28 anos despois

Igual que nesta imaxe, hai hoxe 28 anos a miña nai e máis eu pasábamos a tarde nunha habitación do Hospital Arquitecto Marcide; ela cre lembrar que na 322. Aquel día eu tiña unhas poucas horas de vida e ela estaba a se recuperar do tremendo esforzo que tivo que facer durante 8 meses para que eu puidese chegar a nacer.
Hoxe o hospital xa non é do INSALUD, é do SERGAS e a pranta xa non é a terceira, senón a quinta, pero a situación non variou moito. Ela, traballadora infatigable, está de novo a recuperarse para seguir loitando, desta dunha operación de xeonllo; eu, algo máis grandiño, paso as tardes ó seu lado, pero en lugar de comer e durmir, axúdolle coa rehabilitación, paseamos, falamos, lembramos…
Aínda que seguro que non sería o que desexase se puidese ser quen de decidir o noso destino, hoxe, por primeira vez, ela e eu celebramos o meu cumpreanos exactamente no mesmo lugar no que hai 28 anos celebrábamos o seu feliz parto. Dime que se atopa moi ben, menos cansa que entón, pero que quen lle dera ter os 39 anos daquela tarde de 1980. É maravillosa!
Moitas grazas a todos e todas os que hoxe me felicitastes e me fixestes chegar dun ou doutro xeito o voso cariño e moitas grazas tamén a todos aqueles que, tendo intención de felicitarme, vos esquecistes; compréndovos, porque sabedes que a min sempre me pasa ;-)
11 comentarios
Deixa unha resposta


Noraboa aos dous. Non hai coma ter fillos para saber o que é, e dígocho con conocemento de causa…. pero agora non imos a facer un discurso filosófico sobor desto.
En canto ao “festexamento”, o grande problema non é si nos gusta que nos festexen ou non (que sí que nos gusta), senón si seremos capaces de “corresponder” ao festexo deses amigos que che coñecen e que te QUEREN.
E xa verás, a barreira dos 30 pasámola todos e non doe nada de nada, e na beira dos 40, “coser e cantar”.
Saúdos.
Felicitacións!!!!!!!!!!!!!e eu tamén teño que me poñer a facer un pouco de bicicleta jiji
Mándoche unha aperta dende o meu “paro biolóxico” destes días. Cando poda volver á vida normal prometo facer esa mousee de chocolate da que falabamos.
Felicidades ós dous.
Con certo retraso, xa que non sabía que era o teu “cumple”, MOITAS FELICIDADES!!.
O que pasa é que en anos anteriores, lembrote que traías uns pasteliños ata o Pino para celebralo, jejejeje. Pero agora “nadená”.
E un bico a túa nai, e que se recupere pronto.
Moitísimas gracias, na veira do mar! Agardo impaciente pola mousse de chocolate branco, fáisema a boca auga só de escribilo; pero sobre todo estou contento, porque sei que dentro de 28 anos alguén, na versión 1000.0 dos blogues, escribirá unha historia similar da que ti serás a protagonista.
Ánimo! Espero poder verte pronto, que me tarda moito, non pola mousse, senón por che poder dar un bico enorme ;-)
Moitísimas gracias tamén, Delfín, Espartano e Blas, polas vosas felicitacións. Poreille a páxina a miña nai no hospital para que poda ler tamén os ánimos que lle transmitides.
Apertas ;-)
Feliz Cumpleaños Ivan.
28 años más de alcalde!
Ivan , é fermoso ó que relatas sobre ti e túa nai. O mellor, se as circunstancias foran doutro xeito non farían posible esta situación, por eso sempre aplico unha cousa que sempre me o meu pai que é : o aqui sucede é porque ten que suceder! E é así, ese achegamento á túa nai non sería posible doutra maneira.
Disfrútao e saudos e bo desexo de recuperación.
Susana Bayo
Moitas gracias, Su! A verdade é que penso que tanto ti como o teu pai tedes bastante razón; o importante é gozar do momento e saber ser feliz co que un ten en cada ocasión. Saúdos ;-)
Meu estimado Iván, ante todo moitiiisimas felicidades aínda que moi atrasadas, pero sobre todo espero que a túa mamá se recupere moi pronto e que cando te escriba esta mensaxe xa esteades dando paseos pola casa….APERTIÑAS
Ja, ja, ja… case pareces meiga, Eva! Agora mesmo, que estou a ler a túa mensaxe, acaba de chegar a miña nai á casa. Esta ben, pero aínda lle queda unha longa recuperación.
Moitas grazas pola túa mensaxe. Un millón de bicos, guapiña ;-)