ivanpuentes.com

Anotacións arquivadas do mes de May de 2009

Oreja Mayor no ambulatorio

Un reparto xusto vs. a codicia

O problema é o que van votar!

A loita contra as 65 horas no Parlamento Europeo

Este partido xógase en Europa


Así defende a igualdade o goberno de Feijóo

"Amósalle todo o teu agradecemento e admiración pola súa labor diaria. Achégate ó pequeno comercio tradicional da túa cidade ou vila e mércalle un regalo moi especial para ese día… ¡Non te esquezas!" Por se nos quedaba algunha dúbida, suxírennos diferentes agasallos que lle podemos mercar á nosa nai: unha tixola, un ferro, un cepillo de lavar, unha tina, un kit de produtos de limpeza, unha cafeteira…

Parece que nin a Federación Galega de Comercio nin a nova Xunta de Galicia estiveron moi atinadas á hora de facer esta campaña aberrantemente sexista. O home travestido supoño que tenta introducir unha pincelada de humor difícil de captar, pero o resto do anuncio é infumable, dende os obxectos que encasillan á muller no seu rol clásico de ama de casa, ata o texto que nos invita a agradecerlle con este regalo o esforzo diario no desempeño da "súa" labor.

Volvo ao que dicía máis abaixo, sabemos que a sociedade actual aínda é machista, pero é intolerable que as institucións e organismos públicos difundan e incluso promovan esta desigualdade. A proba, ademais do evidente, é que nunca se lles ocorrería facer este anuncio para o día do pai. Aínda alguén pode dudar da necesidade da Lei de Igualdade? Só os que sintan ameazados os seus privilexios. Feliz día a tódalas nais, pero sen sexismo, por favor!

Crémonos a Lei de Igualdade?

Estamos demasiado acostumados a que a dereita, é dicir o PP, adorne o seu discurso dun fundamentalismo ultraconstitucional cando a legalidade vixente comunga cos seus principios e a que, pola contra, se disfracen de insubmisos cando a maioría democrática aproba leis que non lles gustan. Fixérono con educación para a cidadanía, coa lei dos matrimonios homosexuais, coa lei antitabaco… e agora toca a Lei do Traballo en Igualdade das Mulleres de Galicia.

Sabemos que non lles gusta nada o tema este da igualdade, porque desbarata a milenaria organización social desigual e inxusta na que cren fondamente e moito menos lles gusta o da discriminación positiva a favor das mulleres. Sexa como sexa, o que é intolerábel é que un presidente da Xunta de Galicia non cumpra cunha lei aprobada polo Parlamento á hora de formar o seu goberno.

O PSdeG-PSOE, como redactor e impulsor da Lei, e mais o BNG, como membro do goberno que a aprobou, non poden limitarse a denunciar os feitos publicamente, teñen que… (seguir lendo o artigo en A Nosa Terra)