8.000 millóns de euros para os concellos

Hai moitos anos que John Maynard Keynes descubriu que a mellor receita para saír a flote en épocas de crise, contrapunto e consecuencia das bacanais do liberalismo, é incrementar o gasto público, fundamentalmente en obra, para xerar máis emprego e estimular o mercado. Hai outros dous remedios, moito menos aconsellábeis, a selección natural, é dicir, non facer nada, salvo baixar os impostos, e que o mercado se encargue de eliminar ós que menos teñen, permitindo só a supervivencia dos máis ricos; ou iniciar unha guerra, cousa que tamén incrementa a produción e o emprego, inmediatamente se é en territorio alleo ou na posguerra cando o campo de batalla é o propio país.
Seguindo o camiño axeitado, o presidente Zapatero anuncia unha partida de 8.000 millóns de euros de investimento público para crear directamente varios centos de miles de postos de traballo; cunha novidade importante, unha boa parte deses miles de millóns, que en pesetas resulta case imposíbel calcular, destinaranse directamente aos Concellos…
13 comentarios
Deixa unha resposta


Aparentar lo que no eres es como querer ser Dios, simplemente jamas lo lograrás.
Juega con todos y que todos jueguen contigo, pero con las mismas armas.
Sabes a lo que me refeiro (publicar) evidentemente siempre con respeto.
Vamos ver si por este medio dou recuperado, a desbrozadora que se perdu entre a VEIGA e O CASAL( Maniños) O DIA 27/11/08, mais ou menos as cinco da tarde. se algen viu algo, un coche que se parou pa recoller algo en fin algun detalle que axude a recupera-la ferramenta.
HUSQVARNA 235-r
Gracias a todos
Estrellado: Eres un crack
curioso que esos recursos de todos,los vayan a gestionar,las entidades que crean mas deficit en el pais.
No hay que ser muy listos como serán los resultados,y todo ese dinero,se volverá ineficaz,como los “400″euros,de los planes de ZP.
Puedes comentar también,que este mes hay 170.000 parados más(200.000 el mes anterior),ya se van viendo la eficacia de las medidas de ZP,para esa supuesta crisis que aparecio ahora.
(curiosamente durante las elecciones se iban al paro 4000 personas al día).
Pero l,o que parece increible,es que de lo de Navantia FEne,no sabes o no quieres saber.Porque según el las circustancias han cambiado,pero tu hace dos semanas decías en Ferrol,con ilusión,que teníamos que esperar a 2015.
Ya veremos donde te pone el pueblo de Fene,para las próximas municipales.
Falando agora en serio¿Entón significa que Fene por exemplo pode dispoñer dunha financiación máxima de ata dous millons e medio de euros gracias ó fondo estatal de inversión local?¿Significa isto que os cartos prestados poderanse devolver sen intereses?¿ou son cartos que Fene non vai ter que devolver? A verdade é que dunha forma ou doutra é algo moi positivo e semella unha boa idea para facerlle fronte á crise.
Eu teño unha fouciña se queres deixocha
Bueno pois aver se aparece a desbrozdora lojo.
de los cuales los terroristas van a pillar un buen cacho.
Xan, nesa especie de “concellofobia” que se deduce das túas palabras, paráchete algunha vez a reflexionar por que os concellos son a administración máis endebedada?
Ocórreseme que, por riba da mala xestión dos responsables políticos municipais, que existe en moitos casos, pero como en calquera outra administración, tal vez teña algo que ver o feito de que os concellos asumiron nestes 30 anos de democracia todas as competencias que lles recoñece a lei e unha boa parte das das demais institucións, sendo a administración que menos cartos recibe, a que menos ten incrementado as transferencias de recursos do estado, un punto (do 13 ao 14%) en toda a democracia, fronte a máis de 25 puntos (do 14 ao 40%) que se incrementaron as transferencias ás comunidades autónomas, e padecendo a supresión por parte do goberno de Aznar dalgún dos poucos impostos que os concellos podían cobrar, como o IAE. O que non sei é como non están todos na máis absoluta bancarrota.
Sobre Navantia Fene, o que eu dixen en Ferrol, sigo dicindo a día de hoxe e dixen xa mil veces neste blog e que temos que pedir, intentar, forzar… que o veto á construcción civil se levante antes do 2015, pero que eu creo que é algo case imposible, porque foi a condición que a UE lle puxo a ASTANO para non ter que devolver as axudas ilegais do goberno do PP, poder integrarse en Navantia e non ser privatizado, como o foron os demais estaleiros civís de Izar, por certo, hoxe pechados salvo ASTANO e Puerto Real e porque a Comisisión Europea noutras zonas do continente, como Polonia, o que está a facer é directamente pechar os estaleiros.
Agora ben, como dicía, desde aquí hay que facer forza para intentar levantar ese veto, porque, aínda que non se consiga antes de 2015, se así o facemos, daquela, dentro de seis anos, caerá e ninguén se platexará unha prórroga dos mesmo, como xa ten acontecido.
Lembro, en todo caso, que só cos contratos asinados ata o día de hoxe hai traballo asegurado en Fene ata 2014. En ASTANO, dentro dos seus talleres, se fabrican e fabricarán 2/3 dos barcos que Navantia está a construír actualmente e construirá para as armadas española, noruega, australiana e venezolana na ría de Ferrol; barcos que son finalmente ensamblados na antiga Bazán.
En que nos beneficiará a supresión do veto? En poder traballar libremente, sen límites, no sector de reparacións, no que si somos competitivos, e no de artefactos de alta tecnoloxía, como o off shore, no que, con máis dificultades, pero tamén podemos competir con Asia. Agora ben, quen pense en facer superpetroleiros de novo en ASTANO, con veto ou sen el, soña cos anxos, porque soldar e cortar chapa sae moito máis barato na China e as navieiras, obviamente, se poden pagar a metade, non van pagar o dobre.
Unha última reflexión, ASTANO xa foi unha factoría privada, naceu como tal, foi medrando ao calor da revolución enerxética e tivo un último estirón nos anos 70, cando por mor da crise do petróleo as compañías enerxéticas de todo o mundo víronse forzadas a encargar superpetroleiros, compañías, por certo, americanas, que viñan facer os barcos a Fene, porque lles saían máis baratos que nos EE.UU., onde tamén había estaleiros, pero España aínda tiña salarios moitísimo máis baixos que o resto do mundo occidental. Nesa década o ASTANO privado xa entra en crise, a empresa está abocada ao peche e, entón, é nacionalizada e se integra no antigo INI (Instituto Nacional de Industria).
A cousa ben de lonxe, porque unhas das inevitables consecuencias do noso desenvolvemento social e economico é que agora xa non somos competitivos en traballos non cualificados, o noso posto ocupáronno os países que hoxe están en vías de desenvolvemento, como o estabamos nós nos anos 50, 60 e parte dos 70. Hoxe nós temos que competir no sector naval de alta cualificación e tecnificación e podemos facelo. Ese é o camiño, non aspirar a vivir como nos anos 60.
Ah, e nas próximas eleccións, ás que teño pensado presentarme, o pobo de Fene porame onde estime máis oportuno, igual que fixo nas últimas. Por se tes algún temor ao respecto, aclároche que non penso facer nin da alcaldía nin da política a miña profesión, creo na limitación de mandatos e na importancia dos proxectos por riba da importancia das persoas.
Alex, si, Fene disporá desa cantidade de cartos e en concepto de subvención, é dicir, danse cartos, ata chegar ao límite máximo no noso caso dos dous millóns e medio de euros, para financiar proxectos de obra que presentemos ata o 23 de xaneiro e eses cartos non se devolven, son íntegros para o Concello.
En Fene supón triplicar a cantidade de cartos que o concello ten un ano normal para investimento en obra real. É magnífico.
Xosé, eu terroristas no noso país só coñezo aos de ETA, a algún que queda doutras bandas case desarticuladas e aos machistas que asasinan mulleres, pero creo que a ningún deles lles vai tocar nada destes cartos.
Pues nada a seguir mirando para otro lado y luego todos a manifestarse cuando halla otro asesinato como hipocritas.
…eu quero solidarizarme co Sr. Estrellado, ofrecendolle meu punto de vista:
………Huqsvarna 235 R, esta máquina ven sendo unha desbrozadora de brazo ríxido, de 1,8 hp( cabalos potencia), 36,3 cm cúbicos,1,48 metros de largo de brazo é un peso de 7,3 kgr…¡Boa máquina!.
Acordome que houbo un tempo que tendían a desaparecer, son misteriosas,visto y no visto, algo máxico.
Aparte da súa capacidade para desaparecer,ten outras características que a fan especial, vexamos:
Mide 1,48 m. de brazo mais o cabezal ca súa correspondente coitela, un motor e soporte de union entre brazo e motor, xa estamos en case 2 metros de largo; aproximadamente no medio ten unha cruz que veñen sendo os brazos para agarrala, de aproximadamente 1 metro entre punta e punta.
E por todo isto qué, non se pode meter nun coche calquera, non entra polas portas, no maletero non se acomoda, teriamos que falar de unha furgoneta tipo c-15, fiorino, etc. ainda así,leva o seu tempo acomodala no lugar.Podemos dicir que levaría moito tempo metela nun coche, o cual significa que a ” desgraciada máquina “,” estuvo moito tempo sola”, o cual pode
significar unha ” falta de celo” na súa custodia e protección.
Evidentemente podemos tamén pensar que poido ser un camión, é iso levanos a seguinte conclusion:
o camión necesita un tempo importante para parar pois, e algo máis grande, faí un pouco mais ruxido, podemos dicir que é algo “que se faí ver é oir”, o cal nos leva a conclusión qué o seu dono “estaba lonxe da máquina”, falta de celo y abandono durante un periodo de tempo considerable.
Bueno de todolos xeitos que levo cavilado, tamén poido ser unha moto con dous acompañantes,ou para maís INRI poideron escondela detras de unha silveira e logo viñeron por ela, o cal nos leva a pensar que aparte da “falta de celo, abandono ” nos atopamos que non houbo un “rastreo ou busquéda axeitada da zona”, para descartar a posibilidade anterior, entón temos ” falta de celo, abandono e desinterés na súa búsqueda”.
I esgotados todolos xeitos e maneiras, descartando a posibilidade de que non se acorde Vostede onde a “deixou aparcada”, entonces amigo meu, so che queda unha posibilidade, acudir o cuartelillo e denunciar a súa desaparición,levar a documentación da máquina, número de la misma , sello de compra do establecimento onde se mercou é o DNI do comprador, con iso esta todo listo.
Si as forzas do orden, facendo uso das facultades que as leis lles otorgan , ven unha desbrozadora polo mundo poderán identificala e recuperala - agas de que a desbrozadora se atope na situación anterior, quero dicir “abandonada, lonxe do seu dono,sola”,descoñezo cal é o procedimento en ese caso.
Agardo teña a ben facernos participes se produce a boa nova é ¡¡Bo Nadal!!………………
Agardemos que esta fórmula funcione. Nós así o esperamos e que o noso país se recupere rponto desta cirse que está arrasando co emprego e coas vidas das familias mais humildes do país. un saúdo