O mellor ministro

Moitos de aquí están en Madrid, pero non tantos exercen alí de galegos. Pepe Blanco é dos que cumpre, dos que é capaz de ter as máis altas responsabilidades no Partido e no Goberno e non esquecer as necesidades desta terra, da que se sente orgulloso e que coñece á perfección. Unha vez máis, Zapatero cumpre con Galicia.
Estamos acostumados a velo como o látigo do PP, pero Pepe é moito máis que iso. Para min ten tres virtudes fundamentais, é un traballador infatigable, un magnífico organizador de equipos e sempre ten os pés na terra. Que non o coñeza máis que das súas aparicións no Telediario igual pode quedar sorprendido nos próximos meses, pero quen o coñeza de algo máis saberá de seguro que Blanco non vai pasar sen máis polo Ministerio de Fomento, Pepe será o mellor ministro deste goberno e, sen dúbida, o mellor ministro que teña tido Galicia. Verémolo!
2 comentarios
Deixa unha resposta


Felicidades Pepe e felicidades Galicia. Cando o vin no mitin en Fene non pensaba que quen me deu a man era o proximo ministro de Fomento de España…. se xa daquela foi unha honra; imaxinate agora!
Seguro que si, Blanco será un dos mellores minitros que tivo España. E non descartaría que algún día vivise na Moncloa, pero para eso ainda hai que esperar, que o actual presidente do goberno estao facendo moi ben e aínda lle quedan moitos aniños ao fronte do partido e do goberno.