Punto seguido para un punto aparte
Dende hai unha semana, xusto dende o día no que tivemos a última xuntanza co BNG, era consciente de que as diferenzas entre os dous socios do Goberno Municipal chegaran a un punto de non retorno. Nós non viamos os problemas nin moito menos as causas que eles apuntaban e eles semellaba que tampouco comprendían nin unha das nosas preocupacións. Xa non había espazo para o traballo en común.
Creo sinceramente que ningunha das razóns que aduciu o BNG publicamente explica verdadeiramente o motivo polo cal marchan do Goberno de Fene. Fálase fundamentalmente de parálise administrativa e é certo que o Concello funciona lento, pero xa o viña facendo desde os últimos anos de goberno do BNG. É máis, no tempo que vai deste novo mandato o que fixemos foi poñer medidas para ir desbloqueando esa situación: persoal administrativo, relación de postos de traballo, Unidade de Xestión Urbanística…
Os motivos da marcha do BNG son fundamentalmente dous, a continua e severa perda de votos que veñen padecendo elección tras elección en Fene nos últimos anos e os roces constantes co PSOE, o conflito entre o noso desexo de poñer un punto aparte cos anteriores gobernos de BNG, de cambiar radicalmente este pobo, tal e como pediron os veciños e veciñas nas eleccións de 2007, e o seu desexo de manter e non tocar as políticas dos 28 anos de maioría nacionalista; futuro e presente fronte a pasado, en definitiva.
En calquera caso, as coalicións ou os gobernos en minoría non son máis que fórmulas, medios, para alcanzar unha mesma fin, dar resposta ás demandas dos veciños/as e cumprir a palabra que lles demos nunhas eleccións. Hai dous anos a mellor fórmula para facer isto realidade semellou o pacto de goberno, que agora xa non é efectivo. Pasamos, polo tanto ao plan b, o goberno en minoría.
O PSOE presentouse ás pasadas eleccións cun único obxectivo, iniciar unha nova época en Fene, transformar e modernizar o noso concello, gobernar dun xeito diferente a como o estaba a facer o BNG, iso mesmo foi o que pediron a maioría de cidadáns e iso mesmo é o que faremos a partir de hoxe aínda con máis gañas que onte. Poremos un punto seguido para poder facer realidade o punto aparte que nos pediron os veciños en 2007.
3 comentarios
Deixa unha resposta


…….y el barco escorado,a media máquina, flotando a duras penas,con escasa tripulación,intentaba mantener su rumbo en ese mar agitado,cada vez entraba más agua, la situación era crítica.Pero una vez más, el Comandante, haciendo uso de su gran capacidad,convence a la tripulación y les dice:”somos pocos, pero seleccionados y , si podemos imaginarlo, podemos hacerlo”. La tripulación se animó y codo con codo,sin discriminación por los diferentes rangos, consiguieron a la voz de: “todos a una”, sellar la vía de agua, - que estaba debajo de la linea de flotación,-. Se ordena el DES-LASTRADO de los tanques afectados que, debido a la cantidad de agua que entró, provocaba una gran ESCORA HACIA ESTRIBOR.Fue entonces cuando oímos la voz del COMANDANTE que decía: ¡ MAQUINAS, avante toda!,¡¡el barco está por fin ADRIZADO !!…….
Con Polo pouco se pode facer. Un rapaz que non foi dando mais que tumbos de concello en concello ata recalar en Fene, e con menos apopio que Ivan queria dirixir o goberno que o pobo non lle deu. Nas próximas eleccions van seguir perdendo votos e a coherencia do PSOE de Fene ha ter un refrendo nunha clara maioria que lle permitar gobernar. Non esquezades que Polo é da UPG, partido comunista e cunha vision estalinista da politica.
…Como entraba tanta agua, el navío se escoraba a estribor.Vale.De todas formas, es preciso saber si el marino está situado en la popa o en la proa, porque también bien puede la nave escorarse a babor…¿o no?…Dependede la ubicación del que otea los mares…
Me gusta el símil marinero: es ingenioso y original.