Logo de Baltar, Baltar…

Pedíanos Aida Pena este venres na SER aos participantes na tertulia de La Ventana de Galicia que nos mollásemos sobre quen críamos que gañaría o congreso provincial do PP de Ourense. Martiño Noriega, Alcalde de Teo e máis eu tiñamos claro que gañaría Baltar junior. Acertamos.
A quiniela non era difícil, pois a loita era desigual. Era evidente que os métodos de Baltar (con eso esta todo dito) darían de novo os seus froitos. Métodos, por certo, que foron os mesmos que lle valeron a Fraga, a Feijoo, a Rajoy ou a Rueda cando precisaron gañar eleccións ou procesos internos, pese a que agora finxan hipócritamente descualificalos ou afastarse deles para defender ao outro candidato.
As prácticas do Baltarismo (enchufe de familias enteiras, venda de favores…) parécenme deplorables, pero dubido seriamente se é peor para Galicia o caciquismo baltariano do país ou o facherío madrileño feijoiano. Creo que me parece menos malo o primeiro, aínda que o desexable fose unha corrente "normal" dentro do PPdeG, corrente que de momento semella imposible.
3 comentarios
Deixa unha resposta


Estimado Iván: Eu considérome bastante “normal”.
Un saúdo dende o Deza
Non o dubido, estimado Rafael. É máis, coñezo moita xente “normal” no PP, pero o problema, e a iso me refería ao dicir que de momento semella imposible unha corrente “normal” no PP, hai que consolidar a alternativa para que sexa tal. Ánimo!
Saúdos dende Ferrolterra.
“ainda que o desexable fose unha corrente “normal” dentro do PPdeG”
E evidente que se non é unha corrente normal e unha corrente anormal e polo tanto o PPdeG son anormales mais claro auga.