ivanpuentes.com

Anotacións arquivadas do mes de November de 2008

8.000 millóns de euros para os concellos

Hai moitos anos que John Maynard Keynes descubriu que a mellor receita para saír a flote en épocas de crise, contrapunto e consecuencia das bacanais do liberalismo, é incrementar o gasto público, fundamentalmente en obra, para xerar máis emprego e estimular o mercado. Hai outros dous remedios, moito menos aconsellábeis, a selección natural, é dicir, non facer nada, salvo baixar os impostos, e que o mercado se encargue de eliminar ós que menos teñen, permitindo só a supervivencia dos máis ricos; ou iniciar unha guerra, cousa que tamén incrementa a produción e o emprego, inmediatamente se é en territorio alleo ou na posguerra cando o campo de batalla é o propio país.

Seguindo o camiño axeitado, o presidente Zapatero anuncia unha partida de 8.000 millóns de euros de investimento público para crear directamente varios centos de miles de postos de traballo; cunha novidade importante, unha boa parte deses miles de millóns, que en pesetas resulta case imposíbel calcular, destinaranse directamente aos Concellos…

Seguir lendo en A Nosa Terra

“Políticos en blogo”

Hai unhas semanas que Xosé Manuel Pereiro publicaba unha boa reportaxe en El País sobre a vida dalgúns políticos na blogosfera, reportaxe que, segundo el manifestou logo, non foi subida a ningunha das webs dos que alí saíamos. Entonando o meu particular mea culpa, por non actualizar o blog dende antes da publicación de dita reportaxe, súboa hoxe:

Dirigentes políticos que confiesan situaciones emotivas o celebran victorias deportivas con entusiasmo de hinchas. Cargos que soportan críticas anónimas, política y personalmente muy incorrectas. Todo ese mundo, al alcance de un clic. Al menos en los casos en que un político dispone de un blog, una bitácora personal en la red. En Galicia, en la mayoría de los casos, los post (las anotaciones) son reproducciones más o menos retocadas de sus intervenciones políticas habituales. En otros son diarios de campaña que desaparecen al día siguiente de las elecciones. Pero hay algunos ejemplos de verdaderos blogueros que exponen, además de ideas y críticas, sus quehaceres y ocurrencias.

Seguir lendo en El País.

Saúdos, Pereiro ;-)

A crise ninja

É imposible explicar mellor do que o fai o profesor Leopoldo Abadía o que son as hipotecas lixo e como teñen provocado a actual crise mundial. Gracias, Diego ;-)

Obama!

Con case tanta ledicia como dúbidas e anceios saboreo hoxe a victoria de Barack Obama e dos Demócratas nas eleccións de onte. Aínda lembro a desazón da victoria xudicial, que non real, de Bush sobre Al Gore no ano 2000 e a incredulidade coa que vivín a reelección do peor presidente dos EE.UU. en 2004, pero iso xa é historia. Obama é deses tipos que te atrapa coa súa mirada sincera e coa súa palabra intelixente; iría con el á fin do mundo.

Unha sociedade e un país que algúns dábamos por perdido, hoxe está soñando cun cambio social revolucionario, con facer do seu territorio e do mundo un lugar mellor; vólvense a emocionar falando de igualdade, de paz, de respecto, de multiculturalidade… Se lle deixan facer realidade o seu soño, Obama pode revolucionar ao país máis poderoso do planeta e con el, en parte, a todos nos.

Non quero esquecerme hoxe de Xavi Fariña, que hai dous anos, cando eu non coñecía de nada ao hoxe presidente electo dos EE.UU. e soñaba con ver a Hillary Clinton na Casa Branca, díxome que estaba convencido de que un tal Obama, ao que seguía dende había tempo e que aínda non presentara a súa candidatura, gañaría as primarias demócratas e probablemente as eleccións. Fari, eres un crack!

Unha lección máis de política real

Prometeu en campaña electoral que ía retirar as tropas de Irak e, a verdade, non pensei que fora capaz de facelo ata aquela fantástica rolda de prensa dado o seu primeiro domingo en La Moncloa; prometeu que ía recoñecer ás parellas homosexuais os mesmos dereitos que ás heterosexuais e, ata que o vin, nunca pensei que tivese a valentía de incluír tamén nesta equiparación de dereitos a adopción, prometu incrementar o salario mínimo, as bolsas de axuda ao estudo, a vivenda pública… e cumpriu!

O que me engancha de Zapatero é a súa política coherente, real, feita pensando nos traballadores e traballadoras; deixando a un lado esa política de salón maniqueísta, incluso apolítica por carente de ideoloxía, que pretende non enfandar a ninguén non facendo nada sobresaliente e que, ao final, se traduce niso de "todos son iguais". El demostra que se pode facer política doutro xeito.

Hoxe, en tempos de crise, de moitas palabras baleiras e de mirar para outro lado, volveunos dar outra lección de política real, pensada para facer fronte ás necesidades dos traballadores/as que máis o necesitan e anunciou:

1. Moratoria do 50% no pago das súas hipotecas para parados, autónomos con reducción drástica de ingresos e viuvas/os con cargas familiares.

2. Moratoria de dous anos no vencemento das contas vivenda, das que tiramos fundamentalmente os máis novos/as.

3. Bonificar con 1.500 € a contratación de persoas desempregadas con cargas familiares, a bonificación máis alta das existentes na actualidade.

Son medidas, sobre todo a primeira, desas que cando chas din dubidas de se algún político terá a valentía de tomalas, por excepcionais e novidosas. Unha vez máis, Zapatero cumpre.

Raíña ou política

Sen dúbida esta semana tivo unha protagonista pouco usual, a Raíña Sofía e as súas sopostas frases recollidas no libro de Pilar Urbano:

"Las leyes civiles no pueden ignorar las leyes naturales […] La religión se ha de enseñar, los niños necesitan una explicación del origen de la vida […] Los gays pueden casarse, pero que a eso no lo llamen matrimonio […] La inmensa mayoría de las familias son normales, como ha sido siempre la familia natural […] No me gustan las cuotas en los cargos del Gobierno, quien valga que dirija, sea hombre o mujer […] Aborto: hai que respetar a toda criatura que ha empezado a vivir; eso no es retrógrado ni cosa de cristianos, es seguir la ley natural."

Que Sofía de Grecia, como persoa, opine isto ou outro non me preocupa, aínda que crea máis en Adán e Eva que en Darwin, respétoo fondamente; e máis, paréceme incluso o pensamento normal dunha muller de 70 anos. O problema está en que quen di isto é a Raíña de España. No ano 78 os cidadáns aprobamos unha constitución na que se acordou un modelo de Xefatura do Estado non electo polo pobo, senón herdado por linaxe, como garante de estabilidade, de permanencia, de obxectividade… fronte á axitada e pendular discusión política.

O sistema funciona se as barreiras non se traspasan, pero no momento no que os monarcas empezan a opinar política e publicamente, isto é, a participar no debate democrático, a representar a uns e non a outros, algo falla. Nese momento un pode cuestionarse por que non pode elixir democraticamente a ese Xefe do Estado que toma partido nas políticas feitas polos representantes elixidos directamente polo pobo. Quizais, un erro sen maior importancia, pero convén reparar nel.