Raíña ou política

Sen dúbida esta semana tivo unha protagonista pouco usual, a Raíña Sofía e as súas sopostas frases recollidas no libro de Pilar Urbano:
"Las leyes civiles no pueden ignorar las leyes naturales […] La religión se ha de enseñar, los niños necesitan una explicación del origen de la vida […] Los gays pueden casarse, pero que a eso no lo llamen matrimonio […] La inmensa mayoría de las familias son normales, como ha sido siempre la familia natural […] No me gustan las cuotas en los cargos del Gobierno, quien valga que dirija, sea hombre o mujer […] Aborto: hai que respetar a toda criatura que ha empezado a vivir; eso no es retrógrado ni cosa de cristianos, es seguir la ley natural."
Que Sofía de Grecia, como persoa, opine isto ou outro non me preocupa, aínda que crea máis en Adán e Eva que en Darwin, respétoo fondamente; e máis, paréceme incluso o pensamento normal dunha muller de 70 anos. O problema está en que quen di isto é a Raíña de España. No ano 78 os cidadáns aprobamos unha constitución na que se acordou un modelo de Xefatura do Estado non electo polo pobo, senón herdado por linaxe, como garante de estabilidade, de permanencia, de obxectividade… fronte á axitada e pendular discusión política.
O sistema funciona se as barreiras non se traspasan, pero no momento no que os monarcas empezan a opinar política e publicamente, isto é, a participar no debate democrático, a representar a uns e non a outros, algo falla. Nese momento un pode cuestionarse por que non pode elixir democraticamente a ese Xefe do Estado que toma partido nas políticas feitas polos representantes elixidos directamente polo pobo. Quizais, un erro sen maior importancia, pero convén reparar nel.
11 comentarios
Deixa unha resposta


Pues yo tengo 27 años y opino como la reino, se que tengo un pensamiento anormal pero prometo intentar cambiarlo y pensar normal como los progres.
Non alteres o que se di no post; ata poño que, sen compartilo, respecto o pensamento da raíña, como respecto teu, pero non me pidas que o comparta. O que pasa é que ti e máis eu podemos dicir publicamente o que nos dea a gana, porque non somos xefes do estado ou reis de tódolos cidadáns deste país.
En síntese, o problema e o que critico non son as opinións da raíña, é que as faga públicas, porque a súa responsabilidade institucional non llo permite.
http://www.psoe.es/ambito/saladeprensa/pressnotes/index.do?id=229408&action=View
Antonio Hernando, Secretario de Política Municipal del Partido Socialista, exige al presidente del PP, Mariano Rajoy, que desautorice “oficialmente” las declaraciones del Secretario de Comunicación de su partido, Esteban González Pons sobre la Reina
Cuidado ivan que el el PSOE es el maximo defensor de la monarquia
todo será ver el nodo.-”El album de una reina”
No estoy muy de acuerdo con las reflexiones de la Reina, las cuales me extrañan, pero también tengo que decir que la Sr. Pilar Urbano, me parece una persona muy inteligente y creíble.
No me puedo definir ni monarquico ni repúblicano, pero los que fuimos testigos de la transición, sentimos un profundo respeto por la monarquía porque fué un pilar básico de la misma, y da la sensación de que si se toca es como remover cosas del pasaso que a personas que como yo, no quieren ni recordar.
En cuanto a lo que cuesta mantener a esta gente, tampoco lo tengo muy claro, porque reciben una asignación muy importante de los presupuestos generales del estado, sin mencionar negocios particulares etc.. pero por la contra tenemos la república en Italia, la cual según un canal de TV, no recuerdo cual, les sale más cara a los italianos que nuestra monarquía, sin hablar del nivel de corrupción de la politica italiana, por lo que no se que decir.
“O rei reina, pero non goberna”
Separación de poderes
Disto fai tantos anos… que deberiamos dar o seguinte paso.
Fora liñaxe, fora dereitos de sangue, berce, apelido…
3ª República xa !!
Eso 3ª republica pero nada de republica comunista con su bandera tricolor, que nos quieren imponer.
1º Ignoro o papel fundamental da monarquía na transición. Coido que fixo o que lle permitía manterse no cargo, aí temos a constitución que o blinda de todo (o rei é intocable, se por casualidade mata ás miñas fillas conducindo un dos 300 automóbiles que ten, non lle vai pasar nada”). No 23-F hai máis sombras que luces.
2º Que alguén pense como a raíña a min persoalmente tráeme sen coidado, mentres non teña un cargo que llo impida facer.
3º Bandeira republicana comunista?? No-la queren impor?? Necesito máis información para saber se é unha broma ou un pensamento real…
4º A República Italiana custa máis que a monarquía española… Moi ben, e que? Un dos problemas que se ten coa monarquía é que non se sabe canto custa realmente: hai uns orzamentos expresos para a casa real (que o rei reparte a discreción entre quen quere), os funcionarios da mesma páganse cunha partida do ministerio de Administracións Públicas, as viaxes polo Ministerio de Exteriores, a súa seguridade (si, incluso cando vai de regatas a Maiorca e a esquiar a Baqueira) polo Ministerio de Interior (ao igual que a seguridade dos demáis membros (Urdangarin inclusive por exemplo), ignoro se o xenro de Berlusconni precisa escolta e esta corre a cargo da república). Comeza a sumar, porque a min non me dan as contas…
Ola Iván,
Eu co tema este de Sofía ando un pouco cabreada de máis…
Que esta señora que representa unha institución que é “desigualitaria” por natureza, que representa a superioridade dunha parte da sociedade sobre a outra, onde na propia constitución española se prima ao varón sobre a muller, se teñen dereitos de sangue, a figua do rei é irresponsable e inviolable….nos veña a falar agora de liberddae de expresión, me resulta un ataque directo a unha parte da sociede que somos republicanos e que respectamos a monarquía porque así o decidiron nas furnas os cidadáns españois hai uns aniños.
¿Por que neste país hai que pagar multas de 6000 euros pola famosa portada da revista EL JUEVES cos príncipes “en actitude cariñosa”, ou 2700 euros por queimar unhas fotos dos reis ( se foran as dos seus pais non pasaba nada); e sen embargo temos que soportar que unha señora á que lle pagamos 9 millóns de euros, DIGA O QUE LLE PETE sen que pase NADA?
Sinceramente, eu encantada de que queira ser igual ca nos, pero para iso só hai unha solución…. REPÚBLICA XA!!!!!!!!!!!
Unha aperta, Iván
REPÚBLICA XA, si claro ya sabemos que clase de republica quereis esa marxista con su bandera tricolor, eso eso una republica como Cuba o China.
…para mi la reina es una mujer, un ser humano que le toco estar donde está,porqué la evolución del ser humano es así, se necesitó siempre una forma de organizarse u ordenarse socialmente, a ella le toco ser Reina y estoy seguro que ella no dijo: “voy a ser Reina porqué me da la gana”, eso sería distinto.
Decir lo que dijo, ( si es que lo dijo ), no lo veo fuera de lugar, mucha gente piensa así como ella,muchisimas MAMAS piensan así, y yo mismo coincido con alguna de sus manifestaciones y que pasa?, es pecado?, soy anormal?, yo creo que no, somos seres humanos con diferentes formas de ver la vida y además, ¿cree alguien que cualquier persona con la edad de esa mujer? no puede decir eso y mucho más, o acaso la edad no significa nada?, yo creo que con esa edad estás autorizado para expresar eso y mucho más de lo que se callan…..