. Que comeches ao rematar de pedalear?.

    Un saúdo, e actualiza máis o blog

  3. Ulmeiro | 16 de Abril de 2008 - 9:52 pm

    SR. ALCALDE MOITAS FELECIDADES POR SEU ANIVERSARIO E QUE DISFRUTE MOITO CON A NOSA CORAL A -ETERNA XUVENTUDE-,A CORAL AHAY QUE MANTENLA ATA QUE NOS SEXAMOS MAIORES, PARABENS SR. ALCALDE.

  4. Manuel Cendán | 16 de Abril de 2008 - 10:42 pm

    Ten razón Blas co do casco. Pero, en fin xa se sabe que o coche oficial fai destragos. Unha aperta.

  5. Iván | 16 de Abril de 2008 - 11:39 pm

    Un máis, podes enviar todas as suxestións ou preguntas que estimes oportunas a: alcaldia[arroba]fenecidadan.net Míroche mañá en Obras como está o do alcantarillado do Casal e che resposto por e-mail.

    Apertas ;-)

  6. Iván | 16 de Abril de 2008 - 11:42 pm

    Blas, coincido contigo na necesidade de facer algo, aínda que só sexa algo, de deporte; estou niso.

    Manolo e Blas, o do casco foi para solidarizarme co pano rapero, que lle tocou no sorteo posterior á marcha, a Sonia, a rapaza que aparece á esquerda da foto. Home, moi deportista non son, pero o casco aínda o sei poñer, tal vez porque, na liña que apunta Cendán, en Fene non temos coche oficial.

    Blas, sacio a túa vea cotilla, logo de pedalear tomei un bo churrasco coa familia, que me sentou mellor que nunca.

    Apertas ;-)

  7. nelsy maria | 17 de Abril de 2008 - 1:27 am

    señor,alcalde aunque no tengo el honor de conocerle personalmente, pido a dios paz , alegria y la genial sabiduria que a usted le ha dado, pues por su juventud en tan importante posicion , no hay duda de que usted es un joven super dotado, felicidades en tus 28 añitos y continua como hasta ahora , dios le bendiga y le de muchos años de vida, y asi , seguir demostrando esa gran capacidad, FELICIDADES EN SU DIA , JUNTO A LOS SUYOS, desde Republica Dominicana su desconocida amiga,, nelsy.

  8. Blas | 19 de Abril de 2008 - 12:58 am

    Eu opino o mesmo que nelsy maria, e ademais que che coñezo persoalmente ratifico todo o que di, especialmente o de SUPERDOTADO ,jejejejejejeje

  9. Iván | 19 de Abril de 2008 - 10:59 am

    Ja, ja, ja… Blas e Nelsy, creo que sodes un pouco esaxerados, pero moitas gracias! É un pracer ter tan bos amigos, aínda que de Nelsy non coñezo nin a cara, pero espero que pronto podamos tomar un café por Fene.

    Saúdos para os dous ;-)

Deixa unha resposta