Sacrificar unha ría

Estes días recibín duns amigos un documento que durante moito tempo pensei que non era máis que unha lenda urbana das moitas de San Caetano, "Elementos para unha ordenación íntegra dos usos do medio litoral de Galicia". Trátase dun traballo encargado pola Consellería de Pesca do penúltimo goberno do PP e elaborado por Enesto Penas, antigo alto cargo da Xunta e técnico da U.E. en Bruxelas; traballo que pretendía sentar as bases para iniciar unha ordenación integral do medio mariño e da franxa litoral de Galicia. O texto recolle algunhas reflexións intreresantes sobre a Ría de Ferrol, a sacrificada:
Dada a tendencia sinalada ó aumento da poboación costeira, non é en absoluto descartable que a necesidade de crear emprego leve a establecer excepcións á aplicación do principio de desenvolvemento sostible, especialmente tendo en conta que en determinado tipo de industrias os métodos contra a contaminación son extremadamente custosos e a súa aplicación obrigatoria pode constituírse en importante factor disuasorio para a empresa implicada.
Obsérvase unha clara incompatibilidade entre o interese xeral (instalar industrias que crearán traballo) e o interese particular (a degradación ambiental e destrucción de recursos naturais na zona de instalación) […] O interese xeral de Galicia pode facer necesario a instalación destas ou outras industrias […] a súa radicación precisa conta coa oposición de tódolos concellos ou barrios nos que se intente facelo […] En tal situación pode ser relevante formularse aquela cuestión, […] a posibilidade de sacrificar unha ría […] que podería ter sentido se ten como contrapartida a de garanti-la preservación das demais rías de Galicia.
En canto ás posibles zonas candidatas […] parece obvio que a Ría do Ferrol é a que reúne máis características idóneas: unha importancia relativamente menor dos seus recursos naturais […] unha man de obra con capacitación industrial e unha necesidade social imperiosa de reindustrialización.
Aí o tedes, unha zona tan rica coma a nosa "sacrificada" a golpe de despacho en nome do interese xeral de Galicia; tendo en conta, iso si, que debido á fame, á "necesidade social imperiosa de reindustrializacion", iamos ser os que menos protestásemos, quizais. O desenvolvemento sostible nunca debe ter excepcións, porque sempre se traduce no mesmo, pan para hoxe, pero fame para mañá, é dicir, pobreza.
20 comentarios
Deixa unha resposta


¿La sostenibilidad como “interés particular”?… ahora me empiezo a explicar ciertas cosas.
Impresionante foto. ¿autoría de xaime??
Ivan,
Qué opinas da noticia publicada hoxe na Voz de Galicia sobre a posible reubicación de ENCE na ría da Coruña (Portos exteriores de Coruña ou -Ferrol).
NOn cres que está a mover o problema de sitio, máis non solucionar o problema de fondo?
Agora que estades a redactar a ponencia política, creo que este tipo de cuestións deben ser obxecto de debate interno, porque habería moito que falar.
Estou convencida de que os que temos 28 anos, herdamos todas as problemáticas socio-ambientais do pais, e sufriremos en carnes propias as consecuencias do cambio climático.
En definitiva, o que quero dicir é que nestas cuestións, no deseño do país, e das políticas económicas, sociais e ambientais a desenvolver, nós máis que ningún outro, debemos marcar os obxectivos do mundo no que queremos vivir.
Ola, Óscar, que alegría verte por aquí, espero que todo marche ben! Pois si, a foto é de Xaime, como non? Está tomada dende o cumio de Coto do Rei, en Fene, o punto máis alto ó redor da ría e a mellor vista desta.
Saúdos ;-)
Isa, a verdade é que coincido plenamente contigo. Hai uns dous anos, cando empecei con este blog e non sabía aínda da existencia real deste documento, xa escribín nun artigo a miña opinión sobre a ubicación de ENCE en Ferrolterra.
Saúdo que Galicia substitúa unha instalación anticuada como a de Lourizán por unha celulosa de nova xeración, moito menos agresiva para o medio ambiente, celebro que se complete o ciclo do papel no noso país e celebro que tales factorías se ubiquen neste zona e creen postos de traballo, pero creo que situala á beira da ría sería cometer de novo o erro de Pontevedra.
Estaríamos rexenerando nesta cidade para destrozar definitivamente a ría de Ferrol, é dicir, como dis, Galicia non se libraría dun problema, simplemente o cambiaría de lugar. Hai que buscar unha ubicación alonxada dos núcleos de poboación e de zonas de producción marisqueira. Debemos evitar que se cumpla de novo o perverso plan que a Xunta do PP trazou para a nosa ría.
Vamos a ver,tres sitios posibles para la ubicacion de la Celulosa, Puerto exterior de A Coruña, As Pontes y por ultimo el Puerto Exteior de Ferrol, asea, corvertir la ria de Ferrol en una cloaca. Ya lo dijo un empresario pontes, muy condecorado el, que la ria no servia para nada. Pero ya lo veremos. Vamos intentar que ENCE, la ubi
la ubiquen en un sitio adecuado. Espero que la gente tomre nota y se movilice, que no vaya a pasar como REGANOSA, que algunos se enteraron que estabamos luchando despues de estar echas las instalaciones, cuando en realidad ya estabas peleando hacia diez años. la planta de gas de REGANOSA tiene que pasar al puerto exterior y Ence a un lugar consesuado por todos,
Xa recibin as novas, nunca tarde se a dita e boa.
Grazas.
Ese texto explica moi ás claras un dos motivos da aposta sen condicións da Xunta á localización de Reganosa en Punta Promontorio. Da Xunta daqueles… e a destes. Unha vergoña.
Me encanta el discurso progre: “arriba el `medio ambiente´ abajo los humanos. La tierra para las lagartijas, las personas (los que no son yo) al paredón. Sois únicos. Así va España.
Es que el discurso progre del medio ambiente da mucha pasta y si no que se lo digan a Al Gore, ¡¡arriba el medio ambiente!!.
Es cierto,mejor emigrar,e ir a buscar trabajo a otro lugar,pongamos freno a esas empresas,que se quieren enriquecer con nuestro entorno.
Cambiando de tema,nadie se ha echo eco de la noticia de la desaparición de la oficina del servicio galego de comunicación en fene.La verdad es que me alegro de ello.
Chiringuitos de funcionarios que nada solucionaban.Las veces que allí estuve,solo había ofertas para irse a trabajar al quinto carallo,aún encima te hacía perder el tiempo con una larga entrevista.
Como aquellas dos señoras iban a saber colocar a la gente,si no tenían ni idea de como buscar trabajo.Lo dicho mejor que ya no esten.Menos gastos.
Por otro lado,y que para mi si que es indignante,es la actitud del alcalde de Fene, en relación con dos iniciativas parlamentarias(una del PP,y otra del BNg),una hace un mes,y la otra hace una semana,a favor de la renegociación de la supresion del veto al astillero del pueblo.
Es indignante porque seguro que no las conoce,le dan igual,y cuando las conozca,se posicionará con la que la situción actual,es óptima,asumiendo sin rechistar,la infrautilización de Astano,como si estuvesemos sobrados de grandes empresas.
Dedicando todos sus esfurerzos,a Vilar do colo,
(ese poligono lleno de almacenes),y en el cual pone sus grandes esperanzas de generación de empleo(será en 10 años…)
Para quien le interese:
ano 2007 foi o de máis contratación, no sector naval, a nivel mundial, de feito houbo unha contratación de 83,3 millos TBC, o que significou unaumento do 43% a respecto do ano 2006, que tivo unha contratación de 56,5 TBC.
….Mais a importancia desta contratación débese comparar coas posibilidades de construción por parte dos estaleiros, agora mesmo o carteira mundial de pedidos supon 5,5 veces as entregas de buques no ano 2007.
É dicir, a demanda é moi forte e a oferta ten limitacións para poder atender o volume de pedidos.
Precisamente no caso de Galiza, esta debilidade na oferta vese na limitación de espazos físicos nos estaleiros da ría de Vigo …
“O Parlamento Galego insta á Xunta de Galiza a dirixirse ao Gobernó do Estado coas seguintes demandas:
1. A cuantificación concreta das axudas que recibiu o estaleiro de
Navantia-Fene (anteriormente Izar-Fene), consideradas ¡legáis pola Comisión Europea.
2. A apertura dunha negociación coa Unión Europea para que, en virtude do principio comunitario de proporcionalidade e sen que implique novas axudas públicas, permita a transmisión ou adquisición dos activos actualmente non utilizados pola empresa Navantia-Fene, para que dentro dun marco de concurso público,podan volver á construción naval civil.
Santiago de Compostela, 20 de Maio de 2008.
Asdo.: Carlos Fernando Blanco Parga Asdo.: Carlos Aymerich Cano
Como siempre,el Bng,es el que realmente vela por los intereses de los gallegos…
Buenos días:
Estoy leyendo y escuchando estos días algo sobre el famoso trabajo de Ernesto Penas y me gustaría leerlo ¿como puedo conseguirlo?
La Ría de Ferrol se supone que fue la sacrifidada y que por ello se instaló Reganosa aquí. Alguno se ha parado a pensar que el Puerto Exterior con su dique de 1,5 km. es el que está estropeando (por no decir otra cosa) toda la Ría?no lo digo yo…lo dice Greenpeace y otras entidades ecologistas.
Un saludo para todo el mundo
sobre ese documento do PP, pregúntome se non é máis hipócrita a posición do PSOE que, anque non foi a promotora, xustifica a presenza da regasificadora na ría. Véxanse as declaracións de Ricardo Varela na SER. Tamén é desacougante a actitude dun conselleiro de medio ambiente (xa entendo iso do “medio”) apostando polas Pontes como lugar ideal para colocar a planta de celulosas, asumindo unha labor de promoción industrial que non lle corresponde. E por último, queda a defensa a ultranza das térmicas (véxase o caso de Extremadura ou a mesma vila de As Pontes) e dos intereses empresariais de ENDESA ou Gas Natural, cando hai uns poucos días Zapatero defendía as enerxías alternativas. Non se pode condenar, a risco de caer na incoherencia, o “sacrificio da ría” e logo aplaudir o modelo enerxético causante do mesmo sacrificio (ou si?, o PSOE xa nos ten acostumados a un sinfín de incongruencias, lémbrovos que esta Deputación, a comandada polo PSOE e o BNG, lombrou fillo predilecto a Tojeiro e a Fernández Latorre, dous dos máis claros expoñentes neste país do empresariado espoliador e destructivo). Non me faledes do pragmatismo, especialmente os militantes xoves, agora que cumplimos 40 anos do maio francés. Sé realista, esixe o imposible.
Planta de gas fóra da ría!
Amigo Perverso, plantadegafóradaría ou PSP, que sodes tres nunha mesma persoa, gustaríame que me xulgases polos meus feitos e non polos valores que ti asocies ás siglas políticas que eu teño a honra de representar.
En Fene, postura en contra da ubicación da Planta de Gas en Punta Promontoiro (Mugardos) a liderou sempre o PSdeG-PSOE; todas cantas mocións e resolucións ten aprobadas o Pleno de Fene denunciando este asunto, xa dende o ano 1999, foron presentadas polo PSOE e aprobadas co voto favorable do noso partido e de Esquerda Unida, a abstención do BNG e o voto en contra do PP.
Sempre que a miña man se ergueu nun pleno neste asunto foi para votar en contra da ubicación da Planta e a favor de trasladala ao Porto Exterior. A Agrupación Socilaista de Fene, xunto con outras da comarca, así como as Xuventudes Socialistas de Galicia, dende a época na que eu fun Secretario de Organización Nacional, forman parte do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, un dos poucos alcaldes que recibiu aos veciños/as de Mehá cando estaban pechados no Concello de Mugardos fun eu… e podería seguir, pero creo que abonda.
Sobre ENCE, como lle dixen a Isa, xa escribín hai dous anos un artigo sobre súa ubicación en Ferrolterra. Aí atoparás a miña postura, segue a ser a mesma.
Ciudadano Ártabro, creo que a mellor forma de conseguir o documento é que te poñas en contacto co Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, ben pasando polo Ateneo Ferrolán, ben a través da súa páxina web: comitecidadan.org
Eu téñoo só en papel e creo lembrar que eles tamén tiñan algunha copia.
Saúdos ;-)
non me vale a resposta, o teu partido, a quen tí representas, ten unha posición moi clara. Eu non me adico a xulgar nin a inquirir de onde veñen as opinións, algo que semella máis propio da Conferencia Episcopal ou do teu propio Partido. Tampouco me interesa a túa posición hai dous anos sobre ENCE; a realidade está ahí e é hora de tomar unha posición clara agora. A xuventude non se mide tanto en termos biolóxicos como mentais e moito me temo que non esteas moi lonxe dos posicionamentos do aparato do partido, que xoga a dúas ou tres bandas
Ciudadano ártabro: en esos cuatro centros de la Universidad de A Coruña puedes encontrar el libro del “técnico”…Ernesto Penas Lado. En los cuatro lo hay y está disponible. Aun no siendo alumno de la misma, presentando el DNI te lo prestarán unos 5 días aprox. y podrás llevarlo a tu casa para mayor comodidad.
Autor Penas, Ernesto.
Titulo Elementos para una ordenación integral de los usos del medio litoral de Galicia
Publicac [Santiago de Compostela] : Xunta de Galicia, Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación, [2000]
Ubicación Signatura Estado Tipo de Prestamo NOTA
CIENCIAS A-275 DISPONIBLE PREST NORMAL
DEREITO 35-4627/37.14 DISPONIBLE PREST NORMAL
E U POLITECNICA C 185 DISPONIBLE PREST NORMAL
ESC POLITECNICA SUPERIOR N B 212 DISPONIBLE PREST NORMAL
Ciudadano ártabro:
Yo no he leído el libro en cuestión pero por el perfil del individuo y su antiguo cargo en la Xunta, incluso su actual ocupación en Bruselas, imagino que su estudio iba más por asuntos pesqueros y probablemente de ubicación de piscifactorias que por asentamientos industriales agresivos como el que nos ocupa. No obstante, puedo estar equivocada.
Muchas gracias Margarita ;)