Paréntese ou morro superlativo?

Escoitamos estes días aos empresarios españois perdir ao goberno unha "paréntese" no libre mercado por mor da crise económica; paréntese da que nunca escoitáramos falar ata agora e que debe vir recollida nunha disposición adicional do manual de economía liberal, para aplicar só en situacións nas que cheguen menos cartos ás contas das grandes empresas. Non son os únicos, Bush, ultraliberal e presidente do país que elevou o liberalismo económico ao rango de dogma, anda estes días a intervir dende o goberno na economía e a pedirlle ao Congreso permiso para gastar 700.000 millóns de dólares públicos en librar da quebra a determinadas firmas.
Non sei en que andará enredando a milagreira man invisible de Adam Smith, da que ata o presente sempre nos intentaran convencer que tiña a facultade de ordear e equilibrar o mercado sen que os gobernos metesen o nariz na economía; é máis, canto máis se afastasen estes e menos regulasen o mercado, mellor. Que pasou? Que antes as ganancias eran inxentes e que hoxe os beneficios empresariais son menores ou, directamente non son.
Sempre defendín a necesidade social dun modelo económico cun estado forte que interveña na economía, en épocas de crise como a actual, a fin de evitar que as consecuencias negativas para os cidadáns sexan maiores, pero tamén en épocas de prosperidade económica, para repartir os beneficios e redistribuír a riqueza entre tódolos traballadores/as. Esta última é a parte que sempre se lles esquece aos liberais. Esixir liberdade absoluta para gañar o máximo posible cando as cousas marchan ben e logo esixir intervencionismo para perder o mínimo posible cando marchan mal é ter moito morro.
15 comentarios
Deixa unha resposta


“repartir os beneficios e redistribuír a riqueza entre tódolos traballadores/as”. un estado comunista vamos, que da igual lo que te esfuerzes, la dedicación que le pongas, el tiempo y dinero invertido, al final los beneficios van ser los mismos que el que no lo hace, luego vendrá el estado y te sacará lo que quiera para quedarselo el y darle las migas a otro, si eso no es tener morro, el mismo que todos estos usureros piden la intervención estatal y que por lo visto han conseguido, pero que era de esperar de Bush, un tío que todas las empresas que ha tenido las ha llevado a la quiebra.
Non hai sentido moral. Ambición sen límites, cobiza sen límites, morro sen límite.
Pero conqueriron o seu obxectivo,¿ou non é o obxectivo do liberalismo sen límite arrexuntar cartos no peto propio ainda que se arruine ata a propia empresa?.
O sistema liberal-capitalista en estado puro: as receitas do PP para sair da crise están retratadas no camiño que conduxo ao afundimento da súa proposta ultraliberal.
Comercio xusto, prezos xustos, dereitos laborais, prestacións sociais… o que para nós deben ser fortalezas, para eles son ameazas.
¿Cal era a verdadeira ameaza?
Non me extraña que en España, esta mesma xente non queira oir falar de “educación para a cidadanía”, porque un mínimo de sentido cívico faría inviable estas carreiras inmoráis.
Máis que nunca, facemos falta.
Un saúdo.
Me interesaría saber su si apoyará la próxima iniciativa de la recogida de firmas,para la vuelta de Astano al sector civil.
Bien es conocida su postura sobre que el motor industrial de la comarca tiene que ser Vilar do Colo y no el astillero(así nos va).
Apoyará el concello de Fene esa iniciativa?,
¿o primarán los intereses partidistas?.
Aplicatelo y aplicalo. Me encanta que gasteis el dinero de los contribuyentes de Fene, en moqueta para las aceras y flores,.. me encanta que no quede sitio para cruzar y cuando se acumula la gente, tengan que bajar a la carretera,… me encanta que cuando llueve moje todos los zapatos porque los pelos de la hierba tienen casi 3 cms,… me encanta que los concejales de gobierno, cobren unos 400 € por “reunirse con el Sr. Alcade”, espero que no sea muy amenudo, porque entre plenos, comisiones etc, creo que empieza a ser rentable la politica en Fene,…” el euribor se lleva mejor”,..me encanta que el PSOE propanga contención de gasto, y que el Ayuntamiento Fenés, disponga de tanto dinero, en fin…. a veces vemos la paja en el ojo ajeno y no vemos la viga en el nuestro.
Primax, creo que nos manuais políticos se establecen algunhas diferencias entre o socialismo ou socialdemocracia e o comunismo. En España a declaración da renda serve para redistribuír a riqueza entre os traballadores; non creo que por elo sexamos un estado comunista.
Indignado, é fácil simplificar. Eu non digo que Vilar do Colo sexa o motor industrial de Fene, digo que ten que ser UN dos motores industrias de Fene, precisamente para non caer no erro do pasado de ter un só motor económico; seguir turrando contra a parede pensando unicamente no estaleiro sería un erro político imperdoable. Sobre a volta de ASTANO á construción civil, xa dixen mil e unha veces que estou a favor e que o apoiarei sempre dende calquera tribuna; outra cousa é que pense que é posible facelo antes do 2014, que penso que non é posible facelo.
Antonio, en Fene os concelleiros desta corporación non cobran nin cobraron nunca por despachar co Alcalde. Un concelleiro de goberno ou da oposición cobrou ata o día de hoxe en Fene exactamente o mesmo, en total algo máis de 300 € ao mes, salvo os catro tenentes de alcalde que cobran, algo máis de 500 €. Se che parece que se traballan tantas horas por unha cuestión de cartos é que é rendible, xa sabes… Aínda que eu prefiro políticos que traballen por ideas, como os actuais, non por cartos.
SR.ALCALDE, UN REPRESENTANTE DE TERRA GALEGA ESTA INSISTIENDO CONTINUAMENTE QUE SE COMPRE LA CASA DEL EMIGRANTE SR. ADRIANO EN BARALLOBRE. ESA CASA NO ES REPRESENTAVIVA DE NADA. FUE ECHA EN EL AÑO 1.947 - QUE ES LO QUE PRETENDE TERRA GALEGA-. POR OTRA PARTE VD. HABLA `DE COMPRAR EN CINE ADRIANO, SI VD. CONSIGUE EL DINERO SUFICIENTE SIN HIPOTECAR EL CONCELLO, ESO ES MAS DE LO MISMO, YO NO HABLO P0R HABLAR, LOS TECNICOS MUNICIPALES QUE MIREN COMO FUE CONSTRUIDO, TAMBIEN EN EL AÑO 1.947. NO HABRA EN EL CONCELLO CASAS DE EMIGRANTES CON MAS DE TRESCIENTOS AÑOS, MIRE SR. ALCALDE LA CASA DEL MEDICO DURAN, HOY PROPIEDAD DE D. TEODOMIRO HIDALGO, ESA SI QUE ES UNA CASA DE INDIANOS, SR. ALCALDE VD. LA A VISTO POR DENTRO, POR OTRO LADO TIENE 8 FERRADOS DE TIERRA, LINDA CON LA PISTA DE LA FUENTE DEL CAMPO Y CASA DE LA CULTURA, TODO ESTO PROPIEDAD MUNICIPAL Y HAY MUCHAS MAS… LOS YANQUIS SON UNOS SIRVERGUENZAS LOS QUE IDOLATRAN A BUSCH, ASI LES VA. SOLO HAY QUE MIRAR COMO SE COTIZA EL DOLAR Y COMO SE COTIZA EL EURO-…. UN SALUDO RESPECTUOSO ULMEIRO.
Ivan encuanto a ASTANO es primordial sacar del vocabulario la palabra “imposible”, sino fijate que bien nos va en el sector eolico con imenosa a pleno rendimiento
Y digo yo; en vez de comprar tantas casas indianas, cines etc, no sería mejor acabar la casa de la Finca de Cela de una vez, que lleva años en la misma situación y parece la “Sagrada Familia”, y con síntomas de deteriorio, cristales rotos etc.
No estáría mal para descentralizar servicios, porque por lo que ví alguna vez, el espacio de los trabajores del Concello, empieza a parecerse al camarote de los hermanos Marx.
Con todos los respetos, me parece una vergüenza que desde el Concello de Fene con su Alcalde a la cabeza se dean homenajes a curas terroristas, como Fernando Hoyos, porque hay miles de misioneros por ahi adelante en condiciones iguales y peores en paises sin ley y no se dedican a coger un AK-47 Y hacer de Rambo por ahi, y que tambien han dejado y se están jugando su vida por predicar un mensaje en el que si creen como verdaderos cristianos, lo del 5 mandamiento (no matarás), amad a vuestos enemigos, bendecid a los que os maldicen, haced bien a los que os odian y orad por los que os ultrajan y os persiguen, esa parte algunos la debieron de sustituir por un guión de Tarantino, o más bien por la cruz y el martillo…
Un saludo
Compañero, eres un fenómeno y un ejemplo de hombre socialista, sigue así un saludo
!! Acabo de ver na TV¡¡ Algo que me deixa abraiado, resulta que non atopan xente que saiba traballar no metal (mais uo menos) que os concellos gastan cartos en prepa-rala xente para traballar no metal, e eu levo no paro mellor dito apuntado no INEM, dende perto de un ano, e de que saiba naide me chamou, para a miña profesion (calderero)¿Sera porque son vello? ¿Ou porque como son can vello?
No da casa do Adriano,estou dacordo con Ulmeiro, se os donos queren conservala que o fagan eles, e sinon que lla cedan o concello por un prezo simbolico, que xa teremos que gastar dabondo os veciños pra conservala.
e agora, non sei que opinarán os socialistas do fondo de 50 000 millóns para paliar as dificultades da banca española. Quén terá máis morro, os banqueiros por pedir ou o goberno por dar? Está ben este “social-capitalismo” que estades a inventar os do PsOE, inspirados polo goberno británico e os Bush.
Pareceme mentira ver nestas circunstancias a Rajoy defendendo ás familias e aos traballadores.
Ainda e millor que o “Rajoi” se volte socialista,manda “Ca…r……llo)
……….tal vez esta crisis nos abra los ojos un poco más y que cada vez seamos más los que pensamos que llegó la hora de modificar el “modelo actual por el que se rige el sistema económico mundial”……..