Obama, McCain e a verdadeira democracia

Levo anos, como cidadán arquetípico deste país, criticando moitos trazos da sociedade estadounidense, fundamentalmente a dupla moral superlativa, que afecta a todos os seres humanos, pero aquí ás veces parece elevada a rango oficial. Tamén critiquei moitas veces o seu sistema político, especialmente pola súa falta de pluralidade e polo mimetismo case absoluto entre demócratas e republicanos. A semana pasada tiven a oportunidade de viaxar a Nova York (sei que probabelmente non é o paradigma de cidade ianqui) e de visitar ás persoas que traballan na oficina de campaña de Barack Obama; veño gratamente sorprendido.
Creo que todos podemos coincidir en que unha democracia está viva cando os cidadáns e cidadás nos implicamos nela. En España sempre presumimos da elevada participación nas nosas eleccións, fronte á tradicionalmente baixa implicación dos estadounidenses á hora de votar. Pero eles poden presumir de algo do que nos aínda carecemos, probabelmente por mor dunha pantasma franquista que aínda queda no pouso do noso pobo, a normalidade, naturalidade e implicación coa que a xente da rúa, non militante, vive unha campaña electoral.
5 comentarios
Deixa unha resposta


Es cierto, aqui uno no puede decir que es del PP porque ya salta la izquierda llamandote facha y fascista y nazi y demas, si si la culpa de todo siempre es del franquismo en este pais.
Ou os de dereitas chamándote “rojo de mierda”, comunista, rompepatrias, etc, etc… Alí tamén discuten entre eles, moi duramente ás veces, pero non se ve como algo anormal, senón todo o contrario. Ao que me refiro co artigo é á identificación pública cunha determinada candidatura, a que non hai temor a facelo nin se lle xulga a un especialmente por facelo.
Jose, eu creo que che pode amolar máis ou menos que o franquismo sexa a explicación sociolóxica a moitos dos nosos comportamentos como pobo, pero se falamos en termos científicos é evidente que 40 anos de privación de liberdade e de réxime político autoritario deixan o seu pouso no sentir colectivo, e un deses pousos é o medo á identificación política, simplemente porque durante aquel tempo a fórmula para vivir seguros, sen complicacións, era pasar da política e que non se te relacionase con ela o máis mínimo.
No será que se debe a como somos los españoles y no al franquismo porque en el pais vasco cataluña y galicia en ciertos sitios está como para decir que no eres nacionalista, porque en España llevamos peleandonos mas de 5 siglos entre nosotros con guerras civiles y demás, asi que creo que lo del franquismo es una escusa, porque los que queman contendores y cajeros no suelen ser las personas mayores que fueron los que vivieron el franquismo.
El PSOE exige al PP que desautorice «oficialmente» a Pons por sus críticas a la Reina
Los socialistas piden a Mariano Rajoy que exija al vicesecretario de Comunicación de su partido «menos frivolidad y más responsabilidad».
¿donde entra esto en la vocación republicana del PSOE?
Sinceramente estoy de acuerdo con el mensaje de Jose, tengo un@s amig@s que es concejal del pp precisamente en este ayuntamiento,y quiero decir que pese a que discrepo de sus ideas, es una persona maravillosa, de gran corazón, y sobre todo muy demócrata y respetuosa con todo el mundo sea de la ideología que sea. Ah! y extremadamente sociable. Pero desde que se presentó a las elecciones es frecuente que algún/a “progresista” de turno le de lecciones de democracia e incluso le falten al respeto. Es curioso porque yo nunca vi a esta persona discriminar a nadie por su forma de pensar y me consta que entre la multitud de amigos que tiene los hay de diversa ideología. MENOS DISCURSO PROGE Y MÁS RESPETO PARA TODOS.