Así defende a igualdade o goberno de Feijóo
"Amósalle todo o teu agradecemento e admiración pola súa labor diaria. Achégate ó pequeno comercio tradicional da túa cidade ou vila e mércalle un regalo moi especial para ese día… ¡Non te esquezas!" Por se nos quedaba algunha dúbida, suxírennos diferentes agasallos que lle podemos mercar á nosa nai: unha tixola, un ferro, un cepillo de lavar, unha tina, un kit de produtos de limpeza, unha cafeteira…
Parece que nin a Federación Galega de Comercio nin a nova Xunta de Galicia estiveron moi atinadas á hora de facer esta campaña aberrantemente sexista. O home travestido supoño que tenta introducir unha pincelada de humor difícil de captar, pero o resto do anuncio é infumable, dende os obxectos que encasillan á muller no seu rol clásico de ama de casa, ata o texto que nos invita a agradecerlle con este regalo o esforzo diario no desempeño da "súa" labor.
Volvo ao que dicía máis abaixo, sabemos que a sociedade actual aínda é machista, pero é intolerable que as institucións e organismos públicos difundan e incluso promovan esta desigualdade. A proba, ademais do evidente, é que nunca se lles ocorrería facer este anuncio para o día do pai. Aínda alguén pode dudar da necesidade da Lei de Igualdade? Só os que sintan ameazados os seus privilexios. Feliz día a tódalas nais, pero sen sexismo, por favor!
9 comentarios
Deixa unha resposta


No hay mucho que comentar.”Una imagen vale màs que mil palabras”
Con tan só ver este anuncio, xa me amosa todo o machismo da nova Xunta. Non comprendo como a Xunta puido facer este anuncio. Pois para que o sepa a miña nai regaleille un perfume e antes de regalarlle calquera desas cousas que nos propón prefiero non darlle nada.
A ver si si enteran, que as mulleres de agora non dedican a súa vida a planchar, limpar e estar sempre ao servizo dos homes. As mulleres do século XXI teñen traballo e son independentes. E as tarefas da casa non son a “nosa labor”, se non que ten que ser un traballo compartido tanto polo home como pola muller, pero bueno non se lles pode pedir que entandan iso por que sería tempo perdido.
lo que es infumable es que alguien piensa que ser ama de casa es denigrante, ya sabemos que los progres usan chacha mientras dejan a sus hijos en una guarderia y se van a trabajar para ayudar a que el empresario/a de turno siga robando y explotando mas, pues nada a seguir con vuestra igualdad y vuestra sociedad progresista con mas guarderias y asilos…
Es impresentable.
Ás veces me pregunto, fmzi, que xen ten algunha xente para ser tan reacia á igualdade e aos dereitos das mulleres; é sen dúbida, o xen da dereita. Ese mesmo que fai que os do PP se opuxeran no seu día á lei do divorcio, a pesar de que lle daba dereitos a uns sen restarllos a outros, que fai que se opoñan á lei de matrimonios homosexuais, que tamén lle da dereitos a uns sen restarllos a outros, o mesmo que a lei do aborto, a lei de igualdade entre homes e mulleres…
Aquí ninguén pensa que ser ama de casa sexa denigrante, agás algúns de dereitas que relegan á muller a ese rol. Do que se trata é de que as mulleres podan elixir, se queren ser amas de casa ou camioneiras, enfermeiras ou directivas dunha empresa, concelleiras de servizos sociais ou presidentas do goberno… E iso, ou se consigue inicialmente con discriminación positiva, ou non se consigue. A mellor proba é que levammos séculos e séculos de discriminación en favor dos homes e nunca se corrixiu por si só; non sei por que vai pasar agora…
Sinxelamente: ALUCINANTE
Creo que o equipo de igualdade está formado polo melloriño…
o melloriño que tiña a Sección Femenina das JONS!!!
Por certo… non é denigrante ser ama de casa, pero cómo se sentiría fmnzi se polo seu aniversario lle regalasen algo que lle fai falta?: productos de limpeza, kleenex ou un lote de calzóns?
Eu son das do “non me gusta que me agasallen cousas que me fan falta”, por qué iba a regalarlle á miña nai algo que lle fai falta á nosa casa?
Que o corte inglés proclame o día da casa e mercarei unha cafeteira ou uns rollos de papel de cociña.
[…] de Economía facendo uso dos estereotipos máis tópicos; cousa que por certo xa fixeron o ano pasado recén chegados ao goberno co Día da Nai. A pesar de tanto follón na rúa e de tanto recurso ao Constitucional, non sei, parece […]