Os vikingos conquistan de novo Redes
Onte á tarde, os vikingos de Río Castro (Fene) asaltaron de novo a veciña vila de Redes (Ares) e nesta ocasión, como botín, trouxemos para Fene ao seu alcalde, que, como relata hoxe La Voz de Galicia, tentou nun primeiro momento rebanarnos o pescozo a algúns co seu sable, pero finalmente foi reducido, subímolo a bordo dunha planeadora e, tal cual os veciños/as da aldea gala de Axterix, de volta á casa rematamos a aventura cunha boa churrascada na praia de Almieiras en presenza do secuestrado.
Como tódalas boas festas, esta surxiu por casualidade, dunha broma duns poucos veciños/as de Río Castro, fundamentalmente de Seíto, o dono do bar O Emigrante. Onte, tres anos despois, só de Fene participaron xa 600 persoas e a cousa vai en aumento. Mollámonos, bañáronnos en escuma, compartimos unhas cervexas e, sobre todo, pasámolo moi moi ben; ese é o segredo deste evento.
Tamén, como toda boa festa, non se limita a un só día no ano, e o 23 deste mes haberá réplica. Ese día os piratas de Redes asaltarán Río Castro, nós defenderemos as nosas costas, pero eles rescatarán ao secuestrado alcalde de Ares e, como revancha, levarán a un novo refén de Fene. Todos e todas os que queirades vir o sábado 23 a defender o noso concello, como Lage, Loli, Xaime ou Mela, que onte estaban infiltrados na retagarda inimiga, estades invitados/as. Noraboa aos veciños/as que paristes esta gran idea e que seguides a reinventar con ilusión cada ano.
19 comentarios
Deixa unha resposta


Moito me temo que unhs camions que circulan en estos dias polo Casal con un peso moi superior o permitido, acabaran esfondando o tubo que puxeron pa o alcantarillado, ¿non pasa nada xa pagaran on veciños de novo.?
De feito ai dous dias tuberon que rellenalos e xa volven a estar o mesmo os coches pequenos teñen que botar numaros pa pasar.
Xa sei que non ven o caso, pero si chamo os municipales como seria o normal, igual nin me fan caso e por riva quedo mal.
Un saudo
So as tres e trina e cinco, parece como si xa me fixeran caso esta tapado os furados con asfalto.
¿Seguiran pasando os camios con peso demais?
Acaba de pasar un trailer, agardemos que non volva a pasar cargado, e autorida durmindo
O trailer voltou ven cargado, e agora acaba de pasar unha formigoneira.
As sinais de trafico as pasan polo “forro”.
_________________________________________
_______i_________________________________
_______F___________________________ii____
_______YT__________________________YF____
_______ITi________________________YF_____
_______IIi_______________________iFT_____
______cITi_______________________XFi_____
______IFF________________________AIi_____
_____cIcT________________________TTT_____
____iccYT________________________FTFi____
____AIIYi________________________YFYi____
____cIYFi________________________cTYT____
____TIIYTi______________________iIYFi____
_____TIYFTiTi_TKHBBRRBRR________FFYFF____
______FIYYFTTFKHHHRRRRREXF_____FFFFYT____
________FAIcchBHHRXcIcAXKITTFTFYFYYF_____
___________ThhHBBBKAYTYXRRTFFFFFYYY______
____________BhHBBBBBRKKBRBRFYFYYYT_______
____________XhBBBBBHBBBBRBHEIii__________
______________AHBHRBBBBBRhR______________
_________________iXEEXAXA________________
_________________________________________
_________________________________________
e dalle cos camions e cos trailers,nin que non houbera mais vida que iso…
jajajajaj descarao
¿ A Pregunta e para que gasta o concello os cartos en poñer sinais que logo naide respeta? ¿ Ou seria millor dicir naide as fai respetar?
A formigoneira acaba de regresar, e as sinais como se non esistisen.
..a min gustaríame perguntar, (logo de leer tantas alusions o corpo da Policía local),¿que carallo faí o concelleiro o cargo de esa área?.
E curioso que non se faga nin unha alusion a ese cabaleiro,nin ó anterior, é curioso, si, realmente curioso.
Tamén me gustaría saber, ¿por que de pouco para aqui, se queixan do mal estado das vias interparroquiales, cando durante tantos anos,( cando se fixeron é algunhas so se parchearon),ninguén criticou, - tan a miudo-, a mala calidade de execución das mesmas.
Curioso ou metaforico si cabe, que ” o concellerio o cargo da Policia local agóra, foi concelleiro de obras e urbanismo en anteriores mandatos”, é curioso o asunto…
diario dun camion e dun trailer…parte 2 ou ainda parte 1??
por favor…
Coido que o que escribeu este comentario e un usurpador, ou un […] que lle gusta meter a zoca
Un mais | 30 de Agosto de 2008 - 11:03 am
A formigoneira acaba de regresar, e as sinais como se non esistisen.
Que ya te cansastes de los camiones y ahora tocan los usurpadores, PARTE 1
Hay xente que anda a meter a zoca coma ti.
Vexo que é alguen que lle gusta meter a zoca.
Un mais | 11 de Setembro de 2008 - 1:12 pm
Hay xente que anda a meter a zoca coma ti.
Agardo que o señor Ivan puentes, mire polo seu blog, estanselle a colar muitos “piratas”.
aii pero xa non pasaron mais camions?
Fdo:unha usurpadora
cando pasen mais xa me encargarei de decilo, ainda que xa vexo que vai ser coma sempre , segun de quen sexan ou para quen sexan, asi atuara a “Xustiza”
[…] o blog varado por vacacións cando vos contaba o triunfo dos vikingos de Río Castro (Fene) sobre os piratas de Redes (Ares) e o secuestro do seu alcalde. Antes de volver á […]