Fuera de Carta
Ademais de cumprir coa rutina anual de acudir á ofrenda a Pablo Iglesias no Cantón de Molíns e manifestarme logo xunto cos compañeiros/as de UGT e CC.OO. adiquei este primeiro de maio a ir ao cine; tocou de novo peli española, comedia neste caso. Acabo de chegar de ver "Fuera de Carta".
O cine español ten múltiples problemas, pero non dende logo a falta de creatividade e de orixinalidade. Javier Cámara, Lola Dueñas ou Fernando Tejero están excepcionais, a sala escachaba coa risa en varios momentos. Se vos gusta a comedia, non deixedes de ila ver, será unha das películas do ano.
1 comentario
Deixa unha resposta


Eu a vin un día de baixón… voltei á vida, de verdade. Lola Dueñas está sempre tan arrabalera e xenial, ese aire de muller arrastrá polos toxos e supervivinte e claro, Javier Cámara. Coincido plenamente. Espero que a túa mamá mellor.
Biquiños