ivanpuentes.com

Espectáculo no Eume, a pesares da sequía

Esta tarde subín á Presa de Goente (As Pontes) para comprobar o que onte me dixeran Nacho e Alex, que estaba unha vez máis desbordando; a impresionante fervenza que se forma é dos espectáculos "naturais" máis fermosos que se poden ver no inverno de Ferrolterra. A pesares das poucas chuvias deste ano, é certo, a presa está chea e a auga leva xa uns días saltando por riba do muro.

Como xa vos dixen nalgunha ocasión, se nunca vistes isto, merece a pena. Nun post que escribín o ano pasado, explicaba o doado que é chegar.

8 comentarios

  1. Un mais | 21 de Abril de 2008 - 3:48 pm

    !!Ivan¡¡ Se non che parece mal “A presa esta en San Pedrodeume”.
    Soupeches algo do alcantarillado.
    Eu si a veciña corrixeume unha data, non son cinco meses como dixen sinon que o permiso solicitouno en agosto do ano pasado.
    Un saudo.

  2. Iván | 23 de Abril de 2008 - 11:23 pm

    Tes toda a razón na corrección, coñezo “San Pedrodeume”, porque teño algo de familia por alí. Puxen Goente deixándome levar pola denominación que lle da a Xunta ou a propia empresa, pero o correcto e exacto é o primeiro.

    Sobre o alcantarillado, están en obras averiguando o asunto, parece que non está fácil, pero como che dixen contestámoche exactamente por e-mail.

  3. Xavier | 30 de Abril de 2008 - 9:24 pm

    Boa foto. Impresiona, aínda que non se ve toda a fervenza.
    Un saúdo.

  4. Un mais | 30 de Abril de 2008 - 11:35 pm

    Perdoame Ivan, pero coido que en obras, no son todo o eficientes, que deberian ser.
    ¿Non che prece?
    Dende o dia 23, xa terian tempo.
    En canto o de me contestar por e-mail, tampouco recibin nada.

  5. Iván | 1 de Maio de 2008 - 4:06 pm

    Grazas, Xavier! Se queres ver a fervenza enteira, só tes que pinchar no enlace do último parágrafo, onde pon “nun post que escribín o ano pasado, explicaba o doado que é chegar” Ese está ilustrado cunha foto completa do muro e a caída de auga, aínda que non impresiona tanto como na realidade.

    Saúdos ;-)

  6. Iván | 1 de Maio de 2008 - 4:06 pm

    O luns miro que pasou, un mais!

  7. Un mais | 13 de Maio de 2008 - 11:01 am

    Xa sei que tes moito traballo Ivan.
    Pero non me parece serio, cando se da unha palabra, deberiase cumplir.
    Estamosa martes 13/05/08 e ainda non vin nada por este medio nin po-lo e-mail.
    Un saludo

  8. Un mais | 13 de Xuño de 2008 - 5:05 pm

    Viñeron os “Augagest” marcaron a carretera coa radial, e “Si te vin non me recordo”.
    E xa estamos a 13/06/08 San Antonio.
    Xa sei que me diras que non e culpa tua, e eu creocho, pero si todo anda asi no concello apañados estamos.
    Un saudo

Deixa unha resposta