Feijoo, ser ou non ser…

Feijoo presentouse ante o Parlamento de Galicia para ser investido Presidente da Xunta e a súa maior declaración foi "non vimos restaurar o pasado nin derrubar o que se fixo ben". Está ben esta declaración de intencións, reinterpretación do clásico "gobernarei para todos"; é a frase que figura en tódolos mauais de como facer un discurso de investidura, pero a partir da semana que ven tocará gobernar.
Está ben que diga iso e veremos con feitos se o cumpre, pero na campaña foi demasiado lonxe e terá que decidir entre tragarse as súas promesas electorais ou tragrase as bonitas palabras do discurso de investidura.
Separará aos nenos e nenas na escola en función da súa lingua materna? Porá fin á protección da nosa costa? Seguirá apostando polo ensino público? Recurtará o investimento na sanidade pública? Continuará cos políticas de igualdade entre homes e mulleres? Mellorá o financiamento dos concellos a través dun novo pacto local? Apostará pola mocidade como presente e non só como futuro?… A todo isto e a máis terá que respostar Feijoo con feitos, non con palabras e aí coñeceremos ao presidente real. Empeza a conta atrás!
7 comentarios
Deixa unha resposta


Empieza la cuenta atràs!!!!!
O Sr. Feijoó, como dixo Aymerich, foi o primeiro sorprendido en gañar as eleccións. O problema co que se atopou é que non tiña programa electoral. O seu consistíu en soltar o que poñía a Coz e facer un órdago pensando que non ía gañar. Por desgraza para os galegos, témolo de novo presidente.
Pouco despois das eleccións, nunha entrevista na Radio Galega, chegou a dicir que non sabía como funcionaban as galescolas!! (o programa era “O Faladoiro”, pola mañá cedo, por se alguén o quere buscar).
Logo das eleccións dixéronlle que en Vigo non se fabricaban os Citroën de alta gama. Tamén que se vendía o famoso coche ía vendelo por menos cartos, co que se estarían perdendo (é unha lumbrera, polo visto).
Dixo que ía separar nenos segundo língua e tamén que quere aforrar (nas escolas estanse rindo del, aínda).
E agora unha pregunta (sen maldade, só interese): que vai pasar coa súa moza? Vai vivir en Monte Pío a costa dos galegos? Vai empregar coches oficiais a costa dos galegos?Que estatu ten?
1ª resposta de Feijoo .- incumprimento de igualdade na formación do goberno
ESTE SI QUE É O PRESIDENTE!!!
Chega de novo o caciquismo a vossa terra, sinto pelo vosso idioma muito bonito que estase perdendo e transformandose num castelhano mau falado.
MANIFESTO A PROL DA CONVIVENCIA LINGÜÍSTICA E DA IGUALDADE DE DEREITOS PARA O GALEGO
Asinao en: http://www.amesanl.org/campanhas/convivenciaeigualdade.htm
¿Qué hai de malo en estudar maioritariamente en galego ou castelán a elección?. No da protección da costa entra tamén Arousa (”Villa PSOE”). Espero que siga apostando polo ensino público. O de recortar gastos en sanidade non quere dicir recortar dereitos senon gañar en eficiencia. Con respecto á igualdade a xente hai que valorala pola súa capacidade, actitude e aptitude e inxusto que un home pase por riba dunha muller so polo feito de selo pero tamén ó revés.