ivanpuentes.com

Feneuropa

Onte clausuramos Feneuropa, o primeiro paso do camiño que Fene, da man do Consello da Xuventude de Galicia, acaba de iniciar para favorecer os intercambios e estancias dos mozos e mozas do noso concello nos demais países da Unión Europea, durante 2 meses, 6 meses ou un ano; así como para favorecer a posta en marcha en Fene de proxectos sociais desenvolvidos por rapaces europeos e financiados pola Unión. Nisto consiste, a grandes rasgos, o Servizo de Voluntariado Europeo, que coa experiencia e contactos adquiridos en seminarios deste tipo, acabaremos implantando no noso concello.

Desde o luns, 23 mozos e mozas de case outros tantos países europeos traballaron a tope na Casa da Cultura, ademais de coñecer o pobo e a comarca. A nós, aos membros do Concello, nos ensinaron moito máis do que podan imaxinar sobre como traballar en políticas de mocidade, especialmente no plano internacional. Era o debut de Fene en experiencias deste tipo e creo que pasamos a proba con nota.

A descrición dun seminario coma este nunca está completa sen falar do plano máis persoal. A amizade, o bo rollo, a complicidade… afloraron dende o primeiro día, tanto que o venres, na cea de despedida, todos nos sentíamos xa membros dun grande equipo que daba moita mágoa ter que disolver. Ademais do aprendido tecnicamente, a pegada que as boas persoas de Feneuropa nos deixaron a tódolos membros do Concello, será imposible de borrar.

Infinitas grazas a Yolanda, Rut, Suso, Azucena, Loli, Leo, Richard, María, Maris, Francesco, Gregor, Celia, Anne, Adrián, Erol, Helena, Kemal Onur, Rusudan, Silvia, Edu e tamén a Joana.

Descargar foto de grupo en tamaño grande / Download large size group photo

27 comentarios

  1. Yoli | 16 de Xuño de 2008 - 2:41 pm

    Ohhhh my God¡¡¡¡

    jajajaja… FENEUROPA WAS FANTASTIC¡¡

    Thanks you very much for all people¡¡

    ;-)

  2. isa lema | 16 de Xuño de 2008 - 4:46 pm

    Noraboa Ivan,

    Pola iniciativa, polo éxito da mesma (estaba garantizado, co ese equipazo de xente da que te rodeaches!)e por saber aproveitar os recursos que dende diferentes instancias teñen a súa disposición os concellos, especialmente en materia de mocidade. Se todos os alcaldes fixeran igual…

    Bicos,

    Isa Lema

  3. Joana Cambeiro | 16 de Xuño de 2008 - 8:48 pm

    FENEUROPA estará sempre no meu coração :)

    Obrigado a todos por tudo, nunca vos esquecerei!

  4. Worker in the shadow | 16 de Xuño de 2008 - 11:58 pm

    You are welcome Mayor. It was one of the best experiences you have share with us. Despite of working hard (very hard), for the beginning I was sure that it will be worthy. And the best of this fantastic week is that I know that it was just the first step of a long way we´ll do together (if you don´t keep practising mobbing with me).It´s a pleasure to work and laugh together.

  5. Adrián | 17 de Xuño de 2008 - 12:12 am

    Graciñas a todos, por todo, ogallá sexa o comezo de algo bo para as seguintes xeracións de feneses.

    Thanks to everybody for everything, I hope it will be the beginning of something nice for the following Fene generations.

    Apertas / huges,

    Adrián

  6. Iván | 17 de Xuño de 2008 - 12:29 am

    From my little cradle, thank you very much, baby! You know that I think the same about you, and don´t worry, I don´t keep practising mobbing with you, of course ;-)

  7. Joana Cambeiro | 17 de Xuño de 2008 - 1:50 am

    I couldn’t go to the bed without checking the webpage of Ivan first! :)

    My head is still in Fene, is difficult to land in Lisbon again… I already told everybody how beautiful is Fene and how kind the people are! :)

    I can’t wait to see all the photos!!

    Thank you everybody for your enthusiasm and efforts to make everything perfect!

    I will definitely be back soon! You can count on it :)

    YOU ARE SIMPLY THE BEST TEAM!

    Kisses and hugs of true friendship

    Joana Cambeiro

  8. Anne Barbaggio | 17 de Xuño de 2008 - 4:10 pm

    Hola a todos!

    Just to say a big THANK YOU again!
    You can’t imagine how much I enjoy it!
    This week was just amazing: An interesting seminar full of enthusiasm, energy, and very nice people>
    Weldone! you did a very good job

    I wish you and Feneuropa the best for the future.

    Anne, XXX

    Besos

  9. Henry Toivonen | 19 de Xuño de 2008 - 9:27 pm

    Kaupunginjohtaja ivan on rekisteröity arvella paskaa, jos sinun keskittyä siihen, mitä tarvitsemme, ja jättää meidät paremmin Iria pötypuhetta kaikki.

  10. Iván | 19 de Xuño de 2008 - 11:09 pm

    Ystävällisin terveisin, Henry Toivonen, vaikka nämä väitteet ovat kirkkaampia kuin arvostella teitä hyvästä tämän ensimmäisen vuoden aikana hallituksen, olen hyvin rauhallinen. Terveisiä ;-)

  11. Un mais | 19 de Xuño de 2008 - 11:52 pm

    Xa estamos a 19/06/08 e segimos ijual
    Viñeron os “Augagest” marcaron a carretera coa radial, e “Si te vin non me recordo”.
    E xa estamos a 13/06/08 San Antonio.
    Xa sei que me diras que non e culpa tua, e eu creocho, pero si todo anda asi no concello apañados estamos.
    Un saudo

  12. juanfran | 22 de Xuño de 2008 - 7:20 pm

    El mister no me ha convocado porque dicen que robo balones, pero yo no he robado nigún cenicero del club
    si me desconvoca le devuelvo la billetera

  13. Antonio | 26 de Xuño de 2008 - 12:34 pm

    Que decepción, cuando pincho para ver la imagen grande me doy cuenta que está recortada por el margen izquierdo, donde están los politicos de la oposición. Me habían informado sobre el control y a veces de la manipulación en la prensa del señor Alcalde, cosa que yo no creía, pero después de ver esto con gran dolor tengo que resignarme y darle la razón a un amigo mio. Alcalde esto me recuerda a tiempos no muy lejanos es este país, limitese a gobernar y solucionar los problemas de los vecinos que son los que le votan “agua en Limodre” etc. y dejese de estas cosas que están muy bien siempre y cuando los vecinos estean bien atendidos, y atenderlos no es gastar dinero en flores, le votamos los feneses. Ay…. que decepción señor Puentes……

  14. Iván | 26 de Xuño de 2008 - 8:29 pm

    A ver, non dramaticemos! Creo que é obvio que a miña man é a que sube a fotografía para descargar, pero é a mesma que tamén decide ilustrar o post coa imaxe superior, na que aparecemos tódolos grupos políticos; imaxe por certo que é a que máis se ve. É dicir, se a miña intención fose ocultar aos concelleiros/as da oposición, recortaría as dúas fotos e punto.

    A imaxe que vos podes descargar está recortada para centrar e acercar aos rapaces e rapazas que participaron no intercambio, simplemente. O “maquiavelismo” sóenos conducir a conclusións erróneas.

    Por último, non sei que relación ten poñer auga en Limodre con organizar actividades deste tipo. Son dúas cousas perfectamente compatibles, máis se temos en conta que ao Concello non lle custou un só euro este evento e si que lle reportará beneficios aos nosos veciños/as.

    Sobre a auga, no orzamento que acabamos de presentar para este ano destinaremos 2 millóns de euros a auga, saneamento e camiños, a maior inversión do concello para este exercicio e a maior inversión de Fene neste concepto dende hai moitísimos anos.

    Saúdos!

  15. Ulmeiro | 26 de Xuño de 2008 - 9:18 pm

    Estoy asombrado con Don Antonio, si señor, pero Don Antonio Vd. cuanto tiempo lleva viviendo en Fene, pues si es natural de Fene no lo demuestra Vd. Si el Sr. Alcalde-Presidente del CONCELLO DE FENE, tiene un blog donde vd. puede manifestar lo que le venga en gana, en este caso tonterias nada constructivas, antes a quien se lo manifestaba durante 28 años… bueno ya sabe a quien tiene que reclamar, me lo supongo y supongo bien. Reciba un saludo, hombre haber si cuando vuelva a escribir lo hace adecuadamente.

  16. Antonio | 27 de Xuño de 2008 - 9:54 am

    Sr. Ulmeiro, llevo viviendo en Fene desde que nací, no lo puedo asegurar pero creo que puedo tener muchos mas años que usted, y quiero decirle que tiene razón, que este es un blog personal y evidentemente no és el medio o el canal para criticar, pero también quiero decirle que no hace mucho en este blog aparecían comentarios de todo tipo (críticos, menos críticos, aduladores etc), pero ultimamente sólo aparecen comentarios aduladores al Sr. Alcalde, y creo que para nuestro regidor cuando estaba en la oposición este blog, le venía muy bien para manifestar lo que creía conveniente y ahora se ha convertido en un problema desde que gobierna, por eso solo habla del tiempo de sus viajes etc, en fin de cosas intrascendentes, atrás quedaron tiempos donde contestaba con asiduidad, donde decía lo que costaban las flores de la mediana, lo que cobraban sus asesores etc, pero eso ahora no interesa. Y con el agua es evidente que lo que no se hizo en 30 años, no lo van a hacer en 1, pero lo que trato de decir es que ser politico local, es resolver esos problemas que los vecinos tienen, como es este tema del agua que está de actualidad en la prensa, cueste 1000 0 3000 €, vivimos en España y que te pidan agua “es un bien básico hombre”, y me parece perfecto los 2 millones de €, pero hasta que lo apruebe…. para otras cosas hay dineto Sr. Alcalde, es triste ver a una señora con cartulinas sentada en el suelo suplicando que le lleven el auga a su casa en una obra de coste ínfimo para el ayuntamiento. Lo de la foto no lo comento porque sobran comentarios.

  17. O ponto | 27 de Xuño de 2008 - 12:19 pm

    A cea que vostede tivo con estes rapaces en Almieiras, donde por certo non da levado a auga, non lle custou nada o concelloª?
    ja, ja,…
    AUGA PARA ALMIEIRAS, SÓ SON 2500, é o concelleiro responsable a promete dende o mes de xaneiro, LEDE AS ACTAS DOS PLENOS EN FENECIDADAN

  18. O_MOURO | 27 de Xuño de 2008 - 11:49 pm

    Ainda que non está dentro do contexto deste comentario do Blog, gustaríame propoñerlle algo, que de seguro,podería ser “very interesting”,me explico:
    Fene - Ponte das Pias - Narón Polígono - Xubia é de novo Fene (Foxas para os mais puristas), este recorrido é circular, e concurrido, e necesario ( bueno penso eu), é ahí vaí: ¿por que a linea de autobuses que remata no Puntal e da volta non continua por Fene, Ponte das Pias, Naron, Xubia e volve a Fene?. Penso que sería unha boa cousa, a esto chamaselle estar comunicado, e ademais non creo que eso custe maís que algunha xestión.
    Creo Sr. ALCALDE,que vostede pode facelo,e estaría encantado si solo o intentase, Gracias…

  19. Iván | 29 de Xuño de 2008 - 2:59 pm

    Antonio, o de Almieiras contéstocho no seguinte comentario. Sobre o demais: os 3 traballadores de confianza do goberno (non asesores, porque non é a súa labor asesorar a ningén) teñen un contrato de auxiliar administrativo e cobran menos que os auxiliares que forman parte da plantilla do concello, porque so cobran o salario base, sen pluses; 1.000 euros mensuais. Lémbroche que estamos a falar de 3 persoas contratadas legalmente, cando a plantilla do concello está nos 170 traballadores/as.

    Sobre o blog, os dous únicos cambios que sufriu foron unha menor actualización, porque loxicamente teño moitísimo menos tempo para adicarlle que antes, salvo días como hoxe, que é domingo, e a moderación previa dos comentarios, á que tiven que recurrir despois de moito resistirme, porque tres ou catro persoas usaban este espazo para mentir, difamar e incluso insultar a terceiras persoas, algo que non permitirei por unha cuestión puramente legal, pero tamén por unha cuestión de principios.

    ivanpuentes.com é a miña casa na rede, o meu espazo particular, non é ningunha páxina oficial de ningún organismo, e, polo tanto, o uso para falar do que me apeteza en cada momento, para compartir con quen lle interese as miñas reflexións e experiencias, para pasar o rato… Se fora un problema para min, a solución é tan fácil como obvia, pechalo.

    Sobre a foto coincido contigo, creo que sobran os comentarios e sobre todo as malas interpretacións e as polémicas artificiais. Como xa dixen máis arriba, este espazo privado e persoal que é o blog o constrúo eu e, polo tanto, se a miña intención fose que non aparecesen nesta páxina os concelleiros da oposición, cousa que podería decidir, porque cada quen na súa casa decide o que ten e o que non ten, sería tan fácil como levar a imaxe ao photoshop e cortalos para que non aparecesen na imaxe principal, na que ilustra a noticia e na que ve todo o mundo, pero como podes comprobar non o fixen, porque a min non me molesta que concelleiros doutros partidos podan aparecer no meu blog; pero en fin…

    En fin, como xa dixen moitas veces, que fermosa é a liberdade e que ben marcharía este mundo se todos nos empeñásemos en defendela! Saúdos ;-)

  20. Iván | 29 de Xuño de 2008 - 3:41 pm

    Ás veces teño o día masoca e ata mordo o anzó de entrar a discutir parvadas como se ao concello lle custaron ou non algo as sardiñas e o polbo que cearon como despedida os participantes no intrecambio de Feneuropa. Así que, che aclaro, O Ponto, que creo que non sería ningún dispendio horroroso invitalos a cear, pero de calquera xeito, efectivamente neste caso concreto as sardiñas e o polbo non lle custaron nada ao concello; a cea forma parte dos gastos de manutención da actividade e foi pagada, polo tanto, pola Unión Europea.

    Unha pequena aclaración sobre a auga a Almieiras. Eses 2.500 euros que ti afirmas que custa levar a auga ata Almieiras xa me dirás de onde os sacaches, tal vez dunha liquidación por peche do Carrefour, porque o prezo real, taxado pola Deputación da Coruña e por Acuagest, supera os 40.000 euros.

    En calquera caso, tal e como apunta o concelleiro de obras nas actas, si que se vai levar a auga a Almieiras e Río Castro, lugares que, por certo, levan agaradando toda a vida a ter auga. Non o digo como promesa, dígoo como feito, porque o primeiro tramo xa está contratado dende comezos de xuño; as obras empezan este semana.

    A segunda parte, a que chega ata as casas, incluíuna este goberno nun dos plans da Deputación para a extensión da rede de abastecemento de auga. Estamos á espera de que a Deputación lle dea o visto bo ao proxecto para logo poder sacalo a contratación. Son feitos, insisto, non promesas.

  21. Iván | 29 de Xuño de 2008 - 3:46 pm

    Amigo O Mouro, tes toda a razón, a liña circular de autobús entre Ferrol, Narón, Neda e Fene é moito máis que necesaria para empezar a tomarnos en serio na comarca isto do transporte colectivo.

    Xa falamos na Mancomunidade disto en varias ocasións e estamos tódolos concellos de acordo. De feito, na última xuntanza deste órgano aprobamos acollernos a un proxecto da U.E. para o fomento do transporte público e, a proposta do Concello de Fene, entre outros, imos incluír no proxecto esa liña de bus urbano circular. O tema é complicado, porque colisiona coas concesións que xa explotan outras empresas, pero non imos deixar de intentalo; o mesmo que a liña de transporte interparroquial dentro de Fene.

    Saúdos ;-)

  22. Manolo | 29 de Xuño de 2008 - 8:00 pm

    Facer deporte sempre é bo ainda que sexa en plan dominguero e na rúa, pero non sei como non se fai na Av/Tarrío (como outras veces) donde a aparte de haber máis espacio non complica tanto a circulacíon, non creo que sexa necesario cortar a xeneral, habendo outros sitios mellores, salvo que todo eso se faga de cara a galeria para que a xente vexa que se fan cousas.
    Un saúdo Sr. Alcalde.

  23. Un mais | 30 de Xuño de 2008 - 12:57 am

    Ivan xa sei que poderia mandarlle a mensaxe o conselleiro de turno, pero non che parece que lle contestas a todo o mundo menos min !!voume celar¡¡
    Xa estamos a 29/06/08 e segimos ijual

    Xa estamos a 19/06/08 e segimos ijual
    Viñeron os “Augagest” marcaron a carretera coa radial, e “Si te vin non me recordo”.
    E xa estamos a 13/06/08 San Antonio.
    Xa sei que me diras que non e culpa tua, e eu creocho, pero si todo anda asi no concello apañados estamos.
    Un saudo

  24. Iván | 30 de Xuño de 2008 - 3:18 pm

    Estimado Manolo, a decisión de facer de novo Deporte na Rúa na Avenida Marqués de Figueroa, foi tomada logo de escoitar as suxestións de numerosos veciños e colectivos, que nos demandaban a volta ao emprazamento orixinal.

    Dado que estamos a falar de, quizais, a actividade máis participativa das que organiza o concello, organizala nunha das principais rúas supón unha maior relevancia e, con elo, unha maior participación de xente e tamén un maior beneficio e dinamismo para os comerciantes da zona e para o pobo en si, que é do que se trata en definitiva, ademais de promocionar a actividade física. Foi por isto polo que tomamos a decisión e creo que saiu bastante ben, á marxe de que dende o punto de vista da circulación e o aparcamento supón un maior transtorno, claro, pero non houbo tampouco grandes complicacións.

    Saúdos ;-)

  25. Iván | 30 de Xuño de 2008 - 3:25 pm

    Un máis, non te celes, que non te discrimino, home! Hoxe falei de novo con Acuagest. Pasámosche un e-mail co que nos din.

    Saúdos ;-)

  26. Un mais | 1 de Xullo de 2008 - 8:34 am

    Vale Ivan, estou a ollar unha pala pequeniña, que xa veu onte as once da maña, parece que desta bai a cousa por bo camiño.
    Ainda que xa e tanto tempo, que non sei a señora da casa o creera,polo menos ata que pasen unhos dias.
    Estiven a punto de che mandar unha foto, pero por aqui non se pode, ou polo menos eu non sei facelo
    Un saudo

  27. LARACROFT | 29 de Agosto de 2008 - 5:09 pm

    ______________YNgdEi________________
    _____________dggggHhHB_______________
    ____________qgqqdHHNNR_______________
    ____________ggEIFFqggqX______________
    ____________gBXYFTFBdgA______________
    ____________gRNqNcdqggc______________
    ____________qEAYcIIFcqc______________
    ____________FHBFFRAIBdY______________
    ______________cAXhhEHq_______________
    _______________NBXBHT________________
    ____________FiIcAEHNAi_______________
    _________TEdhFIIFFXEXAgBE____________
    _______cHNNhEFYFFFIIAIqHHBBX_________
    ______ENhgqqBTFFYFYYFFHhqHHhH________
    _____FhHhqqhhRIYFYFFYTHhBgdhH________
    _____EHNggHhBNHYYFFFTYHRHHggN________
    _____NHhggBHHRHRT__TKHBHBBHghF_______
    ______cYHqHHhRhhhBRBHHHHHHHKX________
    _____FAFXhNhHNhNHhHhhhhhNHHcX________
    _____YIFEHhNNhHNdddhHHHhhqXXX________
    _____cYYRNqddqggggggggqqdhEXXi_______
    _____AYIHFYggggdNNhhNqqqqiBXAA_______
    _____IYIE__RggqNhhNhHHHhh_EAcX_______
    ____TYIcA__iNddhhHhHHBhHK_EAIcc______
    ___iFIYXF___FKhBRBhHHhHBB_IXccXT_____
    ___FYIAcT__TIYFTFFccXXRBE_FRYYcA_____
    ___cIccK___YYYIFFTYFFYXKKF_KXFcA_____
    __iAYAKAFBAIYIcIYFcFFYAAXEc_EIYI_____
    __FAIAA_RIIYIAAIIYYTFFIccBYBHYIIY____
    __AYIX_KggggggqdEAcIRBgHEgEFHKAIAF___
    __cIcFgggggqggggXcAKKEhgXY_Kq_IIYA___
    __cYXTggggqNgggBHNqddqdqqgggggggFIF__
    __FXXIgggggggggqggggqqdddhhNdgggRRH__
    _HggKgggggggNNddddggdNNNhNNddgggggg__
    _gggigggBKcAXERhdd_EdHAIFYYIKdggBggg_
    KggqigggHKcYYIcEBR__EHAAYIYcKqgg_gggh
    qgNY_qggHKcIcIAHHY___HXAcYIIXdgg_KcgK
    RgEA_BggggdhBBHHh____Bgggggggggg_EKI_
    _YRXiiggHBBBdgggg_____RXAIYIANgg_YF__
    __ii__ggBRXAcAKHA_____HRKAcAXNhg_____
    ________EHKAcXEHi_____HREAAAKE_______
    ________cHEXAXEB______XBEAAAKE_______
    ________INEAAKRK______THRKccEB_______
    ________IHKXXERI_______EBAAAXR_______
    ________cHKKXEBF_______YhXAAXRT______
    ________KHEKXEBi_______iHEXXXRF______
    ________EBEXERB_________XEEAXEX______
    ________RRKKBRH_________iREXXXR______
    ________HBEKBBX__________RERKRBI_____
    ________BRHHHHi__________YBBRHHH_____
    ________RERRBE____________RRRERH_____
    ________EEKEHX____________KBKKEH_____
    _______TEKAEHA____________cREKKRF____
    _______icIccYT____________TFF__iB____
    _______TAccBEX_______________Aggg____
    _______FgggggB____________iggggggR___
    ______FggggggI_____________Rgggggd___
    _______Hgggggi_____________TgggggT___
    ________ggggR_______________Rgggg____
    ________ggggE________________ggggF___
    ________ggggX________________ggggc___
    ________ggggA________________gggg____
    ________ggggF________________ggggY___
    ________ggggY________________ggggA___
    ________ggggF________________ggggE___
    ________ggggF________________ggggg___
    ________ggggi________________NggggF__
    _______FggggT________________cggggd__
    _______Rgggg_________________Fggggg__
    _______NggggB________________Aggggg__
    _______hgqggg________________Iggggg__
    _______TggggA_________________iRHXT__

Deixa unha resposta