Itinerarios por sexos no hotel
Espero que non soe escatolóxico, pero esta noite, no baño dun hotel de Barcelona, non puden evitar lembrarme de Alberto Núñez Feijoo. Anda el moi liado asegurando que separará aos nenos e nenas das galescolas en función da súa lingua materna, unha aberración como calquera tipo de segregación e aínda non descubriu que nalgúns establecementos coma este diferencian o kit típico de aseo por sexos.
Simplemente por curiosidade vos comento que o de muller inclúe pasta de dentes, panos de papel, esponxa para a ducha, bastoncillos de algodón e unha toalliña desmaquillante; mentres que aos homes nos ofertan pasta de dentes, maquiniña de afeitar e esponxa abrillantadora para os zapatos.
Non é máis que unha anécdota, pero é importante ver como os roles tradicionais de xénero se visualizan tamén en pequenos detalles coma este; por non falar xa de que na habitación haxa un kit de home e outro de muller, en lugar de dous de home ou dous de muller.
1 comentario
Deixa unha resposta


Seguimos anclados nos vellos ideais………. non entendo esa discriminacion de Sexos; xamais a comprendin. Acaso eu se nacera muller seria máis débil ou simplemente distint@? NON.
A ver de dunha vez nesta sociedade do século 21 dámonos conta dos vellos ideais que hai que eliminar das nosas vidas dunha vez por todas.