Anotacións arquivadas do mes de January de 2009
Xogando a papás e mamás!
Qué bo este corto! Gracias, Marta ;-)
Socialistas de Ferrolterra
Mentres no PP, tal e como ten recoñecido o seu propio candidato, buscan mulleres para poder pechar as candidaturas ao Parlamento de Galicia antes de que finalice o prazo legal, os socialistas xa aprobamos as nosas esta fin de semana. Así, o luns tiven o pracer, como Secretario Xeral do PSdeG de Ferrolterra, de acompañar e presentar en rolda de prensa aos compañeiros e compañeiras desta comarca que formarán parte da candidatura socialista pola Coruña: Bea Sestayo, Katy García, Nacho Filgueiras, José Carlos García Vilameá e Ramón Martínez.
Son cinco compañeiros e compañeiras apoiados polos militantes nas asembleas de tódalas agrupacións municipais de Ferrolterra e que representan, como outros moitos que non estan nesta candidatura, os mellores valores do socialismo: liberdade, igualdade e solidariedade. Téñovos ademais que confesar que me produce unha emoción especial a sua designación, porque todos eles, da man doutros moitos militantes dos demais concellos da comarca, forman parte desa xeración de compañeiros/as socialistas que hai uns anos decidimos traballar xuntos para darlle un novo pulo renovador ao PSdeG en Ferrolterra.
Tan só queda facer un último esforzo para explicar claramente o moito que o goberno de Emilio Pérez Touriño fixo por Ferrolterra en só catro anos, como foi quen de substituír as políticas victimistas e de confrontación con outras administracións, das que tanto abusou o PP, por políticas modernas de colaboración institucional, de diálogo cos traballadores e cos empresarios, de investimento, destinando cada ano a esta comarca máis cartos do que nunca antes fixera ningún goberno, de compromiso coas infraestruturas (II Fase do Porto Exterior, Transcantábrica, Autovía Ferrol - Vilalba, Vilar do Colo…) de impulso do Plan Ferrol… en definitiva, políticas de aposta por Ferrolterra, que da man destes cinco compañeiros/as continuarán catro anos máis no Parlamento de Galicia, porque o cambio e a transformación deste país e desta comarca son xa imparables.
Columna de reclamacións en Barajas
Os retrasos provocados pola folga de celo dos pilotos de Iberia e o mal tempo obran milagres como que algún pasaxeiro ou pasaxeira, probablemente oínte de Federico Jiménez Losantos, se convirta en anti-sistema e deixe pegada do seu cabreo nas columnas de Barajas. O estilo é así como moi "càscaras", "córcholis" ou "repámpanos", iniciando unha nova vía de arte urbano, de pintada protesta, que ten o seu berce nos ambientes máis selectos do país.
Tal vez a autora foi a propia Esperanza Aguirre o día que a "liderasa" non puido voar a Valencia e tivo que volver, amosando a súa gran humildade, ao Pazo da Porta do Sol en Metro, iso si, non sen antes facer unha "improvisada" foto para remitir a tódolos medios de comunicación. Pobre lideresa, un día en metro outro en calcetíns dando unha rolda de prensa; ay…!
