Sen palabras para definir a Baltar

Lendo a entrevista con José Luis Baltar que publicaba onte un medio de comunicación, teño máis claro que nunca por que eu son socialista e el é do PP. Ademais de comentarios un tanto homófobos e bromas de dubidoso gusto, sobre o famoso "carrexo" de votos do que tanto gusta o seu partido espeta:
"Facémolo todos, pero nós gañamos. Hai que traballar. En todas as eleccións vou a Nogueira para vixiar como vai a cousa. Vin a unha parella e tiven dúbidas. Pregunteille se me darían o voto, dixéronme que si e entón cambieilles as papeletas que levaban na man por unhas do PP. Acompañeinos até a mesa e logo comprobei que lle ían a votar ao PSOE."
Non teño palabras. Creo que só neste país pode acontecer isto, que o Presidente dunha Deputación recoñeza publicamente que o día das eleccións pide o voto, que a unha parella lle retira as papeletas que levaba e lle dá unhas do PP, que coacciona a esta parella acompañándoa ata a mesa electoral para vixiar que meten na urna os sobres que el lles deu e que, por riba, logo mira os sobres que levaban antes para saber que ían votar… E non pasa nada!
Estou por apostar incluso que para moitos que leron a entrevista estas declaracións pasaron inadvertidas e iso é o malo. Damos por feito que as cousas son así e non deben ser así. Episodios coma este son os que me animan a seguir na política activa, a empregar tempo, cartos e todo o que poda para facer deste país un país distinto; aínda que soe estraño dicilo agora, empecemos!
7 comentarios
Deixa unha resposta


Cando vos ides enterar no PSOE que a dereita e así, e por moito que se lles destape non perden votos, na esquerda e donde hai que ser honrado e non so iso senon que ademais parecelo. Porque estes te levantan unha calumnia e xa teñen a coz para facela verdade revelada
Dame vergonza, que aínda exista xente desa clase, e que aínda por riba ocupen un cargo político, esas declaracións para min son ANTIDEMOCRÁTICAS, acaso non sabe que o voto é secreto? Pois si non o sabe xa é horiña de que o vaia aprendendo. A dereita cada vez ten comportamentos mais caciquiles.
Logo dos resultados destas eleccións galegas, co “caso Gürtel” que emporcou ao PP de cheo e logo dunha campaña electoral nos que os “coches” e “iates” fixeron que o bipartito perdese….sonche bastante escéptico. A sociedade permítelle ao PP calquera “xogo sucio”. Decepcionante. Outro cuatrienio negro.
O máis lamentable é, a parte da indecendia dun político coaccionando a liberdade do voto, que unha persoa se sinta coaccionada. Pra min expresa unha falla de liberdade preocupante. Despois de 30 anos de democracia, de ter unha lei de leises, que recolle como dereito fundamental a liberdade; vemos como un personaxe público que debería ser quen máis respetase esta lei, a pisotea e non pasa nada, e unha persoa “libre” se deixa pisoatear. Creo que mere unha análise moi profunda.
Propóñoche que isto non caia en saco baleiro e se lle de difusión pública a nivel estado. Pola web, nun programa de tv de audiencia, ou algo. Isto non pode quedar así.
Pero este señor … non escarmentou co que lle pasou na campaña por non ter un seguro para a lingua??
http://www.oscar-martinez.es/tic/2009/02/28/estos-son-los-argumentos-del-pp-en-la-campana-maricon-sinverguenza-miserable/
Este señor debería estar xa retirado; porque non ten un caracter válido para un político. Non entendo como este “señor” pode seguir no seu cargo e sen embargo recoñecer que pediu o voto no día das Votacions….
Cada dia estou máis convencido o porque eu tamen son Socialista e non do PP….
Este señor,mayor y “gran conocido” en toda la provincia de Ourense es lo que hay…no sè si definirlo còmo un “holding” o un “feudalismo”;pero es toda una instituciòn…con años de tradiciòn.En su pueblo es un Señor,un hèroe…
O problema é a mentalidade que ten a xente da dereita do que é a democracia. Ven as eleccións como unha guerra, onde eles teñen que gañar como sexa. Por que castigar aos seus dirixentes se o importante (para eles) é que non gobernen ‘os outros’? Moitos votantes do PP aínda cren hoxendía (isto é verídico) que o famoso coche custa máis que o de Obama. A Cidade da Cultura? Monte Pío? os 35 Audis que hai na Xunta? Todo herdado de Fraga, pero iso non lles importa. Parece que por ser un de esquerdas hai que ir cunha folla de parra diante e outra atrás.