ivanpuentes.com

Pradolongo

A pesares do moito que teño que madrugar mañá, non quero deitarme sen antes falarvos un anaco de Pradolongo, a nova longametraxe de Tamara, unha marabillosa amiga da que xa vos teño falado, que protagoniza este filme de Ignacio Vilar con Rubén Riós e Roberto Porto.

A historia é das que a un lle penetran no máis fondo a medida que vai avanzando a metraxe e das que, como as boas esencias, provocan sensacións que quedan atrapadas e que afloran en forma de constantes réplicas ó longo dos días seguintes. É unha película diferente, orixinal, quizais non tanto pola historia, que é cotiá, como polo ambiente e o xeito de narrala. Como dicían Tamara e o director na presentación que fixeron este venres en Fene, estamos acostumados a ver no cine historias de americanos, pero non historias de galegos, rodadas aquí e que reflictan as nosas costumes, a nosa forma de ser. Isto fai que a película chegue, que nos identifiquemos con ela.

Sobre Tamara creo que obxectivamente podo dicir que está espectacular. Estou seguro de que máis cedo que tarde esta muller triunfará plenamente, porque é realmente boa profesional, ademais de excelente persoa. Desde aquí quero transmitirlle todos os ánimos posibles nestes duros días de promoción e moitísima sorte con esta película, que en Galicia xa está arrasando en taquilla. Nunca perdas a inocencia tan impura coa que nos acarician os teus ollos e a túa alma!

Se vivides por Ferrolterra, podedes ver Pradolongo nos Cinebox do Centro Comercial Odeón (Narón). Recoméndovola!

13 comentarios

  1. Guybrush | 21 de April de 2008 - 12:53 pm

    Se a xente vai ver peliculas americanas por algo será, e dame que aqui non somos moi pro-americanos, non é por despreciar, pero para ver garruladas xa me chegan os tonechos, que o de que a historia penetra no mais fondo no no crees nin ti, o unico que penetra é o aburrimento, por outro lado algo típico do cine español en xeral.

  2. arume dos piñeiros | 21 de April de 2008 - 5:07 pm

    Moi boa película. A comparanza cos americanos está ben traída, porque a peli emparenta con esas comedias de adolescentes americanas, algo nostálxicas, tipo American Graffiti, pero con paisaxes e personaxes de aquí. As historias son moi semellantes, ben narradas e ben interpretadas. Para Guybrush que aprecia o cinema americano (coma mín) teño que decirlle que vaia vela, que non lle vai decepcionar. Hai ata morbo erótico.

  3. Iván | 22 de April de 2008 - 10:56 pm

    Cando unha persoa gusta da cultura, aparca os seus prexuízos e déixase empapar por ela libremente, transparentemente, para valorar cada obra na súa esencia, independentemente de todo tipo de etiquetas e circunstancias. Os tópicos son inimigos da cultura, máis se se trata de tópicos típicos sen ningún tipo de fundamento.

  4. pepito grillo | 23 de April de 2008 - 10:44 pm

    aún me acuerdo cuando era niño que nos llevaban en procesión al cine a ver “Sempre Xonxa”,continental y demás bodrios.Autenticos tostones que consiguieron que aborreciese a los profesores de gallego…mira que obligar a los niños…

    Por eso no iré a ver esta

  5. Javier | 23 de April de 2008 - 11:14 pm

    Pero que gente más corta, dios mío. Me encanta la cultura de la derecha, como cuando pedían que no se fuese a ver la Pelota Vasca, de Méndem, no la habían visto, pero la odiaban. Es acojonante! pero claro, cultura y derecha son conceptos incompatibles, porque el primero implica libertad y el segundo la niega.

    Quiero darle mucho ánimo al equipo de Pradolongo, la vi en Vigo y me flipó. Es la mejor película española que he visto este año, quizá en gran parte por lo que dice Iván, ves tu mundo reflejado en la pantalla, no uno ajeno, y eso engancha.

  6. Guybrush | 24 de April de 2008 - 11:48 am

    Si sobre todo la derecha niega la libertad, solo hay que ver China, Cuba, Venezuela y demás, vamos lo tipico discurso hipocrita de la izquierda que sois progresistas, que sois democraticos, que miedo viene la derecha etc.. que es a lo unico que podeis hacer para que os hagan caso demagogia, por que lo que es ideas practicas y reales ninguna, por eso la derecha nunca será bien vista, ainda que alguns socialistas (de Fene)logo se compren coches de 6 millons.

  7. Iván | 24 de April de 2008 - 1:47 pm

    É evidente que non comparto nada do que dis, Guybrush, pero, por favor, non mintas, NINGÚN socialista do Concello de Fene comprou un coche de 6 millóns, é máis, ningún socialista do concello de Fene comprou ningún coche dende que está no concello e os que temos pódoche asegurar que valen moito menos deses 6 millóns. En todo caso, é este un debate absurdo.

  8. Guybrush | 24 de April de 2008 - 2:13 pm

    Eu nunca dixen que fose do Concello, eso inventachelo ti. Pero tes razon é absurdo.

  9. Un mais | 24 de April de 2008 - 9:23 pm

    Coido que coñezo a todos os que estan no governo de Fene, e ten razon ningun deles ten coche de seis millons, e si o tivera tampouco terias nada que dicir, en todo caso si sabes de alguen que roubou terias que ir o xusgado e denuncialo, por ves de andar a dicir mintiras.
    ” Sentidiño “señor” Guybrush

  10. pep | 29 de April de 2008 - 6:41 pm

    puede alguien decirme que pasa con las plazas de peón, que no salio la lista de admitidos y ya van mas de 6 meses.
    Me estoy preparando para otras y no se lo que pasa en fene, que es todo muy raro.
    ¿Acaso se suspendieron?

  11. Roberto | 30 de April de 2008 - 12:03 am

    Pues yo fui a verla este Domingo.
    En principio me extrañó que sólo fuéramos 7 personas en la sala, pero al terminar la peli entendí por qué no había más gente.
    Para mi gusto la historia no tiene “chicha” ninguna, es muy previsible y muchos de los actores/trices (je) parecen sacados de una obra de teatro de EGB.
    Hicimos el esfuerzo de quedarnos a ver todos los títulos de crédito y eso nos hizo comprobar cómo se pueden malgastar (siempre desde mi punto de vista, eh!) tantos recursos en tan poca cosa.
    Pienso que se perdió la oportunidad de aplicar los medios reunidos en hacer una película de buen nivel, con una buena historia, que habría tenido un efecto “tirón” en el público gallego y español. A partir de ahora, quien haya visto esta peli, pienso que se lo pensará más a la hora de comprar una entrada para ver otra peli gallega.

  12. Diego | 5 de May de 2008 - 7:50 pm

    Eu creo que é unha moi boa película. O malo é que terei que esperar ata o 9 de maio para poder vela en Lugo, pero xa queda menos. E eu dende logo non teño dúbidas e ireina ver ao cine e animarei para que todos e todas vaian vela, pola calidade da mesma e polos bos actores e actrices que participan nela, entre eles a nosa compañeira Tamara. Un saúdo socialista e republicano para todos e todas.

  13. Lu | 23 de May de 2008 - 5:57 pm

    En primeiro lugar dicir que a película me encantou!!! gústame ver novas iniciativas desde a nosa realidade, coa nosa lingua e tódolos matices que a embelecen.

    E en segundo lugar unha pregunta: se es socialista non podes ter un coche de 6 millóns? Non entendo… parece o estúpido estereotipo de sempre, que por ser socialista non podes gastar diñeiro, ou tes que vivir debaixo dunha ponte. Qué opinan os de dereitas do encasillamento na imaxe “amo a Laura”?

    Pouca coherencia… pero bueno, empezo a non sorprenderme destas cousas.

    Un bico, unha aperta e un brindis pola rotura dos estereotipos!!!!!!

Deixa unha resposta